29 de maio de 2007

Quen lle da vento !!

Logo do acontecido cas eleccions do pasado domingo en Ogrobe, unha chega a conclusion de estar a vivir nun pobo de coña. Aquí si que hai café para todos como predicaba nos albores da transicion o inefable Guerra.
Resulta que todas deciamos que a saida de Ayda do PSOE e a constitucion da Alternativa Meca iban a supoñer unha considerable perda de votos para o PSOE e a hora da verdade, resulta que ese partido gana mais votos e erixese en vencedor. ¿Como debemos ler esto?. Por outra banda, a actitude dese partido xuntamente coa de Ayda no tema da aprobacion do convenio dos Raeiros, non so lle supuxo un castigo, senon que ganan votos os dous. Hai alguen que poida explicar esto ???.
Porque si o electorado castigou o BNG por non ir o pleno (cousa na que non creo nin de coña que fora ese o motivo da sua baixa), debera premiar a EU por ir (cousa que tampouco pasou).
Dos resultados do PP, penso que a naide lle sorprenden, baixan en votos e concelleiros, mais ou menos na linea que todas as quinielas predecian (agás a de Pedro Jeta Benavides) pero todo o mundo lle recoñece que ten un electorado que, ate que veña un goberno diferente e de verdade vai manterse nesa linea.
Resulta verdadeiramente chamativa a caida en votos do BNG. Cando case todas as quinielas lle daban 4 concelleiros, a realidade volveuse terca e condenounos os 3 que xa tiña. Algo que non se entende moi ben a vista do traballo desenvolvido polos seus concelleiros o longo da lexislatura e a boa campaña levada a cabo nestos ultimos 15 dias, xunto coa lista que presentaban, cuios postos de cabeza representaban un bo perfil politico e xestor. Parece que a xente e bastante reticente a hora de darlle a responsabilidade de gobernar a xente do BNG. Medo que parece non ter coa xente do PSOE, xa que despois de todos os Cristos cos que nos obsequiaron o longo da lexislatura, de presentar unha candidatura totalmente desconocida a nivel politico e que o unico que ofreceron o longo da campaña eran ser amigos de Torito e Zapatero, foron quen de darlle o cuarto concelleiro que nin o mesmo PSOE no sono mais feliz soñara nunca.
Pero asi e a politica en Ogrobe. Dicese que en democracia o pobo nunca se equivoca. Esta servidora, vades permitirme que dubide bastante desa afirmación e que pense que , unha vez mais, e van moitisimas, volvemos a meter a pezuña. Non ten xeito a proliferación de chiringuitos politicos como o que aquí se da, nin que se premie desa maneira a incoherencia politica (PSOE-Ayda)., ou o pior resulta que eu estou enganada e o que prima é ser un pouco/moito sirvengonza, tragar con todo, roubar un pouco mais e si a xente nos pide unha ponte, deamoslle unha ponte ainda que despois resulte que non teñamos rio donde colocar a ponte.
O 16 de xuño remata o prazo para constituir a nova corporación municipal. Penso, a vista do pasado en outras épocas, esto vai ser un autentico chalaneo. Dende logo, co mando a distancia da deputacion provincial van poder facer maravillas. E senon o tempo.

