21 de junho de 2007

O ventilador

Anda cabreado o noso Cachuli local e amenaza con poñer en marcha o ventilador. O escoitalo hoxe en Radio Arousa pareceume unha despechada, ou un energumeno, ou as duas cousas. Ä informacion adiantada por este blog fai xa unha semana da contratacion do seu sobriño e chofer, asi como dun familiar da emparellada, unese agora a noticia publicada no dia de hoxe pola Voz de Galicia da contratacion o dia antes de deixar o "trono" do irman do Tecnico Municipal de Urbanismo (o Aparellador para entendernos). A todo esto, a resposta de cachuli, todo cheo de rabexa e indignacion e que vai por en marcha o ventilador e aqui vaise salpicar todo mundo. QUE O POÑA, QUE O POÑA. En ningun momento negou que fora verdade o que se di nas införmacions deste blog e da Voz de Galicia, esta cabreado porque vese que se lle esta a descubrir a enganisada que deixou montada no concello.
Alguen que e capaz de facer estas cousas, da que pensar do que pudo ou podria haber feito a outros niveis. Hoxe comentabame unha amiga na fabrica que nunha rua de Ogrobe que se lle estan cambiando as aceras, estaba a poñerselle os bordillos de cemento e agora colocanse de pedra traballada. De ser certo o que di a miña informante, haberia que revisar si as obras que se estiveron a facer ultimamente neste concello responden o prego de condicions tecnicas co que foi aprobado e presupostado. Non vaia a pasar como cando se fixo a reforma do concello, que se presupostou cunha cupula de cobre e logo puxoselle tella curva.
Moito tera que empezar a mirar o novo goberno se non queren que lle crezcan os ananos debaixo dos pes. Non se trata de facer cazas de bruxas, pero unha elemental norma democratica pasa por facer cumplir a lei e, como comentaba unha colega noutro blog, situacions como a deste persoal de ultima fornada, o unico que intentan e perpetuar un sistema que, no momento de sair a praza eles xa estan dentro e so por puntos, cando non por favores persoais, levanna sempre eles, como a do Interventor Accidental, autentico Fred Astaire de bailarlle a auga a todos cantos pasaron polo concello. Por coherencia, esperemos que o baile lle remate xa.

20 Comentários:

Às 5:49 da manhã , Blogger Escévola disse...

A verdade é que no que atinxe aos funcionarios esa é a norma nos concellos. Primeiro xa os contrato temporalmente mediante un concurso onde as puntuacións xa están postas en funcións dos que busco que acaden o traballo. Despois mediante concurso xa lles adxudico a praza xa que só cos puntos por ter traballado e coa valoración "apropiada" dos méritos a praza xa ten dono desde que se convoca. Isto non pasa só en Mecolandia senón que é unha auténtica plaga polo que se non eres colega do político de turno e mellor que xa nin te presentes.
Respecto ao demais o cachuli está facendo o que fan sempre aqueles que consideran que os recursos do concello son seus,despilfarrar e apurar ao máximo para que os que veñan despois as pasen chungas. E digo aqueles que pensan que os recursos son dos políticos gobernantes porque en realidade a quen perxudican toda esta serie de maniobras é sempre aos mesmos, aos veciños e veciñas que ven como se dilapidan os seus cartos para pagar favores de última hora ou para fastidiar aos seguintes.

 
Às 9:26 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Concordo co teu comentario escévola, sobre todo na ultima parte. No seu momento traballei nunha administración que o máximo responsable do organismo mantiña a seguinte teoría: "Vou facer unhas cantas obras e o final non vou deixar un peso na caixa. Cando veñan outros non van poder facer nada porque non hai cartos e a xente acabará reclamando a miña volta". Acojonarse, pero funcionoulle. Por desgraza, a xente so quere ver cousas, non importandolle nin o que valgan nin como se administren os seus cartos, nin si rouba pouco ou moito. De ahi os resultados electorais dos Durans, Touris, Telmo Martin, e en menor medida Cachuli.

