27 de setembro de 2007

O coro das nenas cantoras

Cando estedes a ler esta entrada, a bon seguro que xa estaredes enterados do que hoxe publica a prensa. Se non é asi, recomendovos vivamente que leades a Voz de Galicia para saber como se desenvolveu a comparecencia no Xulgado de Cambados de Alexandre Aguin e as duas membras do GRUMIR polo asunto das listas do Pais Vasco. Polo que leemos na Voz de Galica, parece ser que o persoal cantou como un reiseñor decindo o que dende este e outros blogs se ven decindo dende fai tempo: Que Cachuli estaba o tanto de toda a operación. Pero non só estaba o tanto como nos presumiamos, senon que agora sabemos, pola declaración d@s implicad@s que todo se facia dende o seu despacho, cos medios do concello e coa súa dirección. Se este home tiveran algunha dignidade (cousa que cada vez dubidamos mais), esta mesma mañan debera presentar no concello a súa dimisión como concelleiro e na Mancomunidade a súa dimisión como xerente do parque de bombeiros. Pero perdede coidado, que esa breva non vai cair pois este persoal ten mais cara que espalda e xa sabedes o que di o refrán "Chamame can e botame pan".

De todos os xeitos, independentemente da gravidade dos feitos que agora se enfronta coñecen, as mulleres e homes de Ogrobe deberamos pornos a pensar un pouco como actuaba este elemento. De confirmarse a acusación que onte ser verteu durante mais de 6 horas de declaración no Xulgado de Cambados, atopariamonos non so cun delicto de uso ilegal e fraudulento de datos, senon tamen de uso dos bens públicos para a comisión de actividades delictivas. E a min, a verdade, xurdeme a pregunta. Si esto se facía para falsificar listas electorais, que non se faría con outras cousas mais productivas (polo menos no plano económico) ?

Como apuntabamos en outas entradas do blog, Cachuli debera irse tentando os machos e ir preparando o petate. Deciamos no seu día, que cando a Brigada de Delictos Urbanisticos empeze a chamar a declarar a alguns funcionarios do concello en relación con algunhas obras e expediente, iban a cantar "A Traviata". Xa se lle adiantaron estos, pero a bon seguro que algun funcionario estará afinando a voz para el tamen interpretar a súa partitura. Seguro que Cachuli e Cía hoxe van estar menos tranquilos que onte, ainda que mais tranquilos que mañán.

Neste turbio serial, so nos queda por saber cal vai ser a saida do Mentireiro Manipulador. Teremos que preguntarlle o noso paxariño se ainda quedan algúns dos de 500 que axuden a amañar a cousa ainda que coñecendo o elemento, non sería nada extraño que vendo como está soplando o vento, tamen el collera outro rumbo. O tempo nolo dirá.

11 de setembro de 2007

O dereito a saber.O Grove 19 a 22.09.07



6 de setembro de 2007

Ferrocarril de Jalisia porquen andas jobernado

Mirade vos por donde, como nos tiñan enganadas estos do BNG !!!!! . Menos mal que temos a Cachuli e ó seu fiel escribiente MM para enterarnos das cousas, e asi hoxe sabemos que a moza do candidato do BNG lle vendeu un sofa a un inquilino dos Raeiros (supoño que non será proprietario de ningún chalet, pois eso seria ilegal, e xa sabemos por Cachuli e MM que nesa obra todo e absolutamente legal e pasa a proba do algodon!!!). E por si eso non chegara, hoxe entereime na fábrica que a nai do candidato do BNG lle ten vendido o periodico (non sei se seria o Faro ou outro) a outro inquilino dos Raeiros (xa digo, seguro que non era o que saeu fai uns dias na Voz de Galicia porque ese sei que é proprietario de chalet con parcela) . Por se non chegaran todas esas novidades, o chegar a casa o mediodia, o meu compañeiro, que tamen estaba escandalizadisimo con estos do Bloque, tamen me dixo que parece ser, segun oira un compañeiro, que Maria Lina, a ex-concelleira do BNG, lle fixera unhas recetas na casa do mar, a outro inquilino dos Raeiros. Pero a donde imos a parar con esta xente !!!!!.

Fai uns anos, un concelleiro de Ogrobe decía a proposito de outro famoso alcalde que tiveramos que padecer a frase que ilustra o titulo "Ferrocarril de Jalisia porquen andas jobernado" . Podedes creerme que despois de leer hoxe as declaracións de Cachuli e os comentarios do seu escribidor o Mentireiro Manipulador o primeiro que me veu a mente, foi a frase de marras. Pero como é posible que durante 8 anos estiveramos ¿gobernados? por este persoal. Como é posible que todavía existan ¿persoas? como MM. Pero é que esa xente non se mira o espello cando se lavan a cara ou cando se peitean ???. Pero como pode ser xerente responsable do parque de bombeiros comarcal un persoaxe como Cachuli, que se non fora abondo o seu negro historial, remata a faena con esas declaracions. Conviredes conmigo, que os militantes ou simpatizantes recoñecidos do BNG deben estar moi asustados con este home, pois coa sua filosofia, seguro que si arde a casa dunha desas persoas, como son do BNG, este elemento e capaz de non mandar os bombeiros.
No fondo de toda esta historia, de todos publireportaxes sobre os Raeiros, destas saidas de testo de Cachuli, etc. etc., radica o mesmo obxectivo: O de quen pagou para que lle deixaran facer, e agora ve que pode ter moitos problemas para completar a faena. Se todo fora tan legal e estivera tan claro, non se pagarían publireportaxes nin se faria saltar a palestra a individuos de tan baixa calaña como Cachuli. Pero o que pagou sabe que esta en "orsay" (entre outras cousas porque varios proprietarios sintense enganados) e fai sair a escena a toda a artilleria que ten. Si asi de paso MM logra que o seu periodico aumente os ingresos por publicidade, millor, pois na situación profesional que está agora mesmo, non é para botar foguetes, e o que o iba a enchufar no gabinete de prensa dunha conselleria, "non esta na casa".
E asi é como se quere escribir a historia deste pobo todos os días. Mentras, unha contratada eventual vai aparecer como unica responsable da falsificacion electoral (ainda que a rapaza en cuestion exercera tamen como secretaria particular do ex-alcalde), e algunha carballeira, algunha parella emparellada e algun que non sabe gardar os segredos van aparecer como unicos responsables do desaguisado urbanistico e da falta de expedientes. Asi querian alguns que se escribira a historia, pero como di o conto, a policia non e tonta. O tempo.