25 de maio de 2007

O Plumeiro

Vades a permitirme queridas amigas e seguidores deste Blog, que vos propoña unha pregunta. A mesma, estaría relacionada sobre cal sería o voso primeiro comentario si mañan, cando forades a ler o xornal vos atoparades coa nova de que un alcalde do Levante, Costa do Sol, Murcia, etc. aproba un convenio urbanistico a 3 días de renovarse as Corporacións Municipais. A bon seguro que diriades que menudo pelotazo que ven de pegarse ese alcalde e compañia.
Pois nin mais nin menos eso e o que acaba de acontecer neste pobo dos nosos sufrimentos no día de hoxe. O xefe do clan Simpsons (que neste caso non é o barrigudo Homer, senon que é Ned Flanders) ten datos que o dan fora do concello e ten que pagarlle os seus amigos o favor de aprobarlle ese convenio. Un convenio que , todo mundo debe saber, NON TER INFORME FAVORABLE DO EQUIPO REDACTOR DO PLAN, e que a preguntas dun concelleiro do BNG, e diante da sua insistencia, tivo que recoñecerlle QUE SEGURAMENTE É ILEGAL.
O chamativo de este asunto, non é so a aprobacion do convenio en si, con toda a gravidade que eso conleva (tiñades que ver os Carballos, e outros promotores como se movian polo pleno)senon os actores que fixeron falla para representar esa comedia. Do candidato do PP , até el mesmo recoñece con esta maniobra que é xa un cadaver político, pero dos membros do PSOE e de Ayda, eso xa é a traca.
É curiosisimo, que o unico partido que presumia ate o de agora de ser os unicos que votaran en contra do PXOM (impedindo desta maneira que os veciños puderas coñecer o que se pretendia facer coas suas propriedades) sexa agora quen participe desta mascarada. E dende logo un perfecto epílogo da coherencia que demostraron o longo dos pasados 4 anos. Si mais do mesmo é o que nos van a dar os novos candidatos deste partido, millor era que se quedaran na sua casa.
Pero a que realmente rompe a pana con todo e a señora Ayda. Fai aproximadamente 15 días nunha reportaxe nun periodico da comarca, amosabanos os seus modelos, o seu armario, etc. , pero daquela quedoulle algo sin amosar: Era o plumeiro. Moitas e moitos que coñecemos de vello a Ayda nunca acreditamos da súa profesion de fe anti-PXOM como agora da sua batalla anti-partido. Ayda é nin mais nin menos que un camaleon que quere estar no machito e para elo fai o que faga falla. LITERALMENTE. E agora fixo falla votar a favor deste convenio, e si durante os ultimos anos, e en todos os mitins que nos ven dando este dias, dixo Diego, hoxe a mañan tivo que dicer Digo. Por que quen paga manda e as campañas electorais non se fan gratis. Xa me entendedes. Esto é o peligro que dende este Blog veño denunciando xa fai días, a votar a xente como Ayda, autenticos chiringuitos que o unico que valen e para reter votos de xente que SI REALMENTE está por un PXOM participativo, e que , de sair elexida, lle preste o seu voto a Flanders si o precisara. Realmente patético.
O pobo de Ogrobe non pode seguir mantendo estos filibusteiros da politica, estas e estos mafiosos de via estreita. Hai que aplaudir a posición de aqueles partidos que votaron en contra, ou millor, desautorizaron a manobra do candidato do PP non asistindo o pleno e denunciando publicamente que, o igual que o seu querido Asnar, o candidato do PP intenta a ultima hora maniobras mafiosas, filibusteiras e caciquiles. O pobo de Ogrobe debe tomar boa nota de eso inflixindolle a estos sirvengonzas un duro castigo nas urnas o domingo dia 27.

23 de maio de 2007

VOTA BNG

Por convocar un pleno para a aprobacion do convenio urbanistico dos Raeiros A TRES DIAS DAS ELECCIONS !!!, por querer ganar como o CID, traendo a PaPa Fraja (por certo, sabedes que Manolo Fraja - ese que tanto amor lle ten a esta terra - nada mais perder o poder censouse en Madrid !!), por trampón, por ruín, porque Ogrobe non se merece outros 4 anos da familia SIMPSONS, o 27 de Outubro VOTA BNG.