 
Às 12:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Dame a risa co que pasa: Cachuli coloca xentiña da familia do entramado corrupto; non neja as denunsias pero di que tamén hai fillos dos do Bloque e Esquerda Unida, non dí quen, claro, porque non hai tal... O novo alcalde, que nin as cheira, dí que nada de caza de bruxas, éche mellor invitalas a tomar copas no Katorse, Kaka, e lijar con elas. Aquí ninguén se apunta a depurar responsabilidades? Xoan Lamelas, Carlos Besada, Antón Mascato e Vitoria Canoura, mirade ben qué fasedes, porque a esquerda xa se ve que sondes vós os catro... Os outros están pa arrejarlle o das lisensias dos barcos ao tío de Olleros, outra vaca no piorno. Vamos continuar coa mirma pandilla de bruxos e bruxas (movendo cartos, favores, prevaricacións....).
E que me disides de Méndes, non pilla ningunha, e vai o tipo e fáille a entrevista da súa vida ao Cachuli, no que colle ao Bloque como bestia nejra da súa derrota, e outra ves os da Voz dando o nivelaso, publicando a chanchullada, e entrevistando a Cachuli, que só ten juevos para amenazar con que vai sulfatar... Que o faja dun carallo dunha ves, que así sabemos que xa é consiente de que pasou á oposisión... jodido que anda o probe.

 
Às 12:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Moi ben outra vez polos da Voz, vese que hai moito traballo detrás de toda esa información, e qué decir do Falo do Amigo que non estea dito... Outra vez entrevistando a Cachuli, con moita foto e a boca podre máis podrida aínda. Méndez, faite un favor, pide o cambio para Rianxo ou a Pobra, ou é que por aquela parte xa te conocen e nin en pintura te queren ver. Váite embora, e leva contigo a gomina.

 
Às 2:32 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

LA VOZ DE GALICIA |B. Costa |

El que fuera alcalde de O Grove hasta el sábado realizó ayer sus primeras declaraciones públicas como líder de la oposición y lo hizo para poner de manifiesto que está «muy tranquilo» respecto a la investigación que el cuatripartito va a realizar en relación con las últimas contrataciones de personal en el Concello.

Días antes de dejar la alcaldía, el popular firmaba la contratación de uno de sus sobrinos políticos, del hermano del aparejador municipal y del hijo de una funcionaria relacionada con el aparejador.

Pérez García dijo ayer que estas contrataciones son totalmente legales y lanzó un aviso a navegantes. «Al lado del cajón de donde sacaron estos expedientes hay otros. Yo les invito a que saquen todo porque si van a hacer política revisionista puede salpicar a todo el mundo», indicó.

«A ver si aparece otro expediente con un informe de parte de un sindicato que se hizo estos días -siendo ya alcalde José Antonio Cacabelos- por el que se da una plaza casi a dedo en propiedad, y no temporal como las otras. Y justo al lado de esos expedientes hay otros donde figuran contrataciones a destacados miembros de Esquerda Unida, algunos de los cuales iban en la lista electoral. Y al lado de ese cajón debe haber también expedientes de contratación de hijos de destacadísimos miembros del BNG que se arrastraban como todo el mundo a pedir», añadió el dirigente conservador.

Pérez explicó que los expedientes que han salido ahora a la luz se inscriben dentro de un paquete de más de 70 contrataciones que se hicieron a partir del mes de febrero con el fin de cubrir, paulatinamente, las necesidades de los servicios, que aumentan en la primavera-verano.

El dirigente popular se pregunta por qué entre estas 70 contrataciones no pueden figurar personas que, aunque tengan relación familiar con él, estima que están perfectamente capacitadas para desarrollar el puesto de trabajo que se les encomienda. ¿Por qué no puede trabajar en el Concello un sobrino o el hermano de un funcionario, aunque lo estén investigado? No sé por qué tiene que pagar este tipo de cuestiones una persona que cumple todos los requisitos para ser contratada», subrayó el ex regidor.

A su juicio, las dudas que se pretenden lanzar sobre estas contrataciones no son más que «una cortina de humo para tapar otras vergüenzas como el hecho de que nadie en el grupo de gobierno quiera ahora asumir Urbanismo cuando antes no dejaban de hablar de ello y, en cambio, crean una concejalía liberada para llevar Vivenda e Solo, algo que no se justifica porque no tiene contenido para tal cosa».

