23 de junho de 2007

Republica dos Cocos

Esta mañan contaronme unha historia que vos teño que relatar. Parece ser que fai uns anos (catro mais ou menos) houbo unha interesante e decisiva convencion entre tres paises: A Republica dos Blancos, A Republica dos Colorados e a Republica dos Cocos.
O conto é que nesta convención o voto da Republica dos Cocos era determinante para inclinar a balanza cara un ou outro lado e por eso o seu representante chesquia os dedos porque sabía que él era o obxecto do desexo.
Asi, reuneuse primeiro cos represenantes da Republica dos Colorados, os cales intentaron convencelo das afinidades que habia entre os gobernos da República dos Colorados e a Republica dos Cocos, que en definitiva decian, defendemos o mesmo. As cousas parecian que iban discorrindo moi ben: falaron de mercar auditorios, piscinas, de darlle un posto de alta representación o embaixador da Republica dos Cocos, etc. etc. . Nestas, uns dias antes da decisiva sesion donde debia votarse, o representante dos Cocos, acompañado do seu cansiño fiel, reunese cunha representación da Republica dos Blancos e estos, ofrecenlle o ouro e o mouro ( bueno, e eso digo eu Marina, o do mouro non o creo porque se levan moi mal con eles). O Chesquiador da Republica dos Cocos, pidelle unha proba de que van respetar o que lle estan prometendo, que quere unha sinal de que eso que lle din, se vai cumplir.
O mandatario da Republica dos Blancos preguntalle o dos Cocos que proba quere i este dille: Tedes na vosa Republica o gran Conselleiro de todos os xuizes. Eu estou agardando a resolución dun recurso que me foi desfavorable. Sería unha grande proba do voso poder, que ese recurso me fora favorable, desa maneira, eu acreditaria de vos e dariavos o apoio da Republica dos Cocos. Tamen preciso, que a este cansiño que sempre me acompaña, o dia que eu falte o coidedes e o manteñades como me manteredes a min.
Asi foi, os dous dias os grandes xuizes ditaron sentencia que, contra o que se pensaba, foi favorable para o representante da Republica dos Cocos. Dous dias mais tarde, celebrouse a decisiva votacion e o Representante dos Cocos votou a favor da Republica dos Blancos. Logo, co tempo, deixou de ser representante desta Republica pero quedou o seu cansiño fiel, que, en cumprimento do acordado, foi sempre ben coidado pola Republica dos Blancos, ainda que segundo me contaban, ate ultima hora sempre estivo o lado, axudando e protexendo o representante desa republica, que durante esos catro anos, non deixou de darlle de comer.
Esta foi unha historia que me contaron hoxe pola mañan, Non sei si será verdade ou non, pero, ,,,,, e si o fora.

22 de junho de 2007

A REPRESIÓN QUE “OFICIALMENTE” NUNCA EXISTIU


A REPRESIÓN QUE “OFICIALMENTE” NUNCA EXISTIU
As dificultades de investigación histórica dos crimes extraxudiciais do franquismo
(Os casos das comarcas deTabeirós-Terra de Montes e O Grove)

ACTO PÚBLICO NA ESTRADA

Venres 29 de xuño ás 20:00 na Sala Varela Buxán do Teatro Principal da Estrada
A REPRESIÓN QUE “OFICIALMENTE” NUNCA EXISTIU
As dificultades de investigación histórica dos crimes extraxudiciais do franquismo
(Os casos das comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e O Grove)


Dionisio Pereira (historiador e membro do Consello da Memoria), Xoán Carlos Garrido (historiador e membro do Consello da Memoria) e Antón Mascato (Presidente da Asociación pola Memoria Histórica e Concelleiro de Cultura en O Grove)


Diante da denuncia presentada contra Dionisio Pereira polo contido da súa intervención no Congreso da Memoria celebrado en Narón, en decembro de 2003, e publicada nas Actas no 2004; polas alusións que neste relatorio fai a “persoas sinaladas nos asasinatos e maltratos ou como instigadores dos mesmos” a unha serie de nomes de cargos da falanxe, todos eles falecidos, que o historiador recolleu das súas testemuñas orais, e cuxos familiares agora lle acusan de atentar contra o seu honor; compre facer unha reflexión pública sobre o papel da investigación histórica neste país e das dificultades que ten abordar certos períodos coa metodoloxía propia desta ciencia si se lle aplica a persecución xudicial e a censura.
Un novo caso de intervención xudicial nos traballos de investigación e difusión foi o acontecido no Grove coa páxina de Ramón Garrido (militante comunista falecido en 1998) que mantiña viva o seu fillo Fabién, dende Francia, atendendo á reclamación de familiares do sinalado como máximo responsable da represión franquista no Grove, e que foi retirada da rede por un Auto dun Xulgado de Cambados, sen escoitar á parte afectada.

Con este acto trátase de dar a coñecer a opinión pública as características peculiares do obxecto de estudo ao que non se lle pode impoñer os mesmos esquemas da realidade presente como se verá. Referímonos a represión informal desatada o 18 de xullo de 1936. Un contexto de excepción e unhas actividades nocturnas nas que se prestaba especial celo en borrar o rastro dos autores. Neste acto propoñemos mostrar exemplos de abondo deste xeito de proceder. De aí que non se poida ir moito máis alá de establecer relacións lóxicas en base a testemuñas fundamentalmente orais que apunten á participación en diferente grao dos membros destas organizacións paramilitares (Falanxe e Garda Cívica) na comisión de crimes que de xeito irrefutable se cometeron. Asi pois, polas características destes feitos estudados, ás veces non se pode ir máis alá de formular hipóteses nos termos expostos polo historiador denunciado, mais tampouco en ningún caso se pode pasar por menos, senón o traballo de investigación quedaría sesgado e incompleto e daría a impresión errónea de que foron forzas irracionais anónimas as que levaron a cabo estas accións. Algo contrario aos postulados de calquera ciencia que pretanda avanzar no coñecemento da realidade, propoñendo conxeturas que expliquen as causas e o funcionamento dun feito social desta envergadura e relevancia para comprender o noso presente.
Por iso queremos dar a oportunidade a opinión pública de saber como eran aquelas circunstancias e as dificultades dos investigadores de sacalas á luz; e, en definitiva, as graves consecuencias que esta denuncia ten para o desenvolvemento e progreso destes estudios e para a liberdade de creación científica.

