16 de junho de 2007

E agora.. TRABALLAR

Habemus nova corporacion. Dende hoxe, o pobo de Ogrobe vai ter unha nova corporacion municipal que, en principio, vai rexir os destinos deste concello durante os vindeiros catro anos. Moitas son as espranzas depositadas nesta nova corporacion que hoxe bota a andar. E non nos estamos a referir solamente a unha nova maneira de facer politica, mais cerca dos cidadans e mais alonxada dos grupos de presion, sobre todo cercanos o ladrillo, senon que estamos falando de cousas materiais que a xente vexa e perciba, porque desengañemonos, mentras non sexamos capaces de crear unha cultura diferente na sociedade, a xente seguirá vendo Gran Hermano, Salsa Rosa e A tu lado. Da mesma maneira, os veciños de Ogrobe so verán cambio cando vexan algo palpable: A piscina, o auditorio, o Centro de Saude, a rede wifi, etc. etc. A verdade e que calquera cousa que se faga (e hai moitas por facer) creemos que será moi ben recibido por unha poboación farta de pagar impostos (algo que se falou moi pouco ou nada durante a campaña, a pesar de ser un dos concellos que mais paga por habitante) e de non recibir nada a cambio.
Este novo goberno, ten por diante grandes retos: O eternamente inacabado vial interior de San Vicente, verdadeira obra de inxenieria de como non se debe facer unha obra (por morbo, pregariavos que contarades as curvas que hai agora). os problemas que veñen soportando os veciños da rúa do Conde co vial a Virxe das Mareas, a marxinacion dos veciños desta mesma barriada, as obras municipais que fai sempre a mesma empresa, as compras de material informático que leva sempre a mesma empresa (ainda que sexa mais cara) en perxuicio das outras, os contratos de ultima hora, o persoal que cobra do concello pero non se sabe si esta no concello e si o está non se sabe para quen traballa, a situación do mejicano, a do emulador de Pedro Jeta, etc. etc. Meus Deus a que vos espera.

Os vindeiros dias van ser moi interesantes. Creemos que imos ter choio abondo para informarvos de como está a situacion por dentro. Que e o quen que se atopan os novos concelleiros. Entramentras, estou segura de que os MMM de sempre van intentar mandar o tiro por outra banda. Van falarvos dos liberados, que si son moitos e si van a arruinar o concello .Eu, persoalmente seria partidaria de que todos os concellais con responsabilidades de goberno tuveran un sueldo decente, entre outras couas para poder esixirlle que a sua concellalía funcionara. Sou conscente de que mentras hai que comer todos os dias, precisaremos un xornal, e que o que traballa hai que pagarlle. E nun concello como o de Ogrobe, destinar o 1% dos seus orzamentos para pagar os concelleiros, e, perdonademe a expresion, pecata minuta. Grande erro cometen se so liberan a tres concelleiros. Como van os demais concelleiros con Delegacions a atender as suas: Mal e a rastro. E Ogrobe precisa atención e que se volquen en conseguir cousas: No centro de dia, para liberar as familias durante a xornada laboral, para xestionar os problemas de emerxencias e seguridade local, para xestionar as moitas eivas en cultura, etc.etc.
Sei que o que estou a dicer vai levantar controversia entre moitas lectoras e lectores do blog. Sei que vai haber para todo e os mais van darme "badana" de lo lindo. Pero intento ser consecuente co que digo e o tempo creo que , mais cedo que tarde , haberá darme a razón. Nada se lle pode esixir a un concelleiro que ten que traballar na sua empresa e aparte adicarse o concello. Eu persoalmente quixera que durante os catro anos que vai estar no concello, si ten algunha delegacion, que se adique a ela en corpo e alma e que presente resultados da mesma a cidadania.
Creo recordar que era na corporacion saidas do ano 1991 cando Manuel Benavides, electo concellal do AVI e membro da equipa de goberno decia : "AVI comprometese a non percibir ningun sueldo do Concello". Do outro, non falou nada. Para os bos entendedores, sobran as palabras (e as letras).
Nos proximos dias falaremos tamen do futuro de Cachuli, que eso si que vai ser guapo.