 
Às 2:42 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Sin comentarios. Outra campanada do BNG amplificada pola Voz de Galicia que busca o titular a toda costa. E como decían alguen noutra entrada ¿donde estuveron estes 8 anos? ¿como non nós descubiron estes escandalos? ¿esta é a única imaxe que damos fora do Bao para La Voz?
E todas da man do BNG, porque aínda non oín nada (Raeiros, enchufismos) que viñera do PSOE, EU ou PG, e máis estes non sabian nada e eso que forman parte do cuatripartito e firmaron unha soa acción de Goberno conxunta! Xa anda o BNG polo concello revolvendo caixóns e so 2 día dentro ¿son esas as prioridades?
¿Qué traballo fixeron nestes tres días? porque o PSOE, EU e PG xa vimos nos medios incluido La Voz que estuben traballando con reunións, planificación, poñendose ó día... pero ¿o BNG? ¿qué fixo? a supoño que reunirse para ver quen se quedaba coa liberación.
O que hai está aí e non lin nada no Faro do BNG esta semana, pero seguro que teremos a quen culpar!

 
Às 5:03 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Xa estou ata os c...llons.
¿pero qúe carallo lles pasa a estes?. Polo que aquí se escoita e polo que se vé na rúa e na prensa, hai aljúns que..., non me jodaes, non queren jobernar. Xa teño as miñas dúbidas da súa capacidade, o que nos contaban en campaña é que querían jobernar (xa tiñamos a alcaldía) pero só se adican a facer oposición. Así nos foi en moitos dos concellos que se gobernaba e agora eiquí espero errar, pero con estas ideas pasará o mesmo. Xa estou canso do "non" a todo. ¡Manda caralllo! Resulta que vamos ter catro anos sen oposición e rabeamos coma cans por non ter a alcaldía, e enfrascados nunha crise de identidade.
Veña home, sacádeslle as janas a calquera. Parese mentira que ata EU e PG con un só concelleiro xa nos saquen unha volta de avantaxe.

 
Às 9:04 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Totalmente dacordo coa entrada anterior!! con 4 palabras todo dito e moi ben dito e menos tecnocratas!!

 
Às 11:33 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Meus Deus, meus Deus. Preocupanos moito se gastamos 3 ou 4000 € en sacar o "manolito", pero si a plantilla do concello se incha "daquela maneira" con amigos e familiares, eso non importa. Manda carallo na Habana. A bon seguro que si non dixeran nada, iban a criticalos (e con razon por eso). Probe pobo o que non se rebela contra o despotismo e a corrupcion. ¿ou e que acaso non se pode estar denunciando eso e o mesmo tempo estar gobernando?. E que acaso somos tan subnormales que non podemos atar os zapatos e asubiar ???. Manda carallo na Habana outra vez.

 
Às 11:20 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

O que tedes e que ler todos os periodicos, non so o diario do PP con MMM ao frente. Eu vexo traballo no BNG, e traballo serio de preparación e de coñecemento da situación de moitas cousas, si vexo en outros medios que fagan reunións, e me consta que Carlos Besada está traballando a pesar de ainda non ter responsabilidades de goberno de maneira oficial. Desde oscorrillos do concello non se aprecia esa caza de bujas que algún quere mostrar. Ao mellor o que vos preocupa, é que o BNG non se adique a política de cartelillo ou de foto de prensa. Parece isto unha carreira a ver quen sae coa foto mais grande no periodico. Tampouco vos olvidedes do que lle estivo facendo o Faro de Vigo ao BNG desde os últimos dias da campaña electoral ata hoxe, e ainda vos preguntades como non sae o bloque nese de periodico sesacionalista, ou é que os concelleiros do bng van ter que abrir o seu armario para contentar a un manipulador mediatico?

 
Às 12:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Despois de ler a entrevista que lle fixo o Méndez ao exalcalde onte, a dúas páxinas (e faltoulle a toda cor), para min queda claro que: 1) moito medo lle ten o ex ao BNG (por algo será, eu ata onde coñezo aos membros do BNG, ningún e carnívoro, así que teralle medo a outras cousas); 2) denota unha febleza notoria tanto él coma o seu partido, agora na oposición, se as únicas teses que manexa e argumentos de defensa que ten son os insultos; 3) se tan convencido está de que non ten nada de qué preocuparse (iso di e repite ata a saciedade), ¿por qué non para de atacar -sen argumentos- para defenderse? ¿cara onde quere desviar a atención? ¿e de qué a quere desviar?
Igual o que realmente preocupa ao ex é o feito de que o BNG ten a mellor xente da actual corporación e de moitas das anteriores, por valía persoal, coñecementos e integridade. E iso vaise notar. Se non, ao tempo.

