22 de novembro de 2007

Persecución política

Contame un paxariño que o bunker funcionarial do noso concello anda revolto. Entre a indefinición do alcalde e o deixar facer de Xan Lamelas (que para algo somos o sindicato maioritario na plantilla e non vaia a ser ...) unha parte de ese persoal que as veciñas e veciños de Ogrobe estamos soportando no concello está rebotado cos concelleiros.
Como xa comentaramos fai un tempo, despois de moitos tiras e afloxas, e de ter que escoitar como a Barby decia que "antes pasar por encima de mi cadaver que trabajar por las tardes", parecía que a cousa na Casa da Cultura estaba arranxada e porfin os rapaces (e calquera cidadan) podria disfrutar das instalacions da biblioteca polas tardes e inclusive os sabados pola mañan, pero segun comentaban hoxe na fábrica, nin o martes nin o mercores abreu pola tarde, e parece ser que os sábados tampouco abre. Polo que me comenta o meu compañeiro, parece ser que a persoa encargada de abrir, adoita pedir días libres por asuntos proprios, o cal é unha boa maneira de non traballar porque si. Eu entendo que o encargado de persoal do concello, (ou segredario, ou alcalde ou quen sexa), debera ter unha persoa para cubrir un posto cando alguen ten que ir o médico ou vai de vacacións e debería tamen decirlle a encargada da Casa da Cultura que os días libres por asuntos proprios so poden collerse cando a situación do servizo o permita. Pero ou ben o encargado de que estas cousas non pasen descoñece este punto ou importalle pouco que a biblioteca este aberta ou pechada ou ten medo que a Barby o acuse de persecución política como xa fixo antes ca amenaza de acusalo de acoso sexual a outro concelleiro Ai que ter ovarios !!!
Pero non é so o problema da Casa da Cultura e seu personaxe. Resulta que polo que se comenta, nestes días o Concello de Ogrobe está a pasar por unha Inspeccion de Traballo a raiz da denuncia de un traballador que lle obrigaban a traballar 40 horas semanais cando o convenio do concello é de 37,50 horas (xa vedes que nese concello hai traballadoras de polo menos duas categorías: as pata negra e os "negros" [dito esto ultimo co maior dos respetos]). Pois resulta que o alcalde requireu a persoa que formalizou estos contratos para que explicara porque cometera esa ilegalidade e a resposta da susodicha foi negarse a contestar o que se lle pedia e decir que estaba sufrindo unha persecución política por parte do novo goberno municipal. Asi como o leedes compañeir@s. Agora resulta que son as pombas as que lle disparan as escopetas.
Estas cousas pasan en Ogrobe, estan a pasar todos os dias no noso concello. E estas "funcionarias", por chamalas de algunha maneira, fan eso porque saben que teñen patente de corso para facer o que lles da a gana. Porque deberades saber queridas amigas, que esta mesma funcionaria - a emparellada para entendernos - formalizou un contrato de traballo para o seu fillo por 1800 € o mes cando o contrato dos compañeiros era por oitocentos e pico de euros. E non pasaou nada. Simplemente o fillo (que neste caso é bastante mais decente que a nai), renunciou o contrato e foise.
E asi está o panorama. Si lles pides que cando se retire un expediente do arquivo quede constancia de que funcionario o levou, estas perseguindo os funcionarios (eso que se demostrou e recoñeceu que faltan expedientes "sensibles" do arquivo), si pides explicacions por unhas contratacions ilegais, estas perseguindo politicamente os funcionarios, etc. etc. Coido que é hora xa de que tanto o alcalde como o concelleiro responsable de persoal, agarren o touro polos cornos e poñan a cada quen no seu sitio. As veciñas e veciños de Ogrobe llo agradeceremos.

10 de novembro de 2007

Sanidade dos nosos pecados

Fai uns meses, falaba neste blog sobre os problemas sanitarios que tiñamos na Casa do mar do Monte da Vila. Nesta ocasión non vou referirme a situación do Monte da Vila (que non é que este moito millor que naquela ocasión), senón do Hospital de Montecelo e concretamente do servizo de urxencias.
Vaia por diante que non culpo os profesionais da sanidade da caótica situación na que se atopa ese servizo (non vaia ser que o colectivo medico se mosquee con nos e compliquemos mais as cousas), pero veciñas e veciños que me leedes, se tuvestedes a desgraza de ter que ir a urxencias nos ultimos meses, estaredes de acordo conmigo en que aquelo mais que unhas urxencias hospitalarias, son a antesala do inferno.
A pasada semana tiven que levar o meu sogro por urxencias a ese centro. Entramos as seis da tarde cun COLICO O RIÑON. Aparcaronnos como mal puderon nun pasillo e eran as 4 da mañan (si, leedes ven 10 horas despois) cando nos atenderon. Nestas interminables horas, tes tempo de sobra para pensar se realmente estamos ben en canto a sanidade, para escoitar o que contan os outros pacentes que estan como ti - e nalguns casos mais horas, no mesmo pasillo de urxencias, alguns deles separados por uns biombos colocodos provisionalmente no medio do corredor, para escoitar unha e mil historias sobre esta sanidade que tanto costou levantar e que alguns queren tirar abaixo, porque por enriba de todo teño que dicer que eu creo firmemente na sanidade pública, pero ou esto se millora ou a volta da esquina aqui so imos ter centros médicos e mais chiringuitos de pago.
Non é de recibo que a unha persoa que ten que pasar unha revision do corazón, xa que foi operada fai 2 anos e tiña a cita prevista para primeiros de novembro, se lle chame uns dias antes e se lle diga que queda anulada a sua cita sen darlle data para a nova (neste caso teño que dicir que unha consulta co especialista para a miña filla, foime anulada pero na mesma carta donde me avisaban, dabanme nova cita para 15 dias mais tarde). Parece ser que o caso dos enfermos do corazón e bastante frecuente neste Hospital de Montecelo i e normal que se lle aplacen as revisións sen fixar nova data. Ou a da enferma que tardan 9 meses en darlle vez para sacar unhas radiografías e tardan 6 meses en volver a darlle vez para ver o resultado. Patético de verdade.
As veciñas e veciños de Ogrobe, debemos ser conscentes do que está a pasar nese centro Hospitalario do que dependemos. Debemos ser conscientes que cedo ou tarde imos necesitar ir ali e podedes creerme que a experiencia que tuven que vivir nestos días non é nada agradable. E preciso que estas cousas se arranxen. Hai prioridades como a saude e a educación que deben ter prioridades sobre portos exteriores, cidades da cultura e outras gaitas polo estilo.
Debemos exixir os nosos políticos, dende o concello ate a Xunta, pasando por todos os organismos intermedios que se mollen para que esta situación mude. Debemos convocar a todas forzas socias ( e non só de Ogrobe ) para que os cidadans desta zona de provincia poidamos ter unha asistencia hospitalaria digna e eficaz, porque, en defitiva esos son os problemas que realmente mais nos interesan os cidadans.
PD.- Sou conscente de que algun lector do blog virá agora decindo que esos problemas serán os que mais me interesen a min, pero que non fale por todos. Eu seguirei pensando que esos problemas mais tarde ou mais cedo, importannos a todos, inclusive o politico non-nato, metido a pescador que non falta en todas as salsas deste pobo.