22 de junho de 2007

A REPRESIÓN QUE “OFICIALMENTE” NUNCA EXISTIU


A REPRESIÓN QUE “OFICIALMENTE” NUNCA EXISTIU
As dificultades de investigación histórica dos crimes extraxudiciais do franquismo
(Os casos das comarcas deTabeirós-Terra de Montes e O Grove)

ACTO PÚBLICO NA ESTRADA

Venres 29 de xuño ás 20:00 na Sala Varela Buxán do Teatro Principal da Estrada
A REPRESIÓN QUE “OFICIALMENTE” NUNCA EXISTIU
As dificultades de investigación histórica dos crimes extraxudiciais do franquismo
(Os casos das comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e O Grove)


Dionisio Pereira (historiador e membro do Consello da Memoria), Xoán Carlos Garrido (historiador e membro do Consello da Memoria) e Antón Mascato (Presidente da Asociación pola Memoria Histórica e Concelleiro de Cultura en O Grove)


Diante da denuncia presentada contra Dionisio Pereira polo contido da súa intervención no Congreso da Memoria celebrado en Narón, en decembro de 2003, e publicada nas Actas no 2004; polas alusións que neste relatorio fai a “persoas sinaladas nos asasinatos e maltratos ou como instigadores dos mesmos” a unha serie de nomes de cargos da falanxe, todos eles falecidos, que o historiador recolleu das súas testemuñas orais, e cuxos familiares agora lle acusan de atentar contra o seu honor; compre facer unha reflexión pública sobre o papel da investigación histórica neste país e das dificultades que ten abordar certos períodos coa metodoloxía propia desta ciencia si se lle aplica a persecución xudicial e a censura.
Un novo caso de intervención xudicial nos traballos de investigación e difusión foi o acontecido no Grove coa páxina de Ramón Garrido (militante comunista falecido en 1998) que mantiña viva o seu fillo Fabién, dende Francia, atendendo á reclamación de familiares do sinalado como máximo responsable da represión franquista no Grove, e que foi retirada da rede por un Auto dun Xulgado de Cambados, sen escoitar á parte afectada.

Con este acto trátase de dar a coñecer a opinión pública as características peculiares do obxecto de estudo ao que non se lle pode impoñer os mesmos esquemas da realidade presente como se verá. Referímonos a represión informal desatada o 18 de xullo de 1936. Un contexto de excepción e unhas actividades nocturnas nas que se prestaba especial celo en borrar o rastro dos autores. Neste acto propoñemos mostrar exemplos de abondo deste xeito de proceder. De aí que non se poida ir moito máis alá de establecer relacións lóxicas en base a testemuñas fundamentalmente orais que apunten á participación en diferente grao dos membros destas organizacións paramilitares (Falanxe e Garda Cívica) na comisión de crimes que de xeito irrefutable se cometeron. Asi pois, polas características destes feitos estudados, ás veces non se pode ir máis alá de formular hipóteses nos termos expostos polo historiador denunciado, mais tampouco en ningún caso se pode pasar por menos, senón o traballo de investigación quedaría sesgado e incompleto e daría a impresión errónea de que foron forzas irracionais anónimas as que levaron a cabo estas accións. Algo contrario aos postulados de calquera ciencia que pretanda avanzar no coñecemento da realidade, propoñendo conxeturas que expliquen as causas e o funcionamento dun feito social desta envergadura e relevancia para comprender o noso presente.
Por iso queremos dar a oportunidade a opinión pública de saber como eran aquelas circunstancias e as dificultades dos investigadores de sacalas á luz; e, en definitiva, as graves consecuencias que esta denuncia ten para o desenvolvemento e progreso destes estudios e para a liberdade de creación científica.

6 Comentários:

Às 7:59 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Viva a República e morte ao feixismo. Eles creron que gañaran a guerra, máis so era unha batalla. A guerra continúa e coa recuperación da memoria historia somos os demócratas os que estamos a gañala. NON O ESQECEMENTO!

 
Às 11:48 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Moi ben por Dionisio Pereira, que vai pagar caro o su valor na investigación Histórica, moi ben por Garrido, que fai o mesmo na Estrada, e moi ben polo noso veciño Antón Mascato, que é un exemplo de como se actúa na vida social do noso concello. Grazas aos tres, e adiante cos traballos de dignidade e recuperación da memoria.

 
Às 5:12 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Polos que morreron sen poder ver esta grande victoria da razón sobre a violencia asesina, viva a Memoria e os seus valedores...

 
Às 5:41 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Moi interesante este acto na Estrada, con Pereira, Garrido e Mascato; e moito tamén o que hai na casa da Cultura de San Vicente, con Amoedo, Matías e Ochoa; os dous o venres día 29. Ben se vai vendo que os da Memoria son unha organización ben articulada, que se move e fai cousas, non foi a flor dun día que lle agoiraban algúns conservadores de esencias caducas.

 
Às 2:37 da tarde , Anonymous Anónimo disse...

Ramón Garrido contou nas súas memorias quen foi o Potro, o seu fillo colgouno en internet, e a filla e os fillos do Potro, os bravos non, os da casa, foron falar cun xuíz e déronlle bronca a Garrido Junior e retiraron a páxina da rede. Deso é do que vai falar Antón Mascato, das dificultades e ameazas que teñen os investigadores da Memoria para poder facer o seu traballo.
En Cerdedo a familia do que foi falanxista e alcalde, sinalado como máximo responsable da represión, levou ao xulgado a Dionisio Pereira por nomear a aquela besta como o sinalado pola xente que o padeceu...
Deso é do que vai falar Dionisio Pereira, da inseguridade dos que fan traballos con fontes orais (porque a represión moitas veces era expeditiva e non deixaba documentos...)
Como se ve os da Memoria teñen risco de padecer a represión, agora tamén baixo a manta da xusticia.

 
Às 12:41 da manhã , Anonymous Anónimo disse...

Pasaron años enhebrando el discurso del atraso. Pero quien pensara que una vez en el poder darían puntadas con esa aguja, se equivocó. Ni las infraestructuras contenidas en el malhadado plan Galicia, ni ninguno de los asuntos serios y aburridos que gestionan los gobiernos, rutilan en el firmamento del bipartito. Las estrellas son otras y se ubican en la galaxia de lo simbólico. Se llaman nuevo Estatuto de Autonomía (de nazón, apostilla el socio), normalización lingüística (eufemismo por erradicación del castellano), selección de fútbol propia (gran proyecto del departamento de Cultura), o declaración del 2006 como Año de la Memoria histórica (parcial y sesgada).

En sintonía con los gobernantes de Madrid, los de Compostela practican la política como espectáculo, sobre todo, los del BNG. Éstos pinchan y cortan menos, así que tratan de pintar más. La labor de las hormiguitas socialistas queda anulada por el estruendo de las cigarras nacionalistas. El hombre orquesta de Allariz se ha propuesto acaparar el protagonismo que las urnas le negaron y toca todas las teclas. No siempre cuela. La declaración del aniversario del accidente del Prestige como Día da Dignidade fue vetada por sus socios y parecido destino le espera a la nueva efeméride con la que quiere adornar el calendario de fiestas luctuosas: el Día de la Galicia Mártir

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial