26 de outubro de 2007

Transferencias

Para que non digades que son unha monotematica, hoxe quería falar dun tema que está nos medios de comunicación estos días. Resulta que disque, que parece ser, que o anterior Ministro de Admons. Publicas chegara a un acordo con Vicepresidente Anxo Quintana para levar a cabo algunhas transferencias dende o Estado a Galiza. Entre estas trasnferencias estaría a seguridade marítima e parece ser que tamen se falara algo sobre tráfico, ainda que esta estaba mais cruda.
Pero tate que agora, chega a ministra Elena Salgado e dille a Quintana que tarari que te vi e que non habia nada de nada. A min a verdade e que me costa creer que non sexa certa o que viron os meus olliños fai uns meses na TVG cando Quintana salia xunto a Jordi Sevilla e os dous anunciaban o principio de acordo para levar a cabo esas transferencias. Aparte, parece ser que hai actas desas reunións. A maiores, unha, na sua iñorancia non entende que pinta o Salvamento Maritimo das nosas costas dependendo de Madrid (non hai mais que facer memoria de todo canto leva acontecido nestas costas e senon vexase o exemplo do PRESTIGE). Por outra banda, que o tráfico estea transferido a Euzkadi e a Catalunya e que a Galiza se lle negue esa posiblilidade é algo dificil de entender a non ser que se nos tome por tontos do bote ou que a ministra estea mentindo e o que está dicindo estos dias non sexa verdade.
Neste asunto de dimes e diretes, o mais curioso de todo é que Elena Salgado dí que é galega. Dende logo vai permitirlle que lle diga a señora ministra que será nacida nesta terra, pero que dendo logo non exerce como tal galega pois a sua actitude, en vez de axudar a sua terra ainda por riba intenta poñer por trampon a un representante elexida polos galegos. Que se sepa, ate o de agora, a esa señora só a elixeu o presidente Zapatero.
E este é a clase de persoal que os galegos sempre tivemos que aturar cando chegan o poder do Estado. Vos imaxinades un ministro catalán, andaluz, vasco, etc. que fixera eso coa sua comunidade. ???.
Agora anunciannos que posiblemente esta señora vaise presentar nas eleccions xerais de marzo por unha provincia galega. E todavía terá a santa cara de pedirnos o voto despois de negarnos o dereito a poder decidir os galegos sobre aquelo que nos afecta diretamente e que outras nacions do estado xa estan disfrutando. Que veña, que veña a pedirnos o voto que imos BOTAR ven por ela. Pero o mar.

13 de outubro de 2007

Patriotas

Parodiando a Asterix e Obelix tiñamos que dicer aquelo de "Estos españois estan tolos". Menuda guerra se están a montar co conto das banderitas. Se non lle chegaba iso de que España se rompía todos os días (a xente nada mais erguerse pola mañán non pensaba noutra cousa !!) agora veñenos da man do PP . pero tamen ben arroupados polo PSOE - a facer loas de amor patrio e manifestacións de amor a bandeira, a súa bandeira . Agora resulta que nos queren imbuir a tod@s de tanto amor a España que até resulta que a Seleccion de Futbol chamanlle "la roja" (será polo da cor, pois por outra cousa, non creo) e estos dias non tes mais que por a tele para darte conta do fenómeno. Con decir o cristo que lle montaron os cataláns por querer xogar un partido con EE UU xa está todo dito, por non volver a mentar o que lle chamaron ao presidente do Barcelona Joan Laporta por estar de acordo con este partido, que menos guapo, chamaronlle de todo.
Neste intre estou escoitando a radio e chamamoume a atención oir os partidos que xogan hoxe. Entre eles, destaco dous: Illas Feroe-Francia e Escocia-Ukraina. Non podía creer o que estaba ouvindo !. Resulta que Illas Feroe, unha rexión autonóma de Dinamarca (o igual que Galicia, Euzkadi e Catalunya) pode xogar partidos internacionais inclusive contra a selección nacional do pais o que pertence (dinamarca) e non pasa nada, nin se rompe Dinamarca nin poñen a cair dun burro o presidente das Illas Feroe. (Logo, meu compañeiro me explicará que as Illas Feroe chegaron a ser rivais de España nunha ocasión donde por certo os comentaristas da Cadena Ser se pasaron catro pobos " con los pobre marineritos que juegan en la seleccion de Feroe".).
Pero se non chegaba con Illas Feroe, resulta que Escocia, rexion autonoma de Inglaterra tamen pode xogar o futbol internacional sen que a raiña de Inglaterra se poña dos nervos. E non pasa nada. Estos voceiros do españolismos recalcitrante que se cansan de decir que tanto Galiza, como Euzkadi ou Catalunya teñen o nivel competencial mais alto do mundo, non sei o que diran diante destos casos. O millor asta nos din que é so no futbol, obviando que Illas Feroe ten plenas competencias dende o 29/03/2005 para poder levar a cabo as suas proprias relacions internacionais e elaborar a súa propria politica de seguridade, tendo recoñecido asimesmo nesa data o estatuto de nación, e que Escocia, a raiz da victoria obtida polo Scottish National Party en marzo de 2007 está en proceso de convocatoria dun referendum de autodeterminación para que sexa un pais independente do Reino Unido, e volvemos a repetir, non pasa nada, nin Inglaterra se rompe nin salen na prensa todos os dias clamando pola unidade do Reino Unido, o contrario do que aqui pasou con Ibarreche e a súa proposta. Por certo, Quebec, provincia autónoma de Canada fixo varios referendums pola independencia e nunca pasou nada. A maiores, negando a Constitucions Canadiana a validez dese referendum, unha sentenza do mais alto tribunal lle otorgou este dereito xa que o sentimento dos cidadans esta por riba do expresado nun intre nun texto. Boa nota deberan tomar esta panda de politicos que nos gobernan dende Madrid, asi como os seus corifeos da prensa, radio e TV.
Estas son as diferencias que, entre outras moitas cousas, nos separan de Europa. Aqui, as nacions periféricas do Estado temos que vivir cun nacionalismo do máis peligroso. Os novos serbios do sur de Europa estan fielmente representados por ese nacionalismo español intransixente e fascistoide. Que sigan eles coa sua roja, co seu Raul e con su Niño e que nos deixen dunha puñetera vez vivir en paz, fora das suas banderitas, liortas e grandezas imperiais, porque como ben decia Castelao, nunca deixarán de ser uns imperialistas fracasados.