24 de março de 2007

Menos mal que nos queda ....

Dicia unha cancion de Siniestro Total: Menos mal que nos queda Portugal. Aqui, eu debo dicir, menos mal que nos queda ... o BNG. E digo esto, porque veño de enterarme estos dias pola prensa, que este grupo politico ven de presentar un novo recuros, previo o contencioso administrativo contra das oposicions para nomear unha Arquitecta Municipal. Xa vos habia contado nun anterior artigo das bases da convocatoria desta praza, moi "sui generis" o gusto e praze do nos alcalde e que habian sido recurridas en tempo en forma polo BNG, contestando o concello so a unha das reclamacions ... e si non estas conforme, vaite o Xulgado.
Pois parece que por esta vez, os do BNG non van deixarlla pasar e vaN ir o Xulgado. O triste do asunto, e que cando se dirima esta caso, e a vista dos feitos o xulgado diga que hai que cambiar as bases, non lle pase, ABSOLUTAMENTE NADA os que fixeron esta CACICADA e iso que foron advertidos, do que facian.
Vaia logo por diante a miña felicitacion a xente do BNG por esta iniciativa. Hora era de que se lle empezara a por freno a todos os niveis os desmans deste persoa. Seria interesante que se confirmara se xa foi entregada a fiscalia a informacion de algunhas obras que podrian levar ate A Lama os retores da Casa do Corgo. É hora xa de por un pouco de decencia e cordura na vida municipal.

11 de março de 2007

Caciques !!

Disculpademe por ter deixado tan de man o blog durante estos dias, pero como primeiro e a obligacion que a devoción, puderon mais atender o meu sogro no Hospital que a posta o día do blog (ainda que esto si que é para min e para moita xente que me envia correos, unha obriga moral).
O certo é que acabo de aterrizar e alguen me comenta a noticia de que o concello ven de convocar unha praza de Arquitecto Municipal. Por fin !! dixen eu , vamos a acabar con "el Técnico Municipal" (xa me entendedes, o do bigotiño). Pero vai e un paxariño contame que a oposicion esta mais amañada que o naipe co que xogaba Al Capone. Vaian ahi algunhas perlas :
1) Din que é unha praza a tempo parcial de duracion determinada pero non din por canto tempo!! (Seria o que determinara o mandamais de turno - o do bigote ou o alcalde -
2) O Tribunal que vai xulgar esta praza, esta composto por 6 persoas a saber : O alcalde, 2 tecnicos designados polo alcalde, un designado pola oposicion, un polo Colexio de Arquitectos e outro polo Comite de Empresa- CARALLUDO. Asi llas poñian a Enrique VIII. Resulta que en todas estas convocatorias, a lei obriga a que un dos vocais sexa designado pola Xunta, pero Nell Flanders coma sempre que lle conven pasase a lei polo Arco do Trunfo.
3) A guinda das cacicadas ponna o apartado de Valoracion de Meritos. Para aqueles arquitectos que traballaran na Admon. Local danlle 0,25 puntos por mes traballado, pero si traballou no Goberno Central, na Xunta, na Deputacion ou nunha empresa privada, grande ou pequeña, SO LLE DAN 0,01 puntos !!. Pensamos que na convocatoria os mandamases de Ogrobe, so quedou por poñerlle en que concello debia haber traballado antes a persoa que van a elexir (que vai ser unha muller, xa volo adianto) .
Bueno, pois con todas esas barbaridades publicadas, van os do BNG e presentan unha impugnacion diante desa manifesta cacicada, e o millor de todo e a resposta : Aceptase so a alegacion de que a duracion do contrato non se poñia e agora pasa a ser de 2 anos pero mira por donde, que dicen que eso non invalida para nada a convocatoria e que polo tanto non hai que ampliar os prazos (Ou sexa que si ti non te presentastes porque podia ser un contrato de 1 dia ou de un mes e agora interesabache porque e dunha duracion xa estipulada en firme, te fastidias e quedas na casa porque Nell Flander entende que eso non varia nada).
En canto o resto das alegacions, nin saben nin contestan e si non estan contento, vai a un contencioso administrativo que a min pagamo o Concello e vos tendes que jodervos e pagalo de voso bolsillo.
E asi esta a cousa, esto fan os persoaxes que temos mandando no Concello. E ollo que me di un paxariño que hai outras oposicion a vista que algunha elementa do concello quere tamer colocar o seu fillo. Polo de pronto, estan xa incumplindo as bases, pois segun me conta un concelleiro, fai unha semana que tiña que estar exposta a lista de admitidos e a dia de hoxe todavia non se coñece. Pero xa sabedes, senon estades conformes, o xulgado....... Pais Pais