21 de junho de 2007

O ventilador

Anda cabreado o noso Cachuli local e amenaza con poñer en marcha o ventilador. O escoitalo hoxe en Radio Arousa pareceume unha despechada, ou un energumeno, ou as duas cousas. Ä informacion adiantada por este blog fai xa unha semana da contratacion do seu sobriño e chofer, asi como dun familiar da emparellada, unese agora a noticia publicada no dia de hoxe pola Voz de Galicia da contratacion o dia antes de deixar o "trono" do irman do Tecnico Municipal de Urbanismo (o Aparellador para entendernos). A todo esto, a resposta de cachuli, todo cheo de rabexa e indignacion e que vai por en marcha o ventilador e aqui vaise salpicar todo mundo. QUE O POÑA, QUE O POÑA. En ningun momento negou que fora verdade o que se di nas införmacions deste blog e da Voz de Galicia, esta cabreado porque vese que se lle esta a descubrir a enganisada que deixou montada no concello.
Alguen que e capaz de facer estas cousas, da que pensar do que pudo ou podria haber feito a outros niveis. Hoxe comentabame unha amiga na fabrica que nunha rua de Ogrobe que se lle estan cambiando as aceras, estaba a poñerselle os bordillos de cemento e agora colocanse de pedra traballada. De ser certo o que di a miña informante, haberia que revisar si as obras que se estiveron a facer ultimamente neste concello responden o prego de condicions tecnicas co que foi aprobado e presupostado. Non vaia a pasar como cando se fixo a reforma do concello, que se presupostou cunha cupula de cobre e logo puxoselle tella curva.
Moito tera que empezar a mirar o novo goberno se non queren que lle crezcan os ananos debaixo dos pes. Non se trata de facer cazas de bruxas, pero unha elemental norma democratica pasa por facer cumplir a lei e, como comentaba unha colega noutro blog, situacions como a deste persoal de ultima fornada, o unico que intentan e perpetuar un sistema que, no momento de sair a praza eles xa estan dentro e so por puntos, cando non por favores persoais, levanna sempre eles, como a do Interventor Accidental, autentico Fred Astaire de bailarlle a auga a todos cantos pasaron polo concello. Por coherencia, esperemos que o baile lle remate xa.

20 de junho de 2007

Acto pola Memoria Historica en San Vicente


A Asociacion pola Memoria Histórica de O Grove comunicanos a celebracion na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, de San Vicente, O Grove dunha exposición do 22 de xuño ao 3 de xullo con horarios de visita os martes, xoves e venres das 4,30 ás 7,30. Sábados de 11 a 1 baixo o titulo "Lembrando a represión de 1936 na Illa de San Simón"

A inauguración terá lugar o venres 22 de Xuño, ás 21,00 horas e intervirán: Xosé Avelino Ochoa e Antón Mascato. A continuacion proxectarase o documental Aillados, de Antonio Caeiro.
O venres 29 de Xuño, ás 21,00 horas terá lugar unha Mesa Redonda na que intervirán Gonzalo Amoedo, Matías Rodríguez e Xosé Avelino Ochoa.

Memoria Historica

Subimos hoxe o cartaz anunciador da Mesa Redonda que o xoves 21 ás 20 horas terá lugar na Galeria Sargadelos de Pontevedra. Para os que se lle enche a boca todos os dias falando de non remexer no pasado e deixar as cousas como están, agradecerialle que, na medida do posible, leeran os cargos que se lle facían a moita xente. Todos eles foron presos, moitos sofriron desterro e alguns foron fusilados. Por si alguen tiña algunha dúvida, lembrarlle que o seu "delicto" foi permanecer o lado do goberno legalmente constituido. Aquí os rebeldes, traidores, sátrapas e asesiños, adicaronselle rúas, edificios e foron merecedores de prebendas e honores. Asi se escribe a Historia !!!!


19 de junho de 2007

Malos tempos para a extrema dereita local

Andan estes días moi deprimidos os destacados militantes da extrema dereita local. Son poucos e mal avindos, pero eso non lles impide estar moi encabuxados polos ventos contrarios que soplan no goberno municipal meco. Non lles chegaba que o Fabien Garrido, o fillo de Ramón Garrido, puxera unha e outra vez a Memoria do seu pai colgada na rede, perseguido por unha Xustiza que non é imparcial; e que os da Memoria Histórica se emperrenchen, unha e outra vez, en lembarnos os crimes que os antigos dirixentes falanxistas cometeron con veciños e veciñas de Ogrobe, que agora vense noutra que nunca tal pensaron. Vexamos o que queda daquela Fuerza Nueva de Blas Piñar: un notorio chamado Tipejo Callatetú, que mostraba a súa afección ás armas nos días do Golpe; e o fillo dun construtor local, máis preocupado en insultar a todo quisqui que na propia política, na que se mete só porque o vinagre férvelle na cabeza, e non ten outra cova na que agomitar. E pola outra banda da banda queda un descojonante personajillo que estes días nos daba a todos e a todas unhas leccións de democracia escritas con Fujas. Hai que amolarse con estes elementos. Este último, na súa vertente de escribidor e pretendida concencia crítica de Fredi Bea, podía contarlle tamén que lle pasou e que lle fixeron ao seu avó aquel terrible día de maio de 1948 . E arrea contra a unión dos votos da esquerda e do PG, chegando a dubidar da súa lexitimidade para gobernar, que a Virxe do Carme nos colla confesadas, xa que dende que el se ocupa dela, anda a probe anoréxica de milagriños, será "porque la Cofradía non nos axuda pa las fiestas". Non vos lembrades de cando o 23 de Febreiro do ano de Tejero, se presentou no cuartel para poñerse ás ordes dos funcionarios verderolos; ou cando se presentou ás eleccións e sacou menos votos que os membros da candidatura? Por eso non lle gusta nada a democracia, e ameaza con "coidadiño con tocarlle á Cruz dos Caídos, que non nos van coller desarmados". O carballudo publicador de insultos seica ten feita unha lista, con cargos, enderezos, teléfono e lugares de paraxe, dos que se moven no Grove pola banda esquerda e nos traballos da Memoria, para sacala cando estrenen "la camisa nueva". O notorio, Tipejo Callatetú, casado coa que foi "bordadora en rojo ayer", Maruja-Jefa de la Sección Femenina, seica é reincidente en estafas, cun caso anterior en Vigo, e agora encausado por unha (presunta) estafa a unha anciá, como din agora as pijas: es que te es mui fuerte!!, que o fedatario en quen a suciedade deposita a súa máxima confianza resulte máis falso (presuntamente) que Judas vendendo a Cristo sete veces, e dándolle de agasallo á súa nai, se fai falta… “te es mui fuerte, oyes!!!” e todo eso en Ourense, xunto co cura presidente dunha Fundación que fai o milagre de convertir as doazóns de velliñas en miles de millóns atracados (presuntamente), en fin outra boa peza. Máis información na Voz de Galicia . Seguirémoslle a pista a estes tres elementos da nosa sufrida extrema derretida local.

16 de junho de 2007

E agora.. TRABALLAR

Habemus nova corporacion. Dende hoxe, o pobo de Ogrobe vai ter unha nova corporacion municipal que, en principio, vai rexir os destinos deste concello durante os vindeiros catro anos. Moitas son as espranzas depositadas nesta nova corporacion que hoxe bota a andar. E non nos estamos a referir solamente a unha nova maneira de facer politica, mais cerca dos cidadans e mais alonxada dos grupos de presion, sobre todo cercanos o ladrillo, senon que estamos falando de cousas materiais que a xente vexa e perciba, porque desengañemonos, mentras non sexamos capaces de crear unha cultura diferente na sociedade, a xente seguirá vendo Gran Hermano, Salsa Rosa e A tu lado. Da mesma maneira, os veciños de Ogrobe so verán cambio cando vexan algo palpable: A piscina, o auditorio, o Centro de Saude, a rede wifi, etc. etc. A verdade e que calquera cousa que se faga (e hai moitas por facer) creemos que será moi ben recibido por unha poboación farta de pagar impostos (algo que se falou moi pouco ou nada durante a campaña, a pesar de ser un dos concellos que mais paga por habitante) e de non recibir nada a cambio.
Este novo goberno, ten por diante grandes retos: O eternamente inacabado vial interior de San Vicente, verdadeira obra de inxenieria de como non se debe facer unha obra (por morbo, pregariavos que contarades as curvas que hai agora). os problemas que veñen soportando os veciños da rúa do Conde co vial a Virxe das Mareas, a marxinacion dos veciños desta mesma barriada, as obras municipais que fai sempre a mesma empresa, as compras de material informático que leva sempre a mesma empresa (ainda que sexa mais cara) en perxuicio das outras, os contratos de ultima hora, o persoal que cobra do concello pero non se sabe si esta no concello e si o está non se sabe para quen traballa, a situación do mejicano, a do emulador de Pedro Jeta, etc. etc. Meus Deus a que vos espera.

Os vindeiros dias van ser moi interesantes. Creemos que imos ter choio abondo para informarvos de como está a situacion por dentro. Que e o quen que se atopan os novos concelleiros. Entramentras, estou segura de que os MMM de sempre van intentar mandar o tiro por outra banda. Van falarvos dos liberados, que si son moitos e si van a arruinar o concello .Eu, persoalmente seria partidaria de que todos os concellais con responsabilidades de goberno tuveran un sueldo decente, entre outras couas para poder esixirlle que a sua concellalía funcionara. Sou conscente de que mentras hai que comer todos os dias, precisaremos un xornal, e que o que traballa hai que pagarlle. E nun concello como o de Ogrobe, destinar o 1% dos seus orzamentos para pagar os concelleiros, e, perdonademe a expresion, pecata minuta. Grande erro cometen se so liberan a tres concelleiros. Como van os demais concelleiros con Delegacions a atender as suas: Mal e a rastro. E Ogrobe precisa atención e que se volquen en conseguir cousas: No centro de dia, para liberar as familias durante a xornada laboral, para xestionar os problemas de emerxencias e seguridade local, para xestionar as moitas eivas en cultura, etc.etc.
Sei que o que estou a dicer vai levantar controversia entre moitas lectoras e lectores do blog. Sei que vai haber para todo e os mais van darme "badana" de lo lindo. Pero intento ser consecuente co que digo e o tempo creo que , mais cedo que tarde , haberá darme a razón. Nada se lle pode esixir a un concelleiro que ten que traballar na sua empresa e aparte adicarse o concello. Eu persoalmente quixera que durante os catro anos que vai estar no concello, si ten algunha delegacion, que se adique a ela en corpo e alma e que presente resultados da mesma a cidadania.
Creo recordar que era na corporacion saidas do ano 1991 cando Manuel Benavides, electo concellal do AVI e membro da equipa de goberno decia : "AVI comprometese a non percibir ningun sueldo do Concello". Do outro, non falou nada. Para os bos entendedores, sobran as palabras (e as letras).
Nos proximos dias falaremos tamen do futuro de Cachuli, que eso si que vai ser guapo.