35 Comentários:

Às 6:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Moi mal o teñen que facer estes novos para non mellorar con creces os últimos 4 anos de "goberno populista".
Eu coido que con algo de interese (que hai) e imaxinación (que agardo hai tamén) Ogrobe avanzará moito.
Os do cuatripartito pídolles como cidadán:
O PSOE, que a prepotencia a deixen de lado, que sexan bos para os débiles e fortes cos poderosos. E que non se deixen influir os seus concelleiros pola xente que teñen arredor, algunhas persoas xa queimadas na política local e con intereses perversos.
O BNG que traballen como e na dirección que saben, dandoo todo sin pensar que poida ser mellor ou pior para o PSOE, posto que este é un goberno de PROGRESO non un goberno SOE, si de alguén me fío en este goberno é dos tres concelleiros do BNG.
O PG, simplemente facer que a laboura encomendada sexa transparente como a auga, persoalmente coñezo a Fredi e sei que é persoa fiable, non podo decir o mesmo do xefe chesquiano. Levan áreas moi importantes e que poden ser moi ben vistas polos cidadáns, son, en relación ó seu peso político, os que mellor parte levan... logo compromiso, seriedade e sobre todo TRANSPARENCIA.
A EU, tan só que potencie a súa concellalía, e que desde as súas responsabilidades que non cree cizaña nos demais, que siga sabendo o lugar que ocupa e a partir de ahí gañas e traballo.

Crear ilusión na cidadanía é traballo de todos os grupos, tan só espero que sepan transmitir o traballo efectivo todos e cada un dos concelleiros para que nos próximos 4 anos voltemos a estar orgullosos do noso pobo e dos nosos mandatarios.
Saúde

 
Às 8:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Parese mentira que sendo do BNG digas este tipo de cousas, cando fai catro anos, nos plenos, cansástedevos de dicir que os concelleiros non tiñan por que estar liberados. Acaso estás insinuando que si os do PP non fixeron o traballo como che gustaría foi porque vos non queriades liberalos para que no puideran traballar pola súa vila? Acaso estás recoñecendo que eles podían atenderáos seus traballos e, ao mesmo tempo, podían levar as concellerías. As leis teñen que ser iguais para todos. Se os do PP non cobraron nada tampouco tiñan que cobrar os que acaban de entrar, que traballen en iguldad de condicións e por amor á súa vila. Se tes algunha dúbida podes consultar o que dixo o dirixente do BNG no pleno fai catro anos.

 
Às 12:14 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Estimado sepo, tes razón, Fredi é de fiar, tan de fiar que á toda a xente que lle pideu o voto prometeulle que, de darse o caso, o seu concelleiro iría para a dereita. É dicir, mantivo a súa palabra en contra dos seus propios intereses tales como a concellería liberada, un suedo tódolos meses... un auténtico home de palabra. Haberá que preguntar a tódolos incautos que votaron por el que é o que pensan. Non si?

 
Às 7:05 da manhã , Blogger Escévola disse...

Bueno traballo teñen así que eu só espero que non defrauden a confianza que puxemos moitos nun goberno de progeso e nacionalista. Sobre o tema do soldo, creo que coa carga de traballo que soporta os concelleiros dun pobo de 11000 hab. teñen que chegar os liberados que hai. Tamén me gustaría recordar que que os políticos cobren é en esencia unha reclamación da esquerda historicamene pois reclamaban o soldo para que as clases populares tamén se puidesen adicar á política e non só os privilexiados e grandes burgueses. De todas maneiras tamén hai que pensar que as finanzas do concello non están resentidas precisamente por iso senón por anos de manifesta neglixencia, o non cobro das multas urbanísticas, etc... .

 
Às 12:26 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

sepo, pides que EU non cree cizaña pero ti xa empezas con ela, sempre co mesmo conto, xa aburrides

 
Às 12:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Concordo ca autora do artigo e penso igualmente que non pasarán moitos anos en que os concellos do nivel do noso teñan liberados a todos os concelleiros con Delegación. Fai ben de anos que concellos máis importantes xa os teñen. Claro que non se pode reclamar un sueldo de 700.000 Ptas como cobraban fai anos en A Coruña, pero si un xornal decente como pode ganar calquera obreiro medio en Ogrobe.
Que esto iba a dar xogo e vai haber debates de todo tipo non o poñía en duda nin a autora, pero eu lembrome perfectamente o Cristo que se montou a primeira vez que selle puxo sueldo a un alcalde en Ogrobe -mirade as hemerotecas, que non fai tantos años e sabredes do que falo - e agora naide se cuestiona eso.
Por outro lado, que alguen veña dicindo que o PP non se lle permitiron esas liberacións, coido que ten unha resposta sinxela, que quen o plantexou se se parara a pensar un pouco, non a faría nunca. En primero lugar, porque debemos de recordar con toda a presuncion que se queira, que estamos falando dun governo que, polo menos, está (eu mais ben diria estuvo sempre) baixo sospeita (Fiscalia, brigada de delictos urbanisticos, etc.) que esas investigacións non son precisamente porque se usara o axuntamento para rezar o rosario, que estamos a falar de xente que non foi quen de ORDENARLLE OS FUNCIONARIOS QUE TRAMITARAN OS EXPEDIENTES SANCIONADORES, que algunha membro desa Corporación cobraba un bo sueldo da Deputación Provincial (que tamen pagamos todos)... e por mil razons mais, que, baixo o meu punto de vista, non so non os farían acreedores xa de non de cobrar nada senon de ter que pagar por aturalos. A modo de coletilla eu sinificaría que o ex-alcalde de Sanxenxo Telmo Martin so cobraba por media xornada a menudencia de 8 millons de Ptas/ano para, desta maneira, poder adicarse tamen as suas empresas. Unha curiosa maneira que ten a dereita de entender a dedicacion a un concello

 
Às 4:50 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Carlos Lema,
Fai catro anos, no pleno dos orzamentos, os membros dos partidos que hoxe están no goberno repetiron unha e outra vez que os concelleiros non iñan que estar liberados senon taballar por amor á súa vila.
Non intentes darlle a volta á tortilla porque tan solo hai que acudir ás hemerotecas ou ás actas de plenos para poder comprobalo.
en canto ás túas acusacións sobre que cobraron por outras vías está por demostrar. Acaso ti cres que Fredi Bea está ahí por amor á arte?
Non é xusto que os concelleiros que estiveron ata agora non cobrararan e os actuais si. Que traballen en igualdade de condicións e por amor ao seu pobo.
así que non veñas agora con desculpas sen fundamento. Ou todos ou ningún

 
Às 5:51 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O PSOE vai cobrar por estar liberado (O igual que ex-Miguel), O BNG vai cobrar por estar liberado (miradeo no documento que firmaron o venrres, a min case que me da a risa), o PG Vai cobrar por estar liberado, e EU vai cobrar para que lle contraten a un dos seus (que sutiles los chicos).
E sabedes que vos digo?? Que me parece ben, pois non se pode levar unha "empresa" como O Grove despois de rematar a súa xornada laboral. Pero que non nos mintan.
Deste xeito so o PG (Fredi) parecenme os mais serios e coherentes.
AH! e certo que estes que ahora queren cobrar polo seu traballo, e repito TRABALLO, antes o PP lle negaron a auga e a sal. ¡mANIPULADORES É Hipócritas!!

 
Às 10:18 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Anonimo das 4:50.
Cando dixen o que dixen, estaba expresando o que a min me parecia máis correcto. Non son eu quen para darlle volta a ningunha tortilla dado que nunca defendin o contrario nin o de agora xa que nunca estiven en situación de ter que decidir eso. Por outra banda, en algun momento e asi o digo na miña entrada pudonos parecer raro e criticable que cobraran os alcaldes, cando agora mismo e o mais normal do mundo. Particularmente, e para tua informacion direiche que si eu fora concellal que non o sou, renunciaria a calquera tipo de sueldo por exercer o cargo, pero eso o faría por unha cuestión filosófica miña, que, por outra banda non me impide recoñecer que poida haber xente que cobre por desempeñar o seu traballo, máxime si para eso ten que renunciar a el.
De todolos xeitos, manteñome no dito. Visto o visto eu a xente como a que tuvemos gobernando estos ultimos 8 anos, non lle daría nin auga. Perde coidado que polos signos externos que alguns se lle ve, non iban a morrer secos. Xa me entendes.

 
Às 9:43 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Toca traballar, sí, e duro, porque durante oito anos queixámonos de todas as carencias, das deficiencias acumuladas neste Concello. E non serven as disculpas, non vale decir que a situación de Tesourería é de números vermellos, que non hai para pagar un quilo de puntas...

