10 de dezembro de 2007

Jana de leria

Levabamos uns dias tranquilos, cousa rara neste pobo, e resulta que para animar o cotarro salta o Rabizo os medios para poñer a caldo o concello de Ogrobe pola suposta indefinición do governo municipal no tema do campo de futbol das Lampans. Polo que se ve, este home debe ser un enamorado perdido do deporte rei, pois dada a cantidade de campos de herba que a deputación está a facer en toda a provincia, ou fanlle moi bon prezo a empresa que os monta ou xa non sabemos nin que pensar. De todas as maneiras, parece ser que no caso concreto de Ogrobe, e segundo declaracions do noso alcalde, "no la querian meter dobrada" dito asi en linguaxe coloquial, xa que para facer as obras como quería a Deputación, o concello debería desembolsar case medio millon de euros,e parece ser que non estan as arcas como para tirar a casa pola ventá.
Claro que o noso alcalde, poderia aproveitar para preguntarlle o Rabizo se pensan rematar a carretera de San Vicente-Ogrobe algun dia,pois moito me temo que con 4 traballadores por moita vontade, gañas e horas que lle poñan, non van a acabala no próximo qinquenio. O millor, "como agora non governan os nosos", xa non ai apuro para acabar algo que leva mais de 4 anos a voltas. De paso, poderia decirlle tamen que tipo de criterios usa a Deputación para que a alguns veciños se lles obrigue a retirar o muro o seu cargo e fanllo poñer a escasos 90 centimetros da fachada da casa (se dades unha volta por Reboredo, veredelo). Por outra banda, nesa mesma carretera, a casa dun destacado militante do PP, pai dun concelleiro da actual corporación, non solo non se lle toca a unha pedra do muro, senon que se varia a linea das aceras e se saca mais a carretera. Esto podedelo ver en Campos, e penso que os carballos non vos impderian ver cal e a casa da que falamos. Esta e a igualdade que imparten os do PP. Como nos millores tempos do difuntiño.
Claro que postos a preguntar, tamen lle poderia preguntar pola carretera de Meloxo, pois se nos queixamos que na de San Vicente estan a traballar so 4 homes, na de Meloxo fai meses que xa nadie traballa ali. Tres carreteras ten a Deputacion en Ogrobe: A de San Vicente, a de Meloxo e a da Virxe das Mareas. De todo canto pasou nesta ultima e de como quedou, xa tod@s as veciñ@s de Ogrobe o coñecen. Estas cousas pasan dende que Rafael Louzan é presidente da Deputacion de Pontevedra, e as veciñ@s de Ogrobe, deberiano de saber.
Da piscina prometida, case millor que non se lle pregunte nada, pois igual lle entra a risa floxa e temos que levalo o medico, pois eu, o igual que moitas veciñas deste concello nunca acreditamos daquela promesa electoral de que "si ganan os nosos", haberia piscina na Lanzada. O igual é que o home se referia a praia, ide vos saber.