É hora de compromisos

Debo advertirlle os que me lean que vai ser a primeira vez que pida públicamente o voto nunhas eleccions para unha opcion politica determinada, espero que non teña que arrepentirme. E fago esto, ca firme conviccion de que é necesario que o 27 de Maio, os votos progresistas se decanten polo BNG por varias razóns que fundamentaría sobre todo en 3 : Porque presenta un equipo, non só para ganar, sinon o que é mais importante, un equipo potente para poder gobernar. Porque presenta un programa creible e razonable (o tempo dirá se o cumplen ou non, pero ahi estará este blog para denuncialo e demandalo) e, sobre todo, porque dos partidos clásicos (PP,PSOE,EU,CDS,. etc.) é o único que até agora non tuvo a oportunidade de ter a alcaldia a pesar de que os seus votos sempre sirviron para poñer na alcaldia a opcions progresistas.
Vai ser a segunda vez nos meus 32 anos que vou votar o BNG ( a primeira vez, foi nas pasadas eleccions autonómicas) e considera que desta volta, se o pobo de Ogrobe se entusiasma, se nuclea orredor desta alternativa e o domingo acude a votar en masa, o noso pobo pode cambiar a tendencia que está a levar nestes ultimos 8 anos e que nos empuxa a situarnos na cola dos concellos da comarca.
Decía mais arriba que o programa que presenta o BNG é un programa creible. Só hai que ter en conta que nesta lexislatura que ven de rematar, mais do 60 % das mocions foron presentadas por esta organizacion, das cales foron aprobadas por maioria ou unanimidade o 80%. Que non se levaran a cabo da unha idea da nula capacidade de xestion de Flanders e bo exemplo é o tema da rede Wifi, Centro de Saude, Centro de Dia, Instalacions deportivas, etc.
Demoslle xa que logo un voto de confianza o BNG na persoa de Carlos Alvarez e a xente que o acompaña na lista. En todo caso, quero deixar claro que este apoio non é ilimitado, pois estaremos vixiantes para que se cumpra o programa e que o pobo de Ogrobe non sexa unha vez mais enganado e defraudado. O DIA 27 VOTEMOS BNG !!!

20 de maio de 2007

CON FIANZA

19 de maio de 2007

Eppur si mouve

E sen embargo, movese que diria Galileo. Recibo cunha grande alegria a presencia na rede doutro blog Cartas desde Delfos que ven traer nova luz neste noso apatico concello. Reconforta pensar que unha non está sola na rede neste desigual combate contra a mentira e a manipulacion, contra as trapalladas e o cretinismo encarnada polo homiño do bigote e a súa corte de aduladores.
Quedan só 8 días para, si o pobo de Ogrobe quere, podamos dar fin a este pesadelo de governo que so sinificou un estancamento no desenvolvemento do noso pobo. Oito presupostos despois (que hai que traducilos en miles de millons de pesetas), o unico que nos deixaron foi bocados de aceiras de cores (que nin siquera teñen continuidade unhas con outras) e unha apatía na xente que vai ser dificil recuperar.
Coincido co autor de Cartas desde Delfos de que é o BNG quen, pola lista que presenta a estas eleccions o que sumado a fragmentacion e loitas internas de outros partidos, asi como a proliferación de grupos satélites (Partido Galeguista, Mecas), está en millor situacion de poder facerlle frente as hueste de Flanders. Dende éste blog, pidovos nesta semana que falta, entusiasmo e ganas. Que transmitamos a todos aqueles que coñecemos que outro pobo é posible, que Ogrobe ten que recuperar esta autoestima, ese empuxe esas ganas de ocupar o espazo que por traballo, por historia e por meritos lle corresponde no concerto da ría de Arousa e Pontevedra.
Fagamos casao a Galileo, que digan as enqusisas o que queiran pero, o pobo de Ogrobe, a xente de Ogrobe .... eppur si mouve.

16 de maio de 2007

Trampon, ruin ...