 
Às 12:36 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eu son lector de varios xornais e discrepo co tema do BNG no Faro, o anterior dis o "o que estubo facendo o Faro nos últimos días de campaña ata agora...", non sei pero dimo ti eu non vin nada distinto do BNG que os demais, se cadra que o daba como a 2º forza política e máis vin unha páxina onde comparan con Miguel Angel Perez, ¿acaso o BNG non tiña espectativas de ser a 2ª forza política?, despois saeu un día o de Carmen Castro, pero non foi o Faro o que amenazou con irse nin se enfadou con nadie, senon que foi a señora Castro, e según algún comentario que me chegou estubo rajando no famoso pleno sobre o BNG e había máis prensa que o Faro alí, ¿como é que non saeu na Voz? ¿acaso son os do BNG os chichis de X. Melchor? baixo o meu punto de vista e non me considero ignorante no Faro contan o que pasa día a día xa pode ser un bache nun camiño como un escandalo político, ¿acaso no BNG non hai tensións nin discrepancias internas, acaso nadie puxo o grito no ceo polos resultados electorais? pero si non o contan e que non falan do BNG e si o contan entón os medios están contra o BNG. Non queremos facer politica de galeria pero solo queremos salir na foto boa. ¿Non é sospeitoso que so esten contra ós do BNG no Faro? ou acaso no Diario de Arousa e na Voz non nós meteron "ostias" pero de verdad ou xa non recordades da noticia do Diario sobre o director do colexio conmeniño que que era concelleiro, que non tiña nin pes nin cabeza e se caía polo seu propio peso, esta si que foi unha noticia moi grave e so coa finalidade de facer dano o BNG, que tamén saleu en menor medida reflexada na Voz, e este días pasados unha páxina completa no Diario donde se falaba da crise do BNG que é moi certa. Pois sera que non somos tan bos nin os outros tan malos.

 
Às 12:55 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Dicer que MMM non disparou con toda a artilleria, sobre todo nos ultimos dias da campaña, contra o BNG, ou e estar cego ou non enterarse. Decir que MMM o que busca e exclusivas e dar a campanada, e do todo incerto. So lle interesan aquelas exclusivas ou campanadas que poidan facerlle da;o os que non son do seu agrado, e digoche esto co conhecemento de quen en varias ocasions lle pasou informacion que, pese a estar contrastada, nunca foi por el publicada. Un caso evidente foi o de Carme Castro. Pregarialle o que escribeu a entrada, lle preguntara a ela como foi o conto, quen a chamou a sua casa, quen a estivo agobiando por telefono, que respostas sacou e que foi o que o final escribeu o Mintireiro coa axuda, consello e soporte de dous elementos impresentables deste concello, un que quixo emular a Cuevas e outro que non fai de vientre dende que pasou polo concello a brigada de Delictos Urbanisticos.
A estas alturas da pelicula falar da profesionalidade de MMM, pareceme unha gran perda de tempo. A profesionalidade demostrase todos os días e en maior e menor medida merece o respeto dos cidadans. A Jimenez Losantos e Cesar Vidal tamen o leen e escoitan moita xente. Ti dirás.
Con respecto a crise do BNG da que según ti e moi certa, eu como militante non a vexo por ningures ( a non ser esa crise permanente - como a revolucion - que segun algun ten sempre o BNG). Como decía Celso Emilio. "Os mortos que vos matades, gozan de boa saude".
Para rematar co conto, algo terá esta organización cando dun xeito ou doutro, e albo dos ataques e comentarios de todos os escribidores. Alegrome !!. Que triste debe ser que non contes para nada .

 
Às 1:31 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Mira Méndes, es tan inútil que entras aquí coma se foras un do Bloque e defendes ao Faro co arjumentos que so ti mesmo poderías dicir. Das verjonsa. Primeiro porque non tes estudios pa ser periodista e iso nótase que te cagas. A verdade é que non tes estudios nin pa iso nin pa na. Ti es un terrorista e non un periodista. O teu traballo da noxo. Cheira a PP que te cajas e todo porque un día soñastes ser o xefe de prensa de Cachuli. ¿Sabes o que ía dicindo él polo Ogrobe? Pois que para que che ía contratar se xa te tiña sen pajarte. A ver se te enteras que estiveches facendo o parvo e quedando coma un vendido.

 
Às 1:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Abraiante, así pode calificarse a exclusiva do reality show a Miguel Ángel Pérez, feita polo tenaz xuntaletras Mendaz. A verdade é que na miña vida vira tal cousa, como se afirma só lle faltou ao compoñedor dos versos inmorais, Lou Grant, pórlle as imaxes colorís e a aureola de santo ao Mighelito. O día antes ou dous días antes, puxo a foto do ex-artista pilotando a lancha de Binitiño, este ía na proa confiado, o que xa non sei se o ex-artista tén o PER ou outra titulación superior para pilotala.
Na cuestión do goberno local, creo que lle é de aplicación aquilo de "vísteme despazo que teño présa". Paseniñamente deben de dárse chanzos cara adiante que non teñan volta ou te fagan recúar e creo tamén que hai que petar enriba da mesa, para que desde o comezo non che tomen polo pito do sereo. Pouco a pouco pero sempre cara adiante, e que vexan que non che treme a man. O da auditoría urbanística é un tema que non se debe deixar ir, con iso na man veremos o marabilloso que o fixo Mighelito que como el dixo "días de rosas y flores" no seu mandato, ao millor está pensando en que se lle faga un momumento, ou se lle homenaxee cunha praca, incluso no come dunha rúa.

 
Às 3:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Manuel Méndez sinceramente tío, das asco con tu forma de entender la profesión, incluso sin pasar por la facultad, todas sabemos que hay un mínimo de ética que no puede ser traspasado. Hasta a tus compañeros y compañeras les produces arcadas, y cuentan tus malas maneras entre los del oficio.
Por favor reflexiona y cambia tus formas mafiosas que solamente pueden servirte para relacionarte con los narcos.

 
Às 10:40 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Que Méndez nos explique o por qué se negou a publicar o comunicado do BNG que lle chegou coa réplica ás declaracións manipuladas de Carmen Castro. Por qué fixo o de sempre: publicar a bazofia servida, desta vez, por Carlos Porfirio e ignorar a contestación en defensa lexítima á que non se negaría calquera xornalista, ou periódico, imparcial. Porque non hai un mínimo de ética no seu traballo. Asqueroso. Pero non o fai, aínda que lee estes blogs varias veces cada día, hai compañeiros que o contan, e escribe neles con patrañas, insultos, e atentando contra os do bloque e algún de esquerda unida, e limpándolle o cu ao que xa non é alcalde. É o que leva facendo desde fai anos, e cando publica un comunicado é manipulado, mezclando cos seus comentarios. Xa lle temos presentado queixas directamete a el e á súa anterior xefa, e ao actual, non vale para nada, mentras vendan periódicos, ben que lle vai. Por eso solo hai unha maneira de paralo, non comprar o Faro, e darse de baixa da suscripción en bares, colexios, hoteles... facendo ese boikó para que vexan o que teñen si siguen por ese camiño.

 
Às 1:23 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Existe un refrán que di. "Que falen de mín, aínda que sexa mal".
Coido que estamos a darlle unha publicidade que ese mal chamado periodista non merece. O maior desprezo que se lle pode facer a unha persoa é o da falta de aprezo.
Neste caso por tratarse dun "periodista" deberíamos iñorar as súas novas, non facer ningún tipo de comentarios sobre as mesmas pois, do contrario, estariamos a entrar no seu xogo, e estou seguro de que disfruta, e moito, dos comentarios que neste blog se publican.

 
Às 1:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Eso mesmo dixeno eu fai bastante tempo. So existe aquelo do que se fala. Se non se comenta nada do susodicho, xa se cansará e deixará de incordiar.

 
Às 1:05 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial