31 de agosto de 2007

Tolemia

Unha vez prometin que non iba a volver a falar neste blog do Mentireiro Manipulador pero por unha vez e sin que sirva de precedente vades perdonarme este incumprimento, pois despois de leer o escrito no dia de onte por este homiño en relación co asunto de Raeiros a cousa non pode quedar asi. Eu non sei se esto home di as barbaridades que di para chamar a atencion e se fale del ou e que de pequeno caeu da cuna e ainda non se repuxo do golpe. Dende logo por unha cousa ou por outra consigeu que eu rompera a miña promesa.
Debo dicer que cando estaba lendo o escrito no Faro, pensaba para min "Dende logo o que non ten este home e sentidiño da oportunidade, pois co que se fixo publico no dia de hoxe (a notificacion no DOG a empresa proprietaria do complexo) este artigo está totalmente fora de lugar", pero xa o final, decateime que o Mentireiro Manipulador si coñecia a noticia pero a despachaba nun par de lineas sacandolle toda a importancia que tal notificación pode ter para a saude do complexo ou como algo que - mecanicamente - os funcionarios da COTOP fan con todas as obras en Galiza.
Ou sexa que cando vostede veciña ou veciño de Ogrobe recibe unha notificación de Facenda por haber feito mal a sua declaración, non se preocupe pois segundo a teoria de MM estanse cousas fanse porque os funcionarios non teñen outra cousa que facer e adicanse a enviar cartas as xentes e as empresas sen maior consecuencia. MM como as suas iniciales indican e un mentireiro manipulador e sabe perfetamente que a notificación da Xunta e unha reafirmación das teses das denuncias contra esa obra e por eso, mandalle que os terreos volvan o seu estado orixinal, sobre todo porque ali non se fixo a obra para a que se pideu permiso, senon que se fixeron 52 chalet individuais. Agora podran presentalos como queiran, pero o que se ve non se agacha. Por si esto fora pouco, MM debera asegurarse a cantos metros está o muro da linea de costa. Ou que efecto pode ter sobre a obra e os propietarios a notificacion de que o rexistro da propriedade non escritura os chalet, ou ........ Moitas preguntas que o Mentireiro Manipulador intenta tapar con tonterias e literatura barata. Evidentemente MM escribe o dictado de quen lle paga que, loxicamente ten que defender os seu intereses - tirar o maior beneficio - e cando teñan todo vendido, a otra cosa mariposa que esta vaca xa deu o leite que tiña que dar.
Estou segura que o tempo porá a cada quen no seu sitio, entonces veremos que milonga nos contan estos Mintireiros Manipuladores. Mentres tanto, haber o que nos conta da foto da ONCE. Seguramente lle vaia votar a culpa o rapaz ou os pais por deixalo solo. Non me estrañaria nada.

21 de agosto de 2007

Amores rotos

Acaba de chamarme unha amiga madrileña que fai moitos anos que pasa as vacacions en Ogrobe para felicitarnos, pois porfin fumos quen de sacar un dos ultimos monumentos do franquismo que quedaban por ahi adiante. Esta amiga, como xa comentei en algunha ocasión, está conectada cos circulos de poder da capital do Reino e comentoume tamen que os dous do bigote - ate fai pouco os amos do concello - e quizas algunha persoa mais, poden ir preparando o petate, pois parece ser que na documentación que obra en poder dos investigadores, a fiscalia pudera haber atopado información suficiente que podería mandar a "sombra" a Cachuli e Cía.
Dende logo Cachuli algo debe saber do tema pois as suas declaracións de onte a saida do xulgado despois de declarar polo tema dos falsos candidatos en Euzkadi, son un aviso os navegantes por si a el o acusan en firme. Asi debemos de entender das suas palabras cando di que "os incluídos nas listas son un grupo de persoas afectadas que traballan no Grumir ou na brigada forestal" e acto seguido sacar a relucir os nomes de Alexandre Aguín, responsable do proceso electoral en Ogrobe e de Ana Isabel Domínguez, naquel enton responsable do GRUMIR para rematar dicindo que "non poderia acusar a naide" pero que cree na inocencia de Alexandre Aguin. Blanco e en botella ..... . A Cachuli, e xa o dixemos nalgunha ocasión, prepararonlle a cama (non hai pior cuña que a da mesma madeira, nin peor moza que unha despechada) e agora vese que a lo tonto a lo tonto pode acabar no caldeiro. De ahi este aviso, que contra o que alguns pensen, vai dirixido a sua propia xente (evidentemente a persoa que fixo a trapallada en Ogrobe seguia ordes ou estaba pagada por xente de mais arriba) .
Os proximos meses van ser moi farturentos en noticias deste tipo. Non me extrañaria que acabaran todos no Tomate e no Salsa Rosa.A vista de todo isto, alguns funcionarios municipias deberan valorar se paga a pena seguir boicoteando por activa ou por pasiva o goberno lexitimo. Deberan aprender do pasado e dende logo deberan saber que - a vista do Manolito - a este goberno non lle debera tremer o pulso para poñer a funcionar de unha vez por todas, a institucion municipal.

Noraboa

Sen ruidos. Sen estridencias. Sen enfrontamentos. Por fin, o nefasto monolito que durante 50 anos simbolizou a vitoria dunha parte da poboacion ( a mais minima) sobre outra, desapareceu da fonte do Galo. Tal e como prometera o goberno municipal trala aprobacion da iniciativa apresentada polo BNG, o Manolito desapareceu e non houbo enfrontamento de ningun tipo. Entre outras cousas, porque a gran maioria do pobo de Ogrobe pedia a gritos a desaparicion desa afrenta.
E triste que tiveran que pasar tantos anos para que por fin, un acordo plenario ( que debe ser a terceira vez que se toma) se cumplira. Só por eso, noraboa o grupo de goberno por ter a valentia de levar a cabo esa medida, por respeto o que se acorda e por honrar a memoria de todas aquelas veciñ@s que padecemos o xugo que o tal monolito representaba.
Queda ainda case todo por facer, pero e ben certo que este goberno ven de ganarse o respeto e a confianza de aquel@s que apostamos por el o 27 de maio, e inclusive me atrevo a dicer, de aquelas que ese dia se decantaron por outras forzas politicas non presentes no goberno.
Ese é o camiño, porque contrariamente o que algun quixera, os programas fanse para ser cumplidos. Só por eso, NORABOA.

18 de agosto de 2007

Ese tal Xan Lamelas

Pero a donde imos parar desta maneira !!!!. Resulta que agora, un tal Xan Lamelas, concellal de Xuventude e Persoal do noso concello, se dedica a retirar a foto do noso eximio Dios (perdón, quero dicer Rei), nunha rolda de prensa do concello. E ainda por riba, enteramonos segundo o Faro de Vigo, que a este rapaz lle gusta o vodka, admira o Che Guevara, e por riba, gostalle Cuba. Vamos, un rojo rojazo. Co ven que faria este rapaz, futuro inxenieiro ( como se debaluaron las ingenierias madre mia) en gustarlle o Bloody May, admirar a Shakira e ser un visitante asiduo de Marbella ou Miami. . Que gana de buscarse problemas.
Manda carallo na Habana con este noso pobo. Agora resulta qu o problema e si este concelleiro, no seu lexitimo dereito, saca para unha rolde de prensa un retrato dunha persoa que, - non esquezamos, aparte de ser imposta por Franco, non ser refrendada por naide, ainda NON XUROU A CONSTITUCION. Polo menos Xan Lamelas si foi elexido po los votos populares. Pero vimos que tal e como pasaba no caso de El Jueves, neste estado que se chama España, ainda temos unha boa tropa de bufóns e templagaitas, empezando polo noso alcalde e ex-alcalde que para o caso e igual xan que perican. Como si en Ogrobe non tiveramos outra cousa de que falar.
O nose benquerido leitor MM podia ocuparse de falar do tráfico de Ogrobe, que pese a todo sigue sendo caótico, e asi polo menos haber si influia en algo para que esto millore. E o novo xerente dos bombeiros, que se vai preparando para apagar o seu propio fogo. O tempo.
Pero esto é o que hai. Din que no vran apenas se xeneran novas e os periodicos teñen que sacar calquera chuminada para poder escribir follas. Nesta ocasion, tocoulle o probe de Xan Lamelas, so lle faltaba ser do BNG e algun Maniobrero Mintireiro xa teria tinta ate o nadal polo menos. Agora, a falta de outra cousa vai ter que buscar un novo aliado, xa que pola necesidade de noticias, tivo que queimar o seu chichi. Que lle queredes, a necesidade a veces afoga.

8 de agosto de 2007

Adeus Manolito, adeus

Enteramonos hoxe pola prensa, que o goberno local ven de aprobar por unanimidade, a proposta do BNG a retirado do Manolito da Fonte do Galo, asi como o titulo de fillo predilecto de Ogrobe a Franco. Agardamos e confiamos que esta xente sexa quen de levar a cabo un acordo plenario xa aprobado con outras corporacions pero para o que nunca se tivo a minima sensibilidade de levalo a cabo. Aqui sempre se preocupuo moito de non molestar a aqueles que puderan sentirse feridos por sacar o pedrolo. Nunca se tivo o mismo sentimento cos outros veciños de Ogrobe (a maioria) que non se sentian representados nese monolito e que perderon os bens, a libertade e a vida na defensa do goberno lexitimo. Inclusive e a maiores, alguns dos que tiñan o seu nome inscrito no manolito, foron carne de cañon, levados a forza o fronte de guerra para loitar contra amigos e irmans, Tamaña afrenta que non temos concencia que acontecera en outras partes do mundo !!!.
Estos dias estou leendo o libro "Represion e alzamento militar en Galiza 1936" de Carlos F. Velasco Souto. Libro que lle recomendaria a sua lectura todos os veciños de Orobe para que supera quenes foron esos matarifes que o mando do asesiño Franco aferrolaron este terra durante 40 anos. Logo da lectura do libro un se pregunta como pode haber algunha persoa entre nos que defenda aquel rexime ou aquel elemento. Pola recuperación da memoria historica, polo recoñecemento das persoas que sufriron, padeceron e morreron por defender a libertade e a dignidade, o noso mais firme apoio a decision do Pleno Muncipal.

5 de agosto de 2007

Rúa das Tapas

Todalas cidades e vilas importantes teñen unha rua significativa. Asi, en Sevilla atopamonos coa Calle Sierpes, en Barcelona a Diagonal, en Madrid a Gran Vía, en Vigo, Principe, etc. etc. entre moitas outras.
No noso pobo, o insigne e nunca esquecido Cachuli tamen quixo que tiveramos unha rúa significativa. para el, Peralto, Lordelo ou a 14 dician pouco e quería que Ogrobe sonara fora dos nosos limites con forza suficiente. Asi, de comun acordo co seu Tecnico Municipal, deseñaron e levaron a práctica a Rúa das Tapas. Como xa os veciños deste pobo sabrán, o de rúa das Tapas non ven por ser unha zona donde se poidan saborear os ricos petiscos que cando vas tomar un viño ou un refresco che poñen en algun bar, senon que neste caso o nome venlle dado polo numero de tapas (mais de 50) que foron quen de colocar na rúa Barqueiras (aproximadamente 300 metros de rúa). A bon seguro que non hai rúa no mundo donde proliferen tal numero de tapas por metro cadrado, asi, non é de estrañar que un grupo de mozos deste pobo este tramitando xa o de poder incluir a esta rúa no libro Guinnes dos Records.
Protestaban fai uns dias os veciños polo ruído que facian ditas tapas o pasar os coches sobre elas. Hai que recoñecer que temos uns veciños que non merecemos. Só protestaban polo ruido (que me imaxino tiña que ser un tacatá de non te meneas) Menos mal que os veciños non protestaban polo impacto visual da obra. Senon fostesdes vela todavía, pregariavos que vos acercarades por ali para ver tal adefesio de obra. O mais caralludo do asunto e que o Técnico Municipal (por chamarlle de algunha maneira) ainda anda campando os seu respetos polo Concello. O seu amplo curriculum unelle agora o de ser o autor intelectual da Rúa das Tapas. Polo ben da estética, do sentido comun e da tranquilidade dos veciños de Ogrobe, agardemos que o novo gobermo municipal lle atope a este Técnico un traballo mais acorde coas suas habilidades.

1 de agosto de 2007

Carta aberta o Sr. Touriño

Benquerido Presidente: Veño de enterarme que este ano vai pasar as vacacions entre nos. Bueno, o de entre nos é un dicer porque normalmente de Director Xeral para arriba alguns son pouco dados a mezclarse co persoal. De todos os xeitos, aproveitando que vai vostede a hospedarse nese chalet que hai na entrada a Balea, pedirialle que de cando en vez, mirara o frente e se lembrara da loita que fai mais de 25 anos uns veciños dese lugar de Balea sostiveron contra un especulador que quería roubar os terreos comunais e logo mirara a súa esquerda (a xeográfica) e vira o adefesio que a uns 200 metros da sua casa ten, é dicer, a urbanización Raeiros que agora, para bordear a lei alguns queren convertila en apartotel. E ainda que notarios e rexistradores hai abondo (e deso en Ogrobe sabemos algo) para cambiar as escrituras e poñelas o gusto do millor pagador, eu pedirialle que polo menos non cambiaran os criterios matematicos e que 100 metros sigan sendo 100 e non 60, e polo tanto, se lle aplique a lei XA a esa urbanización e se lle mande retranquear o muro de peche ate os 100 metros que a lei ordena que debe de estar. Pero pedirialle que o fixera xa, pois dia a dia vemos como se fan novas obras na citada urbanización por moi investigada que este e por moitas ordes de paralización que a sua conselleira de Politica territorial lle emita.
Tamen lle pediria Sr. Touriño, que xa que vai ter que circular algunha vez polo tramo Sanxenxo-Ogrobe da vía rápida que tome concencia da necesidade de que continue o desdoblamento da mesma igual que se esta a facer co tramo Sanxenxo-Barro, pois senon, o unico que estará facendo será pasar os mortos que antes se daban no tramo Sanxenxo-Barro o tramo Sanxeno-Ogrobe e a verdade é que non nos gustaria moito que eso pasase.
Se non fora moito pedirlle, pregariamoslle que si algun dia ven a vila, veña pola carretera interior de San Vicente. E facemoslle esta petición co ánimo de que a vexa e lle dea intruccions os seus subordinados de como non se debe facer unha carretera. Carretera, por certo propriedade de Louzan (perdon, da Deputacion) e que leva entre unhas cousas e outras, 4 anos a voltas. Verá os retranqueos tan raros que se fan: Muros que entran na carretera (ollo, falamos de valados, non de casas), ou a outros veciños que non eran da cor politica do Rabizo que lle mandar retirar - o seu cargo - o muro co cal agora lle queda a escasos 80 centimetros da porta, mentras a outros "dos nosos", nin se lle toca unha pedra co que vemos como o muro entra na propria carretera. Depaso, poderia negociar con ese home para ver si se digna acabala un ano destos, ainda que como agora "non mandan os nosos", o pior temos carretera ate as proximas eleccions.
E xa postos a pedir, haber si se da unha volta pola Casa do Mar (de visita, eh !!!, non queremos que sexa por mal) e se da conta da necesidade de que os veciños deste pobo poidan contar cun centro de saúde con médicos e condicións. Centro de saúde que nos foi prometido xa fai oito anos, pero que, como quen oe chover.
Xa para rematar Sr. Presidente, como nai dunha cativa de 10 anos que se ten que desprazar 2 días a semana a Portonovo, e penso que no nome de todos os habitantes de Ogrobe, pedirialle que dunha vez por todas se dignen dotar a este concello de aquelas instalacións deportivas que ate o de agora lle foron sempre negadas. A pesares de ser un dos pobos de todo o Estado que mais licenzas federativas ten por numero de habitantes, seguimos tendo o Almacen Deportivo (chamarlle pabellón seríaun insulto a intelixencia) mais vello de toda Galiza, i eso, xunto co Pabellon de Deportes Nauticos e o Campo de Futbol son as únicas instalacions das que dispoñemos. Asi, nunhas vindeiras vacacións, se o tempo non axudara e non se pudera ir a praia, vostede mismo podería gozar dun chapuzón nesa piscina que todos os veciños de Ogrobe arelamos.
Son peticións que lle fai esa súa circunstancial veciña ca espranza de que alguen lle faga chegar este escrito e o tome en cosideración.