Estou moi cabreada. Logo de escoitar onte a noite en Tele Salnes e hoxe en radio Arousa o candidato a alcalde polo PP sintome profundamente ferida porque un elemento desa calaña fora alcalde do meu pobo, e dicer, meu representante, durante os ultimos 8 anos. Ter que escoitarlle a eso home o que tiven que escoitarlle nestos dous días, demostra ate que punto este home esta desesperado e teme perder o choio da sua vida. Que perda coidado, pois segundo as malas lenguas se se queda sin ese choio, probablemente non teña que voltar os fogons.
Porque, como pode dicer este home que en Ogrobe temos unha rede Wifi gratis . Como pode falar ese home de obras feitas, como o da carretera interior de San Vicente, que fai 3 anos e medio que se adxudicou e que vai sair da alcaldia e ainda non esta feita, (por non falar do seu maravilloso trazado, que queda con mais curvas cas que tiña que xa e dicer). Ou atraverse a falar das maravillosas (en palabras suas) infraestruturas deportivas que temos no Monte da Vila que son o orgullo de toda a provincia (a que Monte da Vila se referirá este homiño), ou da carretera das Mareas (que llo diga os veciños que tiveron que padecer esa obra inacabada).
Pero o que evidenciou este homiño e a fixacion que ten cos do BNG. Pau se bojo, au se non bojo. Que si non apoiastedes o PXOM, que si vos tamen apoiastedes o PXOM. Depende para o que faga falla, usase unha formula ou outra.
O que non foi capaz de decirnos este homiño con grande bigote é que pasou co Centro de Saude que se iba a facer fai varios anos e cuxo cartel pende o lado do cementerio, ou que pasa coas instalacions deportivas que o pobo de Ogrobe reclamou na rua (non as "maravillosas" instalacions do Monte da Vila), ou que pasa coa Piscina Climatizada (agora xa se conforma co PipiCan), ou donde estan esas empresas que el iba a traer a Ogrobe , en definitiva, Miguel Pérez minte.
Pero non lle chega con mentir. Na sua intervencion final en Radio Arousa, unha vez mais, este homiño con bigote intentar mancillar o nome e a honra das persoas cunha bonhomia mais que demostrada, para tapar a sua nula xestion. Estoume a referir como vos imaxinades, o intento do candidato do PP, xunto co fiel manporrero, a sazon Presidente da Comunidade de Montes de San Vicente, de culpar a Luis Chan, secretario da mesma Comunidade de Montes e Candidato polo BNG de non redactar a acta de cesion do pabellon por intereses politicos espureos, e asi se atreveu a decilo publicamente na emisora de radio.
Miguel Perez, sabe perfetamente que Luis Chan sí fixo esa acta, pero que como todo o mundo sabe (ou non é asi tamen nos plenos) a mesma non acquire carta de validez até que é aprobada na seguinte asemblea. Pero como decía Anton Mascato noutro comentario, Miguel Pérez, o igual que o presidente da Comunidade de Montes saben perfetamente que fixeron un acordo ilegal, e que ese acordo ilegal era única e exclusivamente en beneficio electoral do candidato do PP. Porque sinon, que sentido ten que unha proposta aprobada xa fai anos, estivera pechada nun caixon e se quixera sacar agora a última hora con nocturnidade e alevosia.
Miguel A. Pérez, candidato do PP é un trampón e un ruín. Non se pode mancillar o nome dunha persoa honrada por querer sacar uns puñados de votos. Por todas estas cousas, o pobo de Ogrobe non se merece a un elemento como este homiño de alcalde .... nin na oposición.

10 de maio de 2007

O Panexirico

Os dirixentes do PP de Ogrobe non deben ter avoas que os gaben e para eso, supoñemos que cos cartos do concello, acaban de sacar a rúa un panexírico luxosamente editado que baixo o elocuente nome de "Parladoiro Popular" (PP) fai un repaso das ¿maravillosas? obras que levan feito nestos 8 anos (pregovos por favor que non deixedes de miralo porque non ten desperdicio, e logo valorade pausadamente se pagou a pena perder 8 anos de desenvolvemento de Ogrobe e miles de millons de Ptas. dos presupostos para eso).
Pero o motivo de falar do Panexirico Popular (PP) non é pola falta de obras, senon polo "sesudo" artigo que cubre a ultima páxina e a parte interior do panexíric para defender "manu militare" o golpe de estado fascista do ano 36. Sabiamos que o PP de Ogrobe estaba tomado pola extrema dereita (o proprio alcalde xa nos ten ofrecido elocuentes perlas a conta do "Ano da Memoria"), pero non sabiamos que a cousa pudera chegar a tanto.
Debo confesar que sinto unha autentica curiosidade feminina por saber quen e o autor ou autora intelectual dese artigo, pois, dado que as plumas ideolóxicas nas que se asenta a base propagandista e golpista do PP son de antiguos militantes de esquerda (Cesar Vidal, Jimenez Losantos, inclusive o ex-grapo Pio Moa, etc.etc.), non me extrañaria nada que para esta ocasion se surtiran tamen das fontes de algun renegado aproveitado. Xa se sabe que o poder da para moito e o ladrillo moito mais.
Na sarta de mentiras (¿que é unha verdade a medias mais que unha grande mentira?),e en citas literarias sacadas de contexto, moi o modo dos seus escribidores Pio Moa, Cesar Vidal, Ricardo de la Cierva, etc., o/a autor@ do artigo querenos facer ver o necesario que foi que viñera un caudillo, procedente de Africa e nos liberara da tirania comunista. Menos mal que para ben ou para mal, en Ogrobe nos coñecemos todos, e todos sabiamos quenes eran D. Angel Cadavid, D. Xacobe Otero, D, Jose Chiqutin, Allo, e tantos e tantos outros, que deron a sua vida e a súa libertade por algo tan noble e honroso como é a de loitar pola igualdade e o respeto as persoas.
Eso é o que nunca entendeu o fascismo. A estos "intelectuales" lectores entrelineas da República, recomendarialle un libro, este si, documentado e con citas do libro e da páx. , como debe ser, escrito polo catedrático de C. Politica da Universidade de Tarragona, profesor da Universidade de Harvard e da de Madrid, entre outras, Alberto Reig Tapia que no seu libro "Anti Moa", deixa o descuberto o novo discurso da extrema dereita imperante hoxe no Estado Español e que no caso concreto de Ogrobe, é mais cobarde todavia se cabe, cando non ten a valentia de asinar o que escribe.
Unha sempre tuvo claro que o xefe do PP de Ogrobe, o inefable Ned Flanders non podia volver a pedirlle a confianza as veciñas e veciños de Ogrobe para recuncar no cargo, entre outras cousas porque foi o responsable directo da perda dos ultimos 8 anos de desenvolvemento de Ogrobe. Agora, teño mais claro que nunca que por hixiene democrática, esta xente non merece un só voto d@s veciñ@s de Ogrobe.

Miserable !!!

Di o diccionario que miserable é aquela persoa perversa, abyecta ou canalla. Tamen se usa o calificativo para decir da persoa malvada, mezquina, desdichada ou infeliz. Todas estas acepcións e quedariame corta, podería aplicarllas a - en acertada calificación do SeñorX - o xuntaletras que se dedica día si, dia tamen dende as páxinas do Faro de Vigo a facerlle a campaña a Ned Flanders valéndose para eso de calumniar a todos aqueles que non son da corda do homiño do bigote.
Ven esto a conto, do artigo que no dia de hoxe publica o Faro para decirnos que non se pudo asinar o convenio coa Comunidade de Montes de San Vicente por culpa de que o secretario, tardou 15 dias en facer a acta. Esto, que para calquera persoa que estivera nunha asociacion non sería nada extraño, entre outras cousas, porque nestas asociacións un non esta cobrando como o xuntaletras ou Ned Flanders, senon que fai as cousas cando pode ( e xa me gustaria a min que todas as asociacions fixeran as actas en 15 dias) coincide neste caso que a persoa encargada de facer a mencionada acta vai de numero 6 na lista do BNG e é ahi donde o xuntaletras ve unha posible intencionalidade de non facer a acta para que Ned Flanders non poida apuntarse o tanto do convenio. Pensa o ladron que todos son da súa condición.
Coñezo a Luis Chan, o secretario da comunidade de montes de San Vicente, dende fai varios anos e teño a certeza que nunca se prestaria a facer unha trapallada de ese estilo, trapallada que por outra banda estou seguro que o BNG nunca sería quen de pedirllo nin de permitirllo.
O que o miserable xuntaletras non di, e como se esperou 8 anos, e se fai coincidir ese acto coas eleccions, ou ese afan de obras que se observa estos dous ultimos meses, coincidindo coas eleccions, (ten razon meu sogro cando di que debera haber eleccions cada 15 dias, para que fixeran algo) . En definitiva, se o xuntaletras non fora un miserable, tería que decirlle a xente o que pasa na realidade, ainda que eso non lle conveña os intereses de seu xefe Ned Flanders, como por exemplo o que está a pasar ultimamente coa obra de Raeiros, pero deso falaremos outro día e podo asegurarvos que a mais de un vaille entrar cagaleira.

7 de maio de 2007

Novas Tecnoloxías

Si por oportunidade e estar a vangarda fora o BNG de Ogrobe xa teria ganado o camiño a Alcaldia. Dende onte teñen colgado na rede o video promocional da súa campaña do cal vos deixo un enlace. Agardemos a que as outras forzas se animen tamen e lle demos un uso pedagoxico o ciberespazo.


5 de maio de 2007

Equidade informativa

Veño de quedar abraiada esta mañan cando me puxen a ler o Faro, e non polo que nel se di, se non polo tratamento que se lle da a informacion do debate celebrado o pasado xoves na Casa da Cultura de Ogrobe. Resulta que ao alcalde en funcions, ofreceselle toda unha páxina para facer as valoracions que lle den a gana, e o resto dos contertulios (5) ofreceselles unha paxina para todos eles. Esto chamase equidade = igualdade. Esto é o que nos ven acostumado a ofrecer o cronista do Faro para esta zona, que , supoñemos, nesta ultima etapa da campaña vai botar "os restos" para que D. Miguel siga no machito e el poida seguir "chupando da piragua". É unha pena que na epoca do PP na Xunta non lle saira o gabinete de prensa que lle habian prometido para unha Consellaria, porque, desa maneira, as veciñ@s de Ogrobe haberiamos de librarnos de tamaño manipulador. O que me preocupa, e que segun algun mentideiro, parece ser que lle van dar choio de periodista unha Delegacion provincial dunha Consellaria controlado polo BNG. Deus (ou o BNG) nos libre destos elementos.
Teño que confesar, que por razons do meu traballo, o xoves non puden asistir o debate, asi que non sei como se desendolveu pois se lle preguntas a xente, depende de que tendencia sexa cada quen, contanche unha cousa ou outra., pero si me chama a atencion unha frase do candidato do PP e actual alcalde en funcions, cando di refirindose o candidato do BNG que " lle defraudou". Eu quero supoñer que cando dixo esta frase ao Sr. Perez Garcia, o traicionou o seu subconcente, porque se realmente lle defraaudou o que quere decir e que ó Sr. Alvarez Besada o fixo moi ben e que o Sr. Perez quedou moi mal parado, pois en caso contrario teria decir que lle gustou moito e estivo no seu papel. Nadie fala ben do seu enemigo e o Sr. Perez é un maestro en esas lides. De todolos xeitos, penso que o candidato do PP teno moi mal en calquera debate que se presente. Si ben e certo que os outros candidatos so poden ofrecer e esperar a que a xente crea nas suas palabras, os feitos que o Sr. Perez Garcia nos deixa son ben elocuentes e a eles nos referiamos en outro artigo deste blog. Cales son os feitos do Sr. Perez: E que acaso xa temos Centro de Saude, ou Infraestruturas Deportivas, ou Piscina Climatizada, ou a via de catro carris, ou Auditorio, ou o asentamento de novas empresas, ou .........
Se polos seu feitos coñecemos a xente, o bagaxe do candidato do PP é ben elocuente. En 8 anos conquireu deixar un pobo que cada dia ten menos peso no conxunto provincial. Un pobo que debe ser o caso unico das poboacions costeiras de Galiza que perdeu poboacion (datos do IGE referidos oa no 1996, donde morreu mais xente da que naceu), un pobo coa taxa de paro mais alta de Galiza (datos do INEM do mes de febreiro), en definitiva, un pobo que de sempre foi traballador, emprendedor e dinamico, sumido na mais clara apatia.
Por estas e outros moitas cousas, o Sr. Perez non ten ningunha autoridade moral nen credibilidade para presentarse diante dos cidadans e reclamarlle a sua confianza. Por hixiene politica, por coherencia, o pobo de Ogrobe, cando o dia 27 vaia a votar, debera tomar boa nota destas actuacions.

4 de maio de 2007

Ollo o piollo, KIng Kong

Contame un paxariño, que o noso alcalde anda estos dias a cen (ainda que con muletas) para que non lle arrevente nas mans o tema do Mercado. Polo que me conta a miña informadora, parece ser que dende o ano 2004 caducou a concesion que Portos de Galicia lle fixo o Concello e a Confraria para poder facer a lonxa e o Mercado. A Confraria xa renovou no seu dia a concesión, pero o noso xerente imperial Ned Flanders foi incapaz en todo ese tempo de renovala (eso que naquel ano governaban "os nosos").
Estas couas, de ser certas, dannos unha idea da capacidade que ten este home para xestionar nada. Agora que estamos as portas das eleccions municipais, poderiamonos preguntar que foi o que realmente fixo este home, aparte das aceras, Ulo Centro de Saude ?, Ula Piscina Climatizada (bueno si, temos PipiCan), Ulas Instalacions Deportivas, Ulo Auditorio ?????.

Pero bueno, que fixo este persoal en todos estos anos, aparte de poñerse "guapos" ????

Os mesmos cans

Efectivamente, son os mesmos cans ainda que o colar sexa diferente. Estou a referirme como vos imaxinades, a eses partidos politicos (na xerga documentada dise " de ámbito estatal y con vocacion de gobernar") que non teñen o mais mínimo pudor e reparo que facer uso dos cartos públicos para comprar as concencias dos emigrantes. Mirade ben que o que o representante do PSOE estaba a entregar no Uruguai era nin mais nin menos que Cheques Asistencias, e dicer, diante da penuria que esta a pasar ali moita xente, intentan comprar vontades a cambio de axuda social. E logo vennos Torito e dinnos que el non sabia nada e quen ten que dimitir e a xerente da Fundación.
Estos usan os mesmos trucos e armas que usaba o PP. O vello cuxilitranca, invitabaos a churrasco, polbo e empanada, e estos, mandanos directamente o restaurante e "Pedide o que queirades". No fondo, a mesma compra de vontades co unico fin de ocupar a poltrona.
Unha, a estas alturas entende perfectamente porque nin o PP nin o PSOE estan pola labor de controlar democraticamente as votacions nos paises de Suramerica. Deste xeito, o que goberne sempre podrá xogar coa fame e a necesidade da xente, e ese e un caudal de votos que nunca falla.
O triste e que ainda haia xente que se di progresista e de esquerdas e faga estas cousas. Se para ser alcalde ou presidente dunha deputacion hai que actuar desa forma, unha teno claro que mellor e quedarse na casa.
Daqui o 27 de maio vannos comer o coco a tope, imos ter mais visitas en Ogrobe de persoeiros cas que tuvemos en todo o ano (cas honrosas excepcions da Delegada de Industria e do Director Xeral de Turismo). Vannos prometer o ouro e o mouro, a carretera de 4 carris, a piscina (outra vez), o auditorio (outra vez), o centro de saude (outra vez), etc. etc. Pero cando vos prometan esas cousas, cando vos pidan o voto, lembradevos dos de Uruguai