14 de junho de 2007

Grazas

Esta mañan levantamonos coa nova de que La Voz de Galicia falaba dos blogs que sobre temática municipal se editan en Ogrobe - Cousas de Ogrobe , Cartas desde Delfos e este que é tamen o voso, Xarabal. Debemos estarlle xa que logo agradecidos, e é unha gran alegría e un motivo de animo para seguir adiante, polo menos para esta vosa servidora, que o traballo destes blogs salga mais ala que da propria rede. Tal e como reza o encabezamento deste blog, intentamos ser un lugar de encontro para tod@s aquel@s que cren na esperanza e que apostan por un pobo mais humano e solidario e o recoñecemento que hoxe nos fai La Voz de Galicia animanos a seguir neste camiño que encetamos, pola nosa banda, van ala xa 5 meses.
Moitas grazas a todos aqueles que nos siguen día a día, cas súas criticas e as súas aportacións, de maneira moi especial a Éscévola, fameneghra, Anton Mascato, Carlos Lema, camipla, conroibo, a lexion de anónimos, etc. etc. e tamen a todos aqueles - a maioria - que nos leen ainda que non participen dos comentarios. Que non se corten e participen, xarabal, somos todos e entre todos podemos - imos - axudar a facer un mundo millor.
Grazas a moit@s anonim@s veciñ@s que me facilitan información que de outra maneira sería imposible que tiveramos coñecemento dela. Grazas por partida dobre porque en moitos casos estiveronse xogando o posto de traballo e nalgun caso, algo mais.
Grazas a meu compañeiro (o "arrexuntado") pola moita pacencia que ten conmigo, polo seu apoio, polas súas apreciacións e a súa mesura, por aturarme.
Grazas por estar ahi, aqui, na rede. Porque xuntos podemos. Grazas e Sempre Avante

13 de junho de 2007

Sentidiño

Lemos na prensa de hoxe (cando falo de prensa, no caso de tratarse de Ogrobe, estou a referirme a periódicos ou radios cun minimo de credibilidade profesional, non a panexíricos nin a panfletos escritos o dictado) que por fin parece ser que xa hai acordo para que o PSOE,BNG,PG e EU teñan a responsabilidade de gobernar Ogrobe a partires do dia 16.
Polo que estuvemos lendo e escoitando estos días, o parto parece ser que non foi cousa fácil e esta servidora ten que recoñecer publicamente - e asi o manifestei - que non daba un peso por el. O final, parece ser que na decision do PG, que era a chave para acadar esa maioría absoluta, pesaron mais as promesas da Xunta de Galicia que as do Rabizo, e que o candidato do PG deberonlle de parecer máis serios os argumentos das 3 forzas de esquerda que os que lle pudo amosar Cachuli. Ou que pensou tamen na que pode vir nos proximos meses como consecuencia das investigacions que ten en marcha a Brigada de Delictos Urbanisticos e non queria que o collera ese touro ..... ou en todas elas xuntas, ide vos a saber.
O certo é que os intentos e presions públicos e privados que me imaxino tivo de soportar Fredi Bea (o ultimo deles por medio dun artigo publicado onte que, coñecendo quen o escribe, o menos que da a sua lectura, son nauseas), tiveron que ser tremendos. Dende entornos de supostos amigos, ate me imaxino, o entorno familiar, pasando por unha rebaixa considerable do que podria cobrar nun ou noutro sitio non foron quen de facerlle cambiar de opinion. Unha quixera seguir pensando (de verdade que o creo) que nesta decisión non pesaría para nada ningún tipo de favor persoal/profesional para ningun compañeiro de candidatura. Mais que nada, polo que diran.
Outros que tamen tiveron que aguntar do lindo nesta ocasion, ainda que estos xa deben de estar curados destas batallas (ou como di meu compañeiro "xa temos caio" son os do BNG. Teño que dicer que en algun momento pensei que non os querian no goberno, pois a vista das Delegacions que lle daban, mais ben parecía que lle estaban decindo que non aceptaran. Dicideme sinon, se non é para escapar, que, coa que está caindo, che dean a concellaría de Urbanismo, ou a de Comercio, que leva consigo o Mercado e co conflito latente das regateiras e a Confraría (¿pero non é o Patron Maior o padriño intelectual e politico do alcalde ?, a que xogan esos ). Pese a todo, e nun exercicio de responsabilidade e - de ser certa a noticia - de intelixencia politica, parece ser que a Asemblea Local do BNG apoiou os seus concelleiros para seguir adiante con este goberno. Dicia un comentario neste blog fai uns dias (penso que antes da Asamblea do BNG o martes) que se o BNG rexeitaba a entrar no goberno, seria un suicidio politico. Do pouco que coñezo a esa organización - meu compañeiro e militante - sei de boa tinta que esa apreciación non pesa para nada nas valoracions do BNG . A vista está que cando o BNG se tivo que pronunciar pola capitalidade de Galiza, os concelleiros de A Coruña defenderon publicamente a necesidade de que fora Santiago de Compostela, ou mais perto, a infranqueable oposición a celulosa de ENCE dende o goberno local do BNG de Pontevedra, so por citar dous casos significativos. A bon seguro, que na decision da Asemblea do BNG pesou bastante mais a oportunidade historica que se presenta para o pobo de Ogrobe de cambiar as cousas, de facer un pobo millor, mais habitable, lonxe da especulacion, do amiguismo, do enchufismo e do despotismo, en definitva, un pobo mais saludable.
Os cantos de serea de alguns xuntaletras mintireiros, os agoreiros das sete plagas, os inquisidores de baixa estrofa, os aprendices de entrenadores metidos a aprendices de bruxo, en definitiva os derrotados, non poderán acabar ca ilusion que 3647 cidadans depositaron co seu voto nas catro candidaturas asinantes do acordo. Magoa pensar que a cortedade de miras de alguns, o infantilismo politico e os problemas de orde persoal, que nunca deben sair da esfera privada, impediran que este acordo se completara totalmente ca incorporacion da Alternativa Meca pois sigo pensando que os postulados defendidos por esta organizacion estan mais perto do goberno catripartito que do PP. As forzas do próximo goberno non deberan escatimar esforzos para xuntar mais cidadans arredor deste proxecto ilusionante. Como decia aquel lema da Fronte Sandinista "Implacables en el combate, generosos en la victoria". Pois eso.

De funcions e funcionarios

Ai que ver o rebumbio que se montou no mundo funcionarial do axuntamento co que está a sair en alguns medios (entre eles este blog) polo tema dos funcionarios do concello. Eso mais que una oficina pública parece o camarote dos irmans Marx. Até parece ser que se queria por en marcha unha conspiración do silencio co fin - de algunha maneira - facerlle fronte os que poidan entrar a partir de sábado, e que algun/as poidan seguir mantendo os seus privilexios.
Afortunadamente, todavia quedan funcionari@s que entenden que se deben os veciños e non o politico de turno. Asi, o meu informador ven de comunicarme, e que lle sirva de comunicación os novos concelleiros si e que len este blog, que estean o loro e revisen os contratos que nos ultimos días Cachuli ven de facer no concello. A este elemento, como non pudo meter a todo Dios por medio de oposicións "daquela maneira" agora meteos por "Real Dedetro" (non e un erro, polo dedo). Asi, os novos concelleiros poden revisar o contrato do fillo da EMPARELLADA, formalizado o 5 de xuño (esta ainda en periodo de proba) como conductor. Poden tamen mirar o contrato do seu chofer e sobriño realizado nas mesmas datas e por identico tempo. Dende logo os novos responsables do Concello teñen unha boa maneira de demostrar que realmente queren facer as cousas coa lei na man e traer un pouco de transparencia e limpeza a este comcello que boa falla fai ......... aparte de decirlle os funcionarios que están o servizo dos veciños - que son quen realmente lles pagan - e non o servizo da muller ou do home que cada catro anos se senta no sillon do concello. Sería o xusto e correcto.

12 de junho de 2007

Politicamente incorrecto

Contame o meu compañeiro e pai da miña filla que acaba de enterarse de que os "democratas" Kaczynski, irmans xemelgos que mandan en Polonia e que son os lideres do partido PIS (non é de coña) estan preparando un proxecto de lei para sacarlle a paga que perciben os cidadans polacos que loitaron contra o feixismo na Segunda Guerra Mundial e nas Brigadas Internacionais
durante a Incivil Guerra Española, baixo a acusacion de que esa xente "queria o comunismo". Eu que sou lectora habitual de periódicos, teño que recoñecer que non me habia enterado desta
noticia, será porque se lle deu pouca publicidade, xa que os "democratas" irmans teñen moi boa prensa no mundo occidental e ben pensante, non en van estan acusados polo Parlamento Europeo de ser un dos paises donde a CIA tiña carceres secretas e non pasa nada. Esta xente son democratas e cristianos (non en balde veñen de aquel sindicato do Vaticano chamado
SOLIDARNOSC e que tantos apoios tiña nas clases ben pensantes deste e doutros paises. Aqui, se queres triunfar, e facer esas barbaridades como a dos xemelgos polacos (os mesmo que obrigan a poboacion a demostrar que non foron nunca simpatizantes comunistas, para poder ocupar un cargo publico) tes que ser "democrata", ultracatólico e politicamente correcto. Senon, estas condenado o averno da postracion, do insulto (Chavez, Castro, etc. ) , da calumnia ou do esquecemento. Menos mal que neste mundo tan light ainda queda algunha voz "politicamente incorrecta", de ahi que reproduzcamos este artigo de Xose M. Beiras, aparecido no xornal "Galicia Hoxe".