Sobre as liberacións das que fala o acordo asinado, e que parece ser un dos principais problemas, decirvos que o Concello do Grove, entre uns e outras, debe andar polos douscentos traballadores, pero:

1. Non son os partidos asinantes do acordo os que van cobrar. Van cobrar algunhas persoas concretas deses partidos; non sendo o caso de EU.
2. Vai cobrar un salario José Antonio Cacabelos, porque como alcalde ten que asumir o seu novo traballo a tempo enteiro, algo que resulta evidente e incuestionable.
3. O caso do concelleiro Alfredo Bea é fruto das negociacións, asume tres concellerías e pideu liberarse para poder atendelas, cun salario líquido de 1.200 euros, que tampouco parece a ruína do Concello.
4. O BNG (con catro concellerías) non vai cobrar nada, en todo caso (se o aproba o consello local) quen vai cobrar é un dos tres concelleiros (non serei eu) para deixar o seu emprego actual e dedicarse a tempo completo á política. Eu escollería outra forma de facer as cousas, máis ao xeito de EU. Pero son cuestións opinables, e votables.
5. O caso de Esquerda Unida é diferente (con dúas concellerías), non pediron unha liberación, pediron dotación económica para o seu grupo, coa que poder contratar a unha persoa que atenda os traballos administrativos do seu labor municipal.
Son catro forzas, catro sensibilidades, catro maneiras de entender a política e os recursos.
E aínda que pareza contraditorio co anterior, se me piden opinión diría que o razonable, o equilibrado e sensato é pagarlle o xusto a quen traballa, que quen realiza un traballo teña a cambio un salario, o que marque a lei.
En canto aos que se queixan de que agora se cobre e antes llo negaran ao PP, só lles diría se cren que o PP, se puidera votar lles permitiría ao alcalde e aos concelleiros ou grupos políticos que cobrasen polo traballo que fan? Xa veredes como votan non, ou abstención, cando sexa sometido a pleno ese acordo. É un problema de maiorías, o PP non a tiña, e tivo que gobernar en precario; os que agora gobernan teñen votos dabondo para tomar decisións en pleno. Así é a democracia. En calquera caso vou pedir sempre respeto para as minorías, sexan do PP ou da Alternativa Meca, porque dende unha posición de poder, de forza, é cando máis sensibilidade compre ter cos que quedan fóra de xogo.

P.S. Por certo, como saben os amigos que me chaman, non teño buzón de voz no meu teléfono portátil, polo que non pode estar nin en español, nin en ningún outro idioma; e como tamén saben os que me escriben, dende hai varios meses o meu posto de traballo mudou para outra empresa editora.

 
Às 1:45 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sobre a novo goberno déixenme dicir: .- Teño dúbidas sobre a súa capacidade. .- Teño dúbidas sobre se se van a deixar gobernar polos inamovibles e inmovilistas funcioanrios municipais. .- Teño dúbidas sobre se van a facer un goberno novo. .- Teño dúbidas sobre si o despacho do Alcalde non vai a seguir a ser un consultorio ( é dicir, unha miserable perda de tempo )

 
Às 3:59 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

NOn entendo moi ben de que falades: son de sanxenxo, e aqui, os de dedicación exclusiva cobran máis de 35.000€ o ano (algúns chegan os 40 e algo), e os que están a sin dedicación exclusiva cobran moito máis dos 1.200 € dos que antes falabades.

 
Às 4:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Amigo de Sanxenxo, O Grove está moi perto físicamente, pero nada te que ver co que sinalas. Hai moita xente no Grove que pensa que todos os concelleiros e concelleiras cobran, e non é así.

 
Às 4:13 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O das 1:45PM. ¿Non són moitas dúbedas?. ¿E se preguntaras?. ¿Non che parecen poucas 48 horas desde a investidura para emitir un xuizo?. ¿Y este xuizo non sería mais xusto si ficaras mais preto?.
Canto mais nos impliquemos, mais será Ogrobe do noso gusto.
Non o dubides.

 
Às 5:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ao compañeiro das dúbidas, está ben ser folisófico, pero dálle polo menos os cen días de cortesía, e mellor aínda se queres que algo mude, axuda a cambiar as cousas, non dubides deles, pensa no que tí podes facer para que eses nove non se vexan sós contra o mundo...

 
Às 6:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

que apostamos a que non son quen de cambiar nada, nin nos cen días nin nos 1200 días do mandato? qué apostamos a que os van a esprimir e zugar o clan funcionarial que están a esperalos como cazadores avezados e vannos a aplastar como que aplasta un mosquito molesto?

 
Às 7:54 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Anton MAscato fai un desglose pormenorizado de como quedan as cousas. pero di unha media mentira, enteira ou parcial (non sei como definila), ou quizais, que tamén pode ser, non está ben informado. O bnG tamén ten unha dedicación exclusiva. Non sei para que queredes agochar este dato (me ensinaron o documento final e está asinado). Acaso si algún de vos cobra por facer un traballo limpo ¿estades roubando?, eu creo que non. Non vos entendo. Da a impresión de que estades a ocultar algo. Eso non é transparencia e outra cousa. E non me digas que prefires a solución de EU, eles son mais sivilinos, pero cobran igual. E repito que me parece ben sempre e cando se xustifique con xestión e traballo.
Si un concelleiro que cobra 2.000€ mensuais, e resulta que conquire para nosos Concello inversións, ou é capaz de por a andar esa pandilla de camandulas que temos no nosos Concello... Créo que non é moi dificil saber que si pagamos 2.000 e recibimos a cambio 30.000 ¡eu aposto por pagar 2.000! e coa cabeza ben alta.
Abur

 
Às 8:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

POr certo, menudo fallo o de dar a Concellalía de persoal a EU.
Temos un problema chamado "funcionaritis aguda", e creo que por a EU para controlar todos os seu dereitos (que os teñen, e moitos mais que calquer outro currillo), vai en frontal oposición a facelos traballar (que non todos tamen e certo). As vacas sagradas do noso Concello están moi acomodadas (tamén ahi que darlle as gracias a Xan Caneda que fai moi ben o seu traballo, eu cando teña problemas co meu xefe pedireille asesoramento), e teñen tantos dereitos que non hai dios que lle meta a man.
Haber como facedes a alimpa que se necesita.
Abur

 
Às 8:50 da tarde , Blogger Escévola disse...

anónimo das 7:54: hai que ler os comentarios dos demais antes de criticalos; Antón Mascato non dixo que o grupo municipal do BNG non contase cunha adicación exclusiva, o que dixo foi que unha persoa do grupo vai ter adicación exclusiva pero que ese soldo é para esa persoa non para o BNG. Tamén hai que dicir que moitas críticas se len xa cando o goberno ainda non empezou a funcionar, creo eu que sera máis xusto agardar aos 100 días de cortesía pois non se pode pór a venda antes de ter a ferida. Sobre o cobrar digo o que xa dixen outras veces que fora de que me pareza peor ou mellor tampouco vai ser causa da ruina do concello nin nada parecido. Creo que se tenta darlle tanta importancia aos soldos para restarlle credibilidade a un goberno que ainda non comezou a traballar. Cando teñan erros e equivocacións haberá que criticalos pero primeiro teremos que agardar a que erren, o contrario é vivir nunha ficción.

 
Às 9:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Non sabia que escevola fose un defensor do BNG tan acerrimo (xa eres imparcial, xa).
Anton esplicase moi ben, pero nese punto non tanto. E nomn retiro nada do dito.
POis o mesmo che digo. Leete antes os post. Non estou criticando nada, evidencio un feito, pero tranquilo que o cuatripartito vai seguir a pesares do meu comentario, e por suposto non se trata de dar estopa a diestro e siniestro. Eso é a túa mente que non acepta criticas as tuas ideas (o sinto).
E por último, eu critico e comento o que me da a gaña como fas ti, so que sin insultar e por a parir a xente sin argumentos e sin datos obxetivos comos fas aquí e no teu espasio. Filósofo.
Abur

 
Às 9:19 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

E ahora que estou leendo outros comentarios sobre cobrar soldos, so decir unha cousa ¡o lume o encendéchedes vos cos vosos comentarios puros e castos sobre a honrradez! EU NON COBRO POR QUE VOU LOITAR POLO POBO!! JAjajaja.
Fredi é un vendido por cobrar pero o BNG, PSOE e EU(os mais pillos) non. Dame a risa
ABur

