28 de janeiro de 2008

Aprendices de bruxas

Logo de estar case un mes fora da circulacion derivado por probemas familiares que me obrigaron a trasladarme o meu pobo de orixe, chego a semana pasada e atopome con varias novidades entre as cales non queria deixar pasar por alto, a iniciativa da concelleira do PP, Diana Otero para amordazar os blogs discolos, moi na linea da politica do seu partido.
Debo confesar que cando me enterei da inciativa desta muller e lein o seu comunicado, a primeira reación foi "pasar" olimpicamente dela, pois penso que unha lectura sesuda do escrito deixa ben en evidencia a esta aprendiz de bruxa para quen os limites a liberdade de expresion deben ser fixadas por persoas de orden e de ben pensar... como ela por exemplo. Non sei como casará esta actitude coa escoita diaria de sua emisora de cabeceira (a COPE por exemplo) con insultos, desprezos e calumnias contra todo aquel que non pensa como eles, pero este fin de semana mais de unha coñecida me fixo ver que, o que cala otorga e como non estou en absoluto de acordo co expresado no comunicado da aprendiz de bruxa e polo que me decidin a facerlle unha serie de puntualizacions:
A concelleira do PP encheselle a boca falando de dereitos fundamentais, de dereitos humanos, etc. etc. mencionando incluso a Kant (cousa rara en este persoal, pois como ven debera saber, as formulacions éticas de Kant estaban en contraposición as formuladas por Santo Tomas de Aquino, probablemente máis próximo o pensamento da nosa dilecta concelleira).
Para a aprendiz de bruxa, termos como calzonazos, pufero, palanquin, a emparellada, etc. etc. son constitutivos de delicto e polo tanto debe ser perseguido a autor/a ou a dona do blog. Entendemos que acto seguido, se persiguirá tamen os baixos, os coxos e os que non teñen o pelo loiro, e todo eso porque a nosa concelleira "aprendiz de bruxa" non lle gustan esas cousas. Claro que a Diana Otero tamen debera pensar que os veciños de Ogrobe non lle gusta a xente que prevarica, a que permita facer barbaridades urbanisticas que hipotecan o futuro de Ogrobe, os que facian do concello a sua finca particular aproveitando o cargo para colocar os sus achegados, os/as que usan o seu posto de traballo para enriquecerse, etc. etc. etc., pero pareceme evidente que a Diana Otero, como toda boa aprendiz de bruxa, esas cousas son pecata minuta que a nadie lle importan, agás catro iluminados que "se adican a insultar nos blogs". En todo caso, Diana Otero debera meditar e pensar en que barco esta enrolada e deixar de facer de aprendiz de bruxa, non vaia a ser que descargue unha tormenta e non teñamos barco abondo para aguantar os golpes que nos poidan vir, pois donde rascar, ai abondo.

1 de janeiro de 2008


Pois mira ti que xa e jana de montar lerias. Estou referindome como vos podedes imaxinar, o tema da ubicacion da depuradora de augas residuais que menudo xogo nos deu neste remate do ano. Unha, pode entender a queixa das veciñas e veciños da Virxe das Mareas xa que estan no seu xusto dereito de desconfiar de todo canto se lle leve para aquel barrio, pois ate o de agora case nunca foron cousas boas. O que xa resulta mais dificil de entender (ou o millor non), e a actitude de alguns persoeiros que queren recuperar un espazo publico que apenas cheiraron. Alguns queren ter o protagonismo que algun xuntaletras lle deu na sua epoca de patron dos empresarios locais (probes empresarios locais con este patron !!) pero agora, como ferreiro, parace que a cousa non e a mesma. De todolos xeitos, e como xa dixemos en algunha ocasion, ai que recoñecerlle que e como o prebe que esta en todos os pratos, pois o mesmo esta a fronte da reivindicacion dos do truel como na urbanizacion dos Raeiros ou nesta ultima batalla, contra a instalacion da depuradora na Laxe de Rons. Quero sospeitar que a el non lle molestaran os presuntos cheiros da depuradora, pois ata a do Giso non creo que puderan chegar nunca esos cheiros e dado o pouco tempo que pasa no seu taller ai pouco lle poderia afectar.
Resultan tamen chamativas as actitudes de outras persoas. Persoas que deberan estar moi preocupadas por toda a merda que se esta a verter o mar que e o seu medio de vida e que ate o de agora non abriron a boca e que no momento que se quere poñer freno a esa desfeita do medio ambiente ( e do seu medio de vida), rebelanse como perfectos hooligans. Ate o de agora non importaba que a merda se botara a caño aberto para a ria convertendo a mesma nunha cloaca, pero si o que se fala e de poñerlle freno a este mal, cunha instalacion modelica que esta a funcionar en outras lugares da provincia as que inclusive se invitou os veciños para que comprobaran o seu funcionamento e que viran con seu proprios ollos que aquelo non so non contamina senon que axudou a rexenerar un banco marisqueiro que estaba podre, nese caso, todos os esforzos para bombardear esta iniciativa son poucos. Creedeme se vos digo que ai cousas que son moi dificiles de entender, como a de certas persoas metidas en politica para as cales, a depuradora no Corgo non iba a causar cheiros pero en Laxe de Rons si. Patetico.
Doutra banda e para rematar o ano tivemos a espantada de Touriño no Parlamento para non votar a favor de enviar o informe da Cidade da Cultura o fiscal e que sexa a xustiza a que investigue se realmente se cometeron delictos ou non. Parece ser que o argumento esgrimido polo Presidente de todos os galegos foi o de non xudicializar a vida politica. De ser certo esto, coido que debemos poñernos a tremer e empezar a cuestionarnos se realmente estamos nun reximen democratico ou nunca republica bananera, pois o que o Sr. Touriño esta a dicer e nin mais nin menos que os delictos que cometan os politicos non deben ser xulgados. Quero pensar que con esta actitude non estara a gardarse as espaldas suas ou de algun dos seus cara o futuro (hoy por ti mañana por mi)pero en todo caso, flaco favor se lle esta a facer a democracia con actitudes deste tipo. Os politicos, como calquera cidadan pero maxime neste caso que estan ai coa nosa confianza, deben ser os primeiros en dar e rendir contas pola sua actitude e comportamento e diante do menor asomo de ilegalidade deben ser os poderes publicos en poñer en mans da xustiza estas presuntas faltas. Aqui, todo o peso da lei cae sen ningunha vacilacion cun ladron de galiñas ou un trapicheiro, pero para os ladrons de luvas blancas e cuellos almidonados, levantase un muro de proteccion que para calquera democrata e moi dificil de entender. E si quen avala estas actitudes e por riba o teu Presidente, o asunto tornase xa preocupante.