XOSÉ MANUEL BEIRAS
de catro a catro
Violencia e democracia
Eu debo de ser algo meigo. Sen pretensións de tal, pola contra: ben ao meu pesar. Dígoo porque ainda hai poucos días que puña por escrito sombrizas matinacións miñas encol do retorno do "yeti" a un ermo corral celtibérico "nublado e avesío como se comezase unha longa noite de invernía" -reproduzo literalmente a mantenta. Aclaro, para os afortunados que non me leran, que me refería ao retorno do "abominábel home franquista das neves", a unha "nova metamorfose que enmascara ao fascismo que a miña xeración combatera na encarnación anterior desa besta que transmigra sen alma." De xeito que hai ainda poucos días, digo, que andaba eu a cismar nesas soturnas matinacións. E veleiquí que hoxe mesmo ven de aparecer na escena a outra cara da moeda: disque a ETA vai interromper a sua tregua. Ben sei, interrompéraa de facto co atentado de Barajas que lles custara a vida a dous infelices inmigrados sulamericáns, inocentes vítimas imprevistas desa acción. O exército ianqui chamaríao "danos colaterais", pero iso non val de excusa en ningún caso: causar vítimas inocentes é un crime, calisquer que sexan o autor e a intencionalidade. Mais, ao caso, agora non se trataría dun episodio incidental, senón da decisión de cancelar o alto o fogo, ou sexa, reanudar as hostilidades -dito co horripilante léxico dos odiosos asuntos bélicos. E xa temos reactivados os dous polos dun conflito no que están en xogo tres valores para min cardinais: vidas humanas, paz e democracia.
Tentarei espricar este meu prantexamento do problema -e do drama. É dicir que tentarei exercer o raciocinio, con tódolos riscos que conleva. Primeiro, por qué falo de dous polos e dun conflito, no canto dun foco de violencia unilateral. Vaiamos á historia. Porque se trata dun conflito incubado na historia do Estado español e situado nas relacións políticas antre ese estado e os povos inseridos nil. Un conflito antre suxeitos de soberanía política con vontade de exercérena e o estado que llelo impide. Unha caste de conflito que non é peculiar nen inda menos exclusivo de celtiberia. Pola contra, é frecuente na historia da humanidade, e en concreto na de Europa. En moitos casos resolveuse, noutros non. Mais resolveuse sempre políticamente, ou sexa, meiante fórmulas políticas, como conflito político que é. Ás veces pacificamente, outras con violencia de por meio. Mais sempre, ao cabo, meiante procesos e fórmulas políticas que levan tempo inventadas: figuran nos tratados de teoría do estado e están ao alcanzo da leitura e comprensión de calquera. Pacíficamente resolvéronse no caso de Noruega e Islandia, que hai cousa de un século inda formaban parte do Reino de Dinamarca. Ou no caso do Flandes e a Valonia, hoxe artellados dentro da pequeniña Belxica cunha fórmula federal. Ou de Eslovaquia e Chequia, hoxe estados independentes por pacífica secesión da Checoslovaquia. Con violencia bélica naceron os actuais estados escindidos da "antiga" Iugoslavia, que xa era unha república confederal, e inda así desintegrouse -coas benzóns de tódolos estados da moi democrática Unión Europea, incluída a integrista celtiberia aznarista. Ou, enfin, no consabido, pero non aprendido, caso de Irlanda, cunha longa historia de violencia -que os ingleses chamaban terrorismo cando a exercían os irlandeses e intervención militar cando iles reprimían as pulsións independentistas.
É, portanto, un conflito entre dous polos, cunha tensión dialéctica que só se resolve por unha destas dúas vías: ou ben o proceso democrático que se basea no recoñecemento recíproco dos suxeitos en conflito e se soluciona coas fórmulas da independencia ou do pacto federal, ou ben a sumisión ou o exterminio -político- do suxeito que carece de aparello de estado proprio -pois non esquezamos que o Estado defínese como titular exclusivo da violencia "lexítima". No caso do Estado español, ese conflito xenérico ten históricamente tres manifestacións bipolares específicas, cos povos galego, catalán e euskaldún respeitivamente. Son diferentes entre sí en morfoloxía, traxectorias, etioloxías e dimensión sociopolítica. Mais son iguais no cerne, son o mesmo conflito: o conflito identitario de tres povos distintos co mesmo estado que se nega a recoñecelos como suxeitos de poder político.
A violencia etarra é unha derivada dese conflito. Unha derivada perversa, en termos dos valores cardinais que xa enunciei -vida humana, paz e democracia. Mais, con todo, derivación dun problema político non resolto conforme á sua índole, é dicir, con fórmulas da teoría do estado baseada en postulados democráticos. E aí reside o máis espiñento da custión. Porque está lexitimado para reprobar a violencia etarra quen profese e esteña disposto a praticar principios democráticos tais como o recoñecemento da identidade dun povo que non é o seu, da sua condición de suxeito titular de soberanía popular -democrática, literalmente- e do seu dereito a decidir democrática e pacíficamente o seu destino - "selfdetermination", autodeterminación, di a Carta da ONU. Mais, en troques, ¿está lexitimado quen non asume eses postulados, négalle eses dereitos e impídelle decidir por sí mesmo, convirtíndoo colectivamente en súbdito sometido a un poder imposto pola "violencia institucional" ou pola decisión política de outros?
Voltemos á historia. Á máis recente, a que colle na peripecia vital da miña xeración, a que podemos testemuñar porque foi vivida por nós e temos portanto memória vivencial dela. ¿Cándo nace e comenza a actuar ETA? Durante a Longa noite do fascismo franquista que nacera consumando un xenocidio e índa remataría matando cidadáns indefensos en Ferrol ou Gasteiz, asasinando a avogados de obreiros en Atocha, executando a loitadores antifascistas mentras agoniaba o "yeti". Daquela ETA non asasina: axusticia a esbirros ou xerifaltes dun rexime criminal, como fixera anos antes a guerrilla antifascista galega dos Foucellas, Ponte ou o Piloto. Asi o consideran e até celebran tódolos pacíficos cidadáns demócratas de entón. Ou é que xa esquecimos todo iso? Esquecimos que a cidadanía exercente como tal reclama unha rotunda creba democrática con aquel rexime e cos inquilinos todos do seu aparello de poder? Esquecimos que os cidadáns reclaman facer táboa rasa do franquismo e abrir un proceso constituínte de abaixo arriba, con proclamación do dereito de autodeterminación dos povos peninsuares e proposta dun pacto federal-confederal para artellárense como suxeitos soberanos nun estado plurinacional? Lembrámonos, ou padecemos amnesia, ou temos medo a rememoralo, ou falabamos de mintira cando o diciamos e asinabamos en documentos políticos clandestinos? E lembramos a qué ficou reducido todo iso? Aínda no ronsel do "ano da memoria" que a actual dereita española tentou sufocar, ¿lembrámonos ou non? O dereito de autodeterminación ficou excluído da Constitución, as identidades nacionais dos que non somos españois de nación tamén: a solución do histórico conflito identitario ficou adiada. Segue adiada. É máis: boicotéase a priori calquer reforma constitucional, persíguese inquisitorialmente calquer leitura non inmobilista da "carta magna", como as sagradas escrituras antes de Lutero. Pior aínda: nen sequer se toleran avances dentro do marco constitucional vixente. A reforma do estatuto vasco aprobada pola sua cámara de representantes, alcuñada de "plan Ibarretxe" para matar ao mensaxeiro, foi botada -sí, con be- das cortes españolas a pontapés. A reforma do catalán, aprobada con virtual unanimidade polo Parlament, foi demoucada na cámara española e, inda así, difamada e denunciada logo polos abominábeis das neves perante o santo oficio. A reforma do galego foi boicoteada e torpedeada por eses mesmos sen deixarnos chegar sequer a debatela na cámara dos nosos representantes. O benintencionado presidente do actual goberno español foi sistemáticamente acosado, abourado e chantaxeado por tentar dialogar a prol dunha solución política para a pacificación de Euskadi. O alto o fogo de ETA foi correspondido co recrudecemento do acoso político e xudicial á esquerda abertzale. Os indispensábeis interlocutores políticos, aos que se reclamaba que se desprendesen do brazo armado e optasen pola vía da democracia institucional, foron expulsados da ágora e encausados cos pretextos máis inverosímeis. As listas eleitorais de orgaizacións alternativas sen pasado anterior á tregua foron escandalosamente "cepilladas", como podería decir "el Canijo", con absoluto desprezo dos dereitos constitucionais dos non-natos candidatos que figuraban nelas. Curros, se vivise aínda, escribiría: "se iste é o estado de dereito que eu fixen, que o demo me leve" -e sería excomungado outra vez, sabedes ben por quen, e outra vez tería que partir para o exílio, outra vez para Cuba e, o que son as cousas, outra vez sería ben recibido alí.
A marcha atrás de ETA, ou a sua volta ás andadas, é unha traxedia. Unha traxedia política inda que non leve á prática unha reapertura das hostilidades. Unha traxedia humana, ademais, se o fai. Manteño a miña reprobación á sua violencia. Mais eu profeso e practico os postulados democráticos que tornan ilexítimo o recurso á violencia no canto da negociación en percura de solucións políticas pacíficas. En troques, os que obstruen ese camiño cívico, os que obscenamente invocan constitucións e democracia para convirtilos nunha farsa tráxica, eses son moral e políticamente tan responsábeis da violencia coma os que a practican nunha deriva perversa dunha reivindicación política en sí mesma lexítima -nunha insensata reacción simétrica, coma nun espello infernal, ao eterno retorno do yeti.

11 de junho de 2007

Funcionarios

Enterome pola prensa que os funcionarios do noso concello andan enfadados polo que delas se di nos medios de comunicacion (supoño que, modestamente, tamen se referiran a este blog) e que eles non fan nada malo, pois por non facer, fai moito tempo que non dan licenzas de obra.
Non sei canto persoal traballará no concello de Ogrobe pero supoño que non serán menos de 200 entre unha cousa e outra. Veño de revisar os artigos do blog dende fai un par de meses para acá, e só atopo comentarios (nunca insultos - faltaría mais -) contra un reducido e privilexiado grupo de funcionarios, case todos eles membros da oficina de urbanismo. Eu non sei se considerarán un insulto poñer negro sobre blanco o que e unha percepción - ou sexa que unha funcionaria da oficina de urbanismo sexa a muller dun promotor, será legal, pero ético, a verdade non mo parece e xa se sabe que a muller do Cesar non só debe ser honrada, senon que debe de parecelo. En canto o resto das aludidas ou aludidos, que lle pregunten os veciños de Ogrobe que penson dos homes dos bigotiños ou que alguen nos conteste cantas denuncias ten tramitadas en firme no ultimo ano o atleta fotógrafo.
En realidade, e como me comentaba onte o meu compañeiro, non sei se eses FUNCIONARIOS non estarán mais preocupados polo que lle pode cair a partir do dia 16. Sen o paraguas/apio de Cachuli e cunha persoa que meta o fuciño e poña no seu sitio o técnico municipal, unido o que xa está investigando a Policia Xudicial, o papel de algunha funcionaria pode ser moi embarazoso e poden sair o descuberto cousas que ate agora estiveron soterrados, como expedientes sen resolver, sancions que non se executan, informes que non se corresponden, etc. etc. Os proximos tempos parece que van ser farturentos en novedades dese departamento.
Valiente traballo lle queda os novos rectores que poidan entrar a partires do proximo sábado. O pobo de Ogrobe precisa de unha rexeneración democratica e cidadá que traia de novo a ilusion e as ganas de tirar para diante a este pobo que, como non nos cansamos de dicer, levar 8 anos de apatia total. O reto queda lanzado.

6 de junho de 2007

Los Liantes

Alo polos anos 80 fixo época unha pelicula dos inefables Pajares e Esteso que se titulaba "Los Liantes". Estos pardillos eran dous elementos de coidado que o final sempre resultaba que acababan - permitideme a vulgaridade - cagandoa.
Neste pobo dos meus amores, tamen temos uns liantes. Son eses homes que baixo diferentes formas (IG,PG,AM, etc.etc.), se adican a deixarse querer durante 15 dias despois das eleccions, para, a hora da verdade irse o altar co galan de turno que é quen de poñerlle piso, coche e sueldo. Eu dende a miña iñorancia, penso que os partidos de esquerda de Ogrobe, ben por inxenuidade ou por constancia, sempre pensan que van ser eles os que o final leven a noiva o altar. Craso erro, non se dan conta que a noiva o que está a facer con estas manobras de achegamento-distanciamento e facer que o que finalmente a leve o altar lle suba a dote e desta maneira se consigues tamen colocar a algun sobriño ou achegado e que pague o noivo todo, millor que millor. Hai que mirar polo familia, !!!.
Deixandonos xa de coñas mariñeiras, teño que amosar a miña indignacion polo que estou vendo e lendo estos días: Que si che poño un sueldo de 6000 €, que si vou traer todas as inversions do mundo a Ogrobe, etc. etc. (por algun momento pensaron os invitados a mesa do PP que , o millor e moi probablemente o Rabizo non vai recuncar na presidencia da Deputacion), e, despois, que vai pasar cas suas promesas ???
E que acaso esa xente que se presentou como abandeirados de Ogrobe, lonxe de ideoloxias e de intereses espureos queren aparecer tamen na lotada da nosa Malaya particular. Que vai facer ese persoal si se chega a procesar a Cachuli e compañia - algunha desas noivas debe saber de que vai a cousa, pois xente da sua Agrupacion e imaxino que ela mesma tamen presentaron no seu dia denuncia diante da fiscalia - . Verdadeiramente lamentable.
Ogrobe non merece este espectáculo. Sempre a mesma cantinela despois de cada eleccion. Si en algo queren a este pobo, si están porque Ogrobe recupere o tempo perdido nestos 8 anos, si queren que Ogrobe deixe de ser noticia so por Prestiges, escandalos ou corrupcion, pedirialle a esas "noivas" que deixen de marear a perdiz, que se arrexunten , se queren, e que arrimen o lombo para axudar a construir Ogrobe que nos prometeron durante a campaña. E certamente, non e do brazo de Cachuli e compañía donde se pode conquerir eso.

1 de junho de 2007

Iceberg

Anda Ogrobe revolto. A noticia adiantada por este blog nesta madrugada causou unha profunda conmocion no pobo, afeito a que aqui se fagan autenticas barbaridades pero que a hora da verdade nunca pasa nada. Parece que desta volta a cousa vai en serio e o noso Cachuli local (antes Ned Flanders) esta, como se di vulgarmente "cagadito". Moitos veciños dician hoxe porque esta operacion non se fixo fai 15 dias, ou sexa antes das eleccions. De todas as maneiras, ainda que so se fala dos Raeiros esta que vos escrebe pode asegurarvos que o caso Raeiros e unha minima parte do que se está a investigar, de ahi que algunh@s funcionari@s do concello estean realmente acojonados pois a todos lle ven a memoria a operacion Malaya e cousas similares. Eles sabran porque estan tan preocupad@s.
Alguns haber como van a explicar esos aumentos do patrimonio, totalmente iloxicos cunha nomina. E dende logo non lle vai valer o recurso de poñelo a nome de outra persoa pois eso xa o fixeron en outros sitios e iso so valeu para meter na allada a mais xente. Quen lle iba a decir o colega de Cousas de Ogrobe que a Pantoja local podia acabar outra vez da man do seu Cachuli. Ate nesto Ogrobe ten un pararelismo similar o de Marbella.
Como vos decia, esto non fixo mais que empezar. Dentro dunhas semanas ou uns meses, van ter que pasar polo xulgado para declarar alguns funcionari@s do Concello con Cachuli a cabeza, asi como os restantes membros da familia Simpsons que coa sua sinatura permitiron este estado de cousas en Ogrobe. Ese sera o momento cando algun ou algunha se cagará pola patita e cantará como a Pantoja. O que ven a continuacion nesos casos xa o sabedes todas. O noso Alhaurin particular, chamase A Lama.
A estas alturas do conto, gostariame saber que é o que pensa e di agora a persoa que asegun ela, mais sabe de urbanismo en Ogrobe, a socialista de toda la vida que lle daba igual pactar coa dereita que coa esquerda, a mesma que salia hoxe retratada con Cachuli no periodico do Mentireiro. Algunhas veces, os bombeiros son incapaces de apagar os fogos, sobor de todo, cando eses fogos son iniciados por eles mesmos. A/0 que queira entender, que entenda e que valora en que xardin está metido.

Xa estan aqui !!

Contame un paxariño, que nunhas horas vai sair publicado no xornal de mais tirada de Galiza, unha informacion que dende este blog vimos adiantando fai xa tempo. En concreto, tratase dunha investigacion que a xustiza esta a facer no concello de Ogrobe sobre determinadas actuacions urbanisticas, entre eles o tantas veces denunciado caso Raeiros e, esto é o chamativo, sobre a actuacion de alguns funcionarios municipais con Flanders a cabeza ainda que a estas horas, algunha querida funcionaria (ou e unha funcionaria con querido) e mais algunha outra empregada na oficina de urbanismo e que o home Alumbra como promotor immobiliario (dios, vai maridaxe) e que para colmo de males ten un familiar directo como promotor inmmobiliario pola zona da Comunidade Valenciana.
A bon seguro que a estas horas, os dous homiños do bigote están cunha descomposicion que non se menean. Non é para menos. Eso de sentir o alento da Policia Xudicial enriba tua, debe de amolar un pouco, pero, si leran este blog e se fixaran no que dicimos, a estas horas deberan estar ben surtidos de dodotis e de papel hixiénico.
O sorprendente desta historia e ver como reacionan agora algunhas que, ate onte non tiña nengun reparo en pactar con Flanders, deixando de lado e esquecendo quen é o autor do PXOM que tantos votos lle deu a ela. Con que cara se pode presentar agora esta muller. Millor seria que voltara para o armario.
De todolos xeitos e curioso como, unha vez mais e xa van moitas, volvemos a ser noticia nacional polos escándalos. En eso sempre somos numero 1. Deciamolo en outros artigos publicados o longo destos dias e faciamos fincapé na capacidade de traballo, de innovacion e na honradez das xente de Ogrobe.
Os resultados nas furnas foron os que foron e unha vez mais, e a razon e terca, o tempo, e espero que os xuizes, poñen a cada un no seu sitio. E un dos problemas - ou riquezas - da democracia.