 
Às 9:20 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Qué lle parecería aos escribidores de por aquí que nunha empresa cobrasen os obreros e o capataz non? Qué lle parecería aos opinantes de por aquí se tiveran que porse a traballar para o Concello e de balde? Qué lle parecería aos politólogos deste blog que haixa uns douscentos, ou cen, da igual, empregados no Concello e que esteamos a falar dun modesto salario para quen os dirixe? Gustaríalle saber aos enterados deste blog cál é o salario do Secretario, e que sobrepasa os 3.000 € mensuais? E saben canto gana o Aparellador? E a Técnico? E a recaudadora que non recauda? E o sr. Interventor municipal? Pois convén empezar a averigüalo. E se eu fora concelleiro pediría o mesmo soldo que o empregado que máis cobra. Máis que nada para que ninguén me levante a voz ou para que alguén teña dereito a esixirme. Ala, ala: discu¡tide o conto nese mundo de ilusións no que andades.

 
Às 1:54 da manhã , Blogger Escévola disse...

A verdade é que non sei se leste o meu comentario ou outro porque do que interpretas que digo ao que dixen paréceme a min que hai un abismo. Non sei de onde se desprende que non acepto críticas cando no meu blog criticame quen quere e cando quere e tampouco sei onde se supón que poño eu a parir á xente sen dar argumentos nen feitos obxectivos. Por último non vou ser eu o que che diga o que tes criticar ou non, nin o vou facer nin son quen para facelo, eu único que fixen foi corrixir o teu comentario anterior onde confundias a un concelleiro coa totalidade do grupo porque non é o mesmo que cobre un concelleiro do BNG que que cobre o BNG.

 
Às 9:20 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Con total sinceridade: nin media mentira, nin enteira nin parcial, nin é que non me entere. Lembra que eu tamén estiven nese pacto. O que eu dixen está escrito aí arriba, outra cousa é como interpreta cada quen o que eu dixen. E por se a alguén non lle quedou claro, quixen remarcar que son catro forzas distintas, con cadansúa sensibilidade e xeito de facer as cousas, que non se pode decir que todos os partidos cobran, que cobran algúns liberados deses partidos, non sendo no caso de EU que as retribucións non son para a figura do seu concelleiro. Fai falta explicalo doutro xeito?
Que non che diga que prefiro unha fórmula do tipo de Esquerda Unida? Pois mira qué lle queres eu son así e repítocho outra vez.
E dígoche máis: vai haber concelleiros que, facendo o seu traballo, van cobrar un salario do concello (o que me parece xusto) e concelleiros e concelleiras que, facendo o seu traballo, non van cobrar un salario do concello, estes compañeiros e compañeiras teñen, para min, un mérito especial. Cabeza ben alta todos e todas, mentres fagan ben o seu traballo, conste; pero mérito, eu creo que máis os que non reciben salario polo que fan. Xa sei que agora saltará alguén con eso de concelleiros de primeira (os de dedicación exclusiva) e de segunda (os que seguimos no noso posto de traballo)... pero non me parece que sexa a cuestión da que falamos.
Intentaba desmontar esa idea perversa de que todos os políticos imos ao Concello a forrarnos, a chupar, que todos cobramos unha fortuna ao estilo de Sanxenxo, se é tal e como dí o anónimo veciño que entrou aquí.
Se non o entendes agora, síntoo, pensarei que son eu quen non sabe explicarcho.

Escévola, grazas; sobre todo sabendo que nestes foros disparan contra o pianista.

 
Às 12:58 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Punto 4 do comentario de Antón Mascato, copiado literalmente:
" O BNG (con catro concellerías) no vai cobrar nada, en todo caso (se o aproba o consello local) quen vai cobrar é un dos tres concelleiros (non serei eu)....".
Creo que o dito é suficientemente claro e non merece máis discusión.
Eu son dos que afirman que os soldos dos Concelleiros van saír de balde ás arcas do Concello, se se poñen a recadar o que non fixo Miguel Ángel Pérez, entre non sancións por infraccións de obras, entre prescripcións de recibos, etc, etc... independientemente daquelas outras xestións políticas que traeran cousas boas para O Grove, incluídas as da débeda histórica do PP, pero o que é máis importante creo que se verá unha boa xestión e planificación das cousas, e mesmamente que os donos dos cans, sí eses que lixan as rúas do Grove (non son os cans son os seus amos), cumprirán coas súas obrigas como cidadáns e deixaran de emporcallar as rúas e en paz aos seus veciños. Creo firmemente que vai pagar e pagou a pena o troco dunha política ineficaz e de xestión nula.

 
Às 3:08 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

EScevola xa aburres coas tuas matizacións e requetematizacións e querer quedar ben e .....

 
Às 6:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Menos mal que algúns comezan agora a por en dúbida a cizaña dalgún grupúsculo político, outros xa o veñen facendo e exercendo con verdadeira xenreira toda a vida.

 
Às 7:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Falando doutra cousa, como é posible que o Mendaz poida afirmar, como afirma (ignorancia cuantos crímenes se cometen en tu nombre) que a pequena planeadora de poliéster é unha dorna (véxase Fora de Vigo do 17 deste mes, páx. 16). Hai que mandar ao rapaz-mendaz a facer un curso acelerado para que poida facen distingo entre as diferentes embarcacións da Ría de Arousa. Por certo os da Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial, deberían pedir ás máis altas instansias do Fora de Vijo que tivern un pouco máis de respecto co noso patrimonio, xa que o suxeito activo non o ten.

 
Às 6:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Escévola é unha persoa intelixentísima, que nos ilustra coas súas opinións razonadas; por favor, non deixes de escribir neste e nos outros blogs, sobre todo en cartas desde delfos, grazas. Ao aburrido, non tes obriga de ler, meu.

 
Às 4:09 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Pois si, veremos como o fan. Para empezar vexamos se alguen se ocupa de que a nosa "guardería" funcione como tal e non como lles da a gana que as nais e pais que traballan non lles saca dun apuro.
E lo veremos que pasa con esa xente que fai de todo e non deixa que ninguen mais participe nas actividades (carnavales, festa do marisco, dia das letras galegas, etc.) e quen lle paga o local de actividades agora (onde se veu que unha ANPA teña semellante local seica a cambio das actividades de Contempo?)
E tamen veremos se se ocupan de arreglar os parques para os nosos nenos que a maior parte das veces temos que ir a o parque de A Toxa porque ese alomenos esta coidadao e non cheo de pedras (sabedes quen tuvo a boa idea de encher de pedriñas brancas o do Corgo!!!!!!); e veremos se temos mais zonas verdes e se fan actividades nos colexios coma noutros concellos, amen do famoso centro de saúde (anos van), a piscina???? e vivendas de protección (cousa que no Grove sona a cousa rara).
Bicos e moita sorte.

 
Às 8:02 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

pois sejuramente llo pajan con mais rason porque ajora teñen familiares dentro. jajaj

 
Às 9:57 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

e igual hasta segue de monitora este ano a "educanta"?. Pois si que empesamos ven e iso k os de esa asocisiasionnnnn ian dimitir pero klaro coma ninguen kere o seu fregado seguen uns meses mais o como fan falta sete para ir seguiran un aniño mais (k no fondo e o k kerian) para lo non cambiar nada e deixar a Valle Inclán sen APA (k non sen ANPA). Son moi boiños uns santos necesarios para todo (ou iso kreen eles). Total k o saibades hai APAS funcionando con 3 membros e non pasa nada pero aki siiiiiii.
Bicos.

 
Às 4:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Que guay e modelno queda eso da gheada e do konto en boca dunha presunta nai. Se realmente fora una nai dun alumno de Valle Inclan, e estivera tan preocupada por todo canto acontece, ou ben presentaria unha alernativa a ANPA (si ANPA e non APA) e xunto con outros compañeiros (por suposto mais de tres e catro) presentaria unha alternativa a situacion actual. A xente poderalle gustar ou non a xestion da ANPA actaul, pero é a que hai e algo fixemos. E moi bonito e moi "made in Grove" poñerlle chatas a todo, pero por, favor, molladevos e colaborade e deixadevos de sacarnos a piel as/os que agora mesmo estamos a dar o callo (con todos os erros que queirades).

 
Às 5:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

pero q pasou en Valle INclan??

 
Às 2:15 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Agora que a ANPA vai ter un irmán/cuñado vindeiro concelleiro de cultura da vila xa van cambiando as opinións. ¿A que si?

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial