20 de junho de 2007

Acto pola Memoria Historica en San Vicente


A Asociacion pola Memoria Histórica de O Grove comunicanos a celebracion na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, de San Vicente, O Grove dunha exposición do 22 de xuño ao 3 de xullo con horarios de visita os martes, xoves e venres das 4,30 ás 7,30. Sábados de 11 a 1 baixo o titulo "Lembrando a represión de 1936 na Illa de San Simón"

A inauguración terá lugar o venres 22 de Xuño, ás 21,00 horas e intervirán: Xosé Avelino Ochoa e Antón Mascato. A continuacion proxectarase o documental Aillados, de Antonio Caeiro.
O venres 29 de Xuño, ás 21,00 horas terá lugar unha Mesa Redonda na que intervirán Gonzalo Amoedo, Matías Rodríguez e Xosé Avelino Ochoa.

17 Comentários:

Às 2:24 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Dende Balea. Xa era hora de que Ogrobe recorde que tamén estamos vivos os da periferia. Será posible soñar que a cultura vai circular por todo Ogrobe. Gracias a Xosé Avelino Ochoa, veciño, e a Antón Mascato, mago, por se acordar e que sigan as boas intencións.

 
Às 3:30 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Tamen coincidir, na apreciación feita, no traballo principalmente de Antón Mascato, máis tamén no das outras persoas, non tan espectacular pero sí dun tremendo efectivo nas cuestións de intendencia menor, que por certo é o que máis traballo dá (Xosé-Manuel, etc...).
Aproveitando que estamos a falar de actos culturais, aínda que este pretendan dar conta da realidade dun periodo máis que escuro agochado e enterrado, lanzar unha reflexión aos cargos orgánicos do BNG na Comarca. O cargo de Delegada Provincial de Cultura está vacante (Marta Souto ascendeu), polo tanto penso que a Comarca do Salnés precisa dun referente que precisamente é un auténtico técnico na materia, non precisa curriculum ningún e é concelleiro no Grove e ademais aseguro que sería un bó Delegado Provincial de Cultura, esa persoa é Antón Mascato García. É hora de que algun tomen nota, desde logo sería unha moi boa nova para o Salnés e para O Grove.

 
Às 7:54 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Si, si. todos son moi intejros. solo hai que mirar aljuns DOG onde están reclamados por impago de impostos e incluso con orden de embarjo

 
Às 8:25 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Cotilleo: cal deles?

 
Às 11:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

A semana pasada tiven que ir a ORAL a Pontevedra por culpa dun embargo de 44,57 €. por un suposto impago da contribucion dunha praza de garaxe en Poio. O anuncio saeu publicado, polo visto no Boletin Oficial da Provincia. Non teño ningunha propriedade en Poio e logo de presentar a reclamacion o martes foime levantado o embargo. Durante polo menos 3 meses fun un embargado pola ORAL e o meu nome publicado nun Diario Oficial. Non sei quen será o afectado do DOG, pero a vista da miña experiencia - triste, pois pudo sen por 400 ou 4000 e non teria nin para pagar a luz- naide, absolutamente naide, esta livre de pasar pola mesma situacion, asi que moita mesura e coidado cando falemos destas cousas. Escupir para arriba, e escupitajo sejuro.

 
Às 1:25 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Si, pero neste caso non sae tan solo unha ves, sale por varias diferentes en distintos anos. É disir un/ha pufer@ da administrasion que no paja os seus impostos . e que conste que son bastantes.
así ke podemos sejir a falar de intejridad.
e non era por ti carlos

 
Às 2:21 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Benquerido Simpson
A q lle chamas ser técnico na materia?
Traballar nunha editorial non te fai técnico, para iso fai falla moita formación e ter moito camiño andado en todo tipo de actividades culturais ao pe da rúa.
Para gustos píntanse cores.

 
Às 9:10 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

En 1992 fixen unha casa, legal, con planos e todos os permisos en regra, pola que paguei os impostos á Oral normalmente ata finais desa década na que houbo unha revisión do canon á alza coa que non esiven dacordo, xunto con moitos outros veciños reclamamos e deixamos de pagar tres anualidades mentres non foran atendidas as reclamacións. Dende esas tres impagadas si continuei co pagamento normalizado ata hoxe. Certo que a Oral publicou o impago e o correspondente desafiuzamento. Pero tamén é certo que teño dereito a reclamar cando non estou dacordo co imposto, co risco de verme publicado nos Diarios oficiais, e chupar as recargas de demora, eso é todo. En 15 anos de pagamento dese imposto, hai tres que están pendientes de resolución administrativa. Se eran por min eses anónimos, non creo que eso poda ser considerado deshonestinade nin puferismo.
Grazas a En leaba, a Simpson e a Carlos Lema, pero asegúrovos que non son candidato a posto político ningún, sinceramente non o quero, sóbrame con ser concelleiro.

 
Às 2:07 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Vexo que descoñeces o traballo de Antón Mascato, cando eu non fixen ningunha referencia ao seu curriculum vitae, que daría para encher moitas follas, pero non se trata diso, ti aludes a só unha faceta, quizais non saibas que foi Concelleiro de Cultura deste Concello, quizais non saibas moitísimas cousas, entre elas que é o biógrafo autorizado de don Francisco Fernández del Riego e tén publicitada a súa biografía, quizais non saibas que é membro do Instituto de Estudios Miñoranos (coñecelo?), quizais non saibas que é el quen organiza practicamente todos actos culturais (coa nosa axuda) da Asociación Pola Memoria Histórica de O Grove, quizais non sabes que foi Centolo de Ouro polo noso Concello (non esquezas que os Centolos de Ouro só se dan tendo en conta as traxectorias humanas e profesionais), quizais non sabes da misa amén, por iso é normal que fales o que falas. Tén moitos máis méritos, dos que a grosso modo sei que o fan merecente do que Simpson solicita e co que estou totalmente de acordo, aínda que el non o queira.

 
Às 4:34 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

O editor, Antón Mascato, é na actualidade director adxunto de Nova Galicia Edicións, unha das máis importantes editoras galegas quer polo número de empregados, polo nivel de facturación, ou polo volume de exportación. En 2007 resultou elexido Concelleiro (BNG) no Concello de O Grove.

Organizador da Asociación Cultural Pero d´Ardia, de O Grove, que realizou múltiples actividade nos primeiros anos oitenta.
Realizou estudos de Filoloxía na Universidade de Santiago.

En 1983 fundou -con Pepe Carreiro e Gogue- a primeira revista de humor gráfico e literario que se fixo, en Galicia, despois da Guerra, Can sen Dono, da que foi o seu editor.

Participou na vida política sendo fundador do Bloque Nacionalista Galego, en 1982, e foi elixido concelleiro en O Grove, polo BNG, no ano 1983.

Residente en Vigo, por razóns laborais, foi vicepresidente da Asociación Cultural de Vigo, e directivo da Federación de Asociacións Culturais de Galicia (1986-1992).

Produtor e guionista de programas de Televisión de Galicia, e da Radio Galega, entre os anos 1994 e 1998 (A cociñar con Paco Feixó, A Trabe de Ouro... entre outros).

O seu traballo de máis de vinte anos como editor desenvolveuno en Promocións Culturais Galegas, da que foi responsable de publicacións (1984-1989); na editorial Ir Indo, da que foi o director de produción (1989-1998) e en Edicións do Cumio, da que foi o seu director dende 1998 ata 2006, no que pasou á dirección de Nova Galicia Edicións.

Foi directivo do Gremio de Editores de España e da Asociación Galega de Editores, sendo o secretario da mesma entre os anos 1999 a 2003. Foi o secretario do Comité Executivo do V Congreso de Editores da Federación de Gremios de Editores de España.
Foi o primeiro editor das vixentes Normas Ortográficas da Lingua Galega (20043), e dun Corrector Ortográfico da Lingua en versión electrónica con conexión cun Dicionario electrónico da Lingua Galega (2000).

Dende o ano 1998 é membro e actualmente directivo da Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoranos, sendo ademáis o seu responsable de Publicacións.

Dende a súa fundación en 2003, é membro da Comisión de Homenaxe a Xoán González Millán, que promoveu diferentes iniciativas polo recoñecemento deste intelectual galego nacido no Grove.

No ano 2005 foi nomeado membro da Comisión Técnica do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega.

En 2005, o Concello de O Grove, concedeulle o Centolo de Ouro, pola súa dedicación á difusión dos valores turísticos e culturais de Galicia e da comarca arousá, recoñecendo dese xeito as súas obras dedicadas ao turismo de Galicia.

En 2006, con motivo do Ano da Memoria, integrouse na comisión xestora da Asociación pola Memoria Histórica de O Grove, da que foi o seu primeiro Presidente, renunciando ao cargo por razóns electorais, manténdose como un dos seus membros activos.

Colaborador de diversos medios de comunicación como o Jornal de Letras, Artes e Ideias (Lisboa), Faro de Vigo, A Nosa Terra, La Voz de Galicia... e de varias publicacións especializadas (Delibros, Anuario do IEM, Revista Enclave...).

Como investigador, unha das súas principais dedicacións é a recollida e ordenación de documentación relacionada con diferentes aspectos da vida política, social e cultural de O Grove: Arquivo de Historias das Comparsas; Arquivo hemerográfico da etapa de Saturnino Mejuto como correspondente de prensa; Arquivo da Memoria grovense do período 1930-1950.

É director e co-autor de diversas obras como a Diciopedia do Século 21 (2006), ou o Atlas Xeográfico de Galicia e do Mundo (2003).

É autor, entre outros, dos libros Paco del Riego. Unha historia da restauración política e cultural de Galicia (2002) e A ruta do mar de Arousa (2004).

Ten participado en múltiples conferencias, congresos, xornadas, encontros, exposicións e actividades relacionadas coa lingua e a cultura de Galicia.

 
Às 2:44 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Filliñooooo. Como os picades jejeje. Sejun as malas lenjuas, e presuntamente como sedi ajora, o larjaron das editoriais e saleu pola porta pequena por o seu ajradable caracter. Pero eu non sei nada. Solo son cotilleos

 
Às 3:57 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Estou observando nos comentarios que leo neste o noutros blog que polo que se ve, o enemigo a matar é o BNG. Hasta Miguel perez fai uns días no Faro de Vigo o decia claramente. Agora vexo que se ataca inclusive a nivel persoal os concelleiros desta formación. No caso concreto de Anton MAscato a quen coñezo por ser amigo de fai moitos anos, ainda que fai un tempo que non nos vemos, pareceme que os comentarios que se fan sobre el, destilan un odio que denotan claramente quen é o que os fai. Poñer en dubida a honestida, coherencia e bo facer de Anton Mascato agora mesmo, e cando menos, de xente cun complexo de inferioridade para ser consultado , de maeira urxente, por 3 ou 4 psicologos.

 
Às 9:53 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Si si. Si foran outros os dos pufos xa chejabades pa poñelos en boca de todo o pobo pero como é un dos nosos, hai que perdoalo.

 
Às 12:06 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Manuel Méndez sinceramente tío, das asco con tu forma de entender la profesión, incluso sin pasar por la facultad, todas sabemos que hay un mínimo de ética que no puede ser traspasado. Hasta a tus compañeros y compañeras les produces arcadas, y cuentan tus malas maneras entre los del oficio.
Por favor reflexiona y cambia tus formas mafiosas que solamente pueden servirte para relacionarte con los narcos.

 
Às 12:25 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Quien despotrica contra el BNG y alguno de sus concejales es el susodicho Manuel Méndez, usando diferentes formas de escribir, haciéndose el vulgar, el correcto y hasta el informado. Insulta sin sentido al Bloque y a su gente mas conocida, praparada y honesta solamente porque no los tiene controlados, porque son de esa gente no se deja controlar, y todavía no ha comenzado con su suciedad. No le importa utilizar a su compañero Quique para decir que fue el BNG quien le pinchó las ruedas de su coche, lo que no ha dicho ni siquiera Quique; pero este enfermo mental sí. Luego agrede en lo personal a Mascato, ya vereis como la emprende con Canoura. Y su única razón es que piensa que Beasada es controlable, ya lo ha hecho antes, pero los otros dos no, y entonces va a por ellos con toda la porquería de la que es capaz el inmundo Méndez. Sé como es porque trabajo cerca de el. Qué asco das, como decimos tus propios compañeros. Eres la vergüenza de nuestra profesión.

 
Às 2:39 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ramón Garrido contou nas súas memorias quen foi o Potro, o seu fillo colgouno en internet, e a filla e os fillos do Potro, os bravos non, os da casa, foron falar cun xuíz e déronlle bronca a Garrido Junior e retiraron a páxina da rede. Deso é do que vai falar Antón Mascato, das dificultades e ameazas que teñen os investigadores da Memoria para poder facer o seu traballo.
En Cerdedo a familia do que foi falanxista e alcalde, sinalado como máximo responsable da represión, levou ao xulgado a Dionisio Pereira por nomear a aquela besta como o sinalado pola xente que o padeceu... Deso é do que vai falar Dionisio Pereira, da inseguridade dos que fan traballos con fontes orais (porque a represión moitas veces era expeditiva (asesina) e non deixaba documentos...)
Como se ve os da Memoria teñen risco de padecer a represión, agora tamén baixo a manta da xusticia.

 
Às 3:14 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Cerebropodrido: os teus insultos alevosos e sañudos, non van facer que cambie a realidade.
De quen intentas desprestixiar só podes aspirar a aprender algo que é máis importante que o seus méritos e o seu traballo: a calidade do ser humano, a súa honradez e a integral coherencia.
Pero non darás chegado, porque tes a obsesión enfermiza de revolcarte no lixo, envolto nas páxinas do teu periódico.
E sei moi ben de quen falo, somos amigos íntimos dende hai trinta anos, cando empezamos a carreira en Santiago.
A quen mencionas de forma tan indecente é ouro puro de lei.
O seu curriculum humano é moi superior ao profesional. Pero eso non che dí nada, porque ignoras qué significan palabras como honradez, ética, integridade, coherencia...

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial