23 de julho de 2007

Colegas

Hoxe non vou falar da vida politica municipal. Deixemos que a Barbi, Cachuli, o Rabizo, a Caralla e o resto do especiamen purgue e reflexione sobre os seus "pecados" pois co a que teñen a bordo e para reflexionar abondo. Hoxe, quería falar sobre o secuestro da revista "El Jueves" polo xuiz Del Olmo, parece ser que a instacias da Fiscalia.
Moitos telepredicadores puxeron neste fin de semana o grito no ceo por este, de certo, ataque a libertade de expresión. Tamen como era natural saliron a palestra os redactores de "El Juves". Claro que meus admirados dibuxantes e redactores deberan tomar boa nota daquela frase de Bertol Brech cando decía " ...... logo viñeron a polos comunistas pero a min tampouco me importou pois eu non era comunista, agora veñen a por min, i e cando me decato que aqui hai algo que non funciona", pois o citado xuiz non e a primeira revista que pecha. Antes de "El Jueves" ordenou pechar "Egunkaria" e moitos periodistas e dibuxantes aplaudiron con menor ou maior entusiasmo aquela decisión. De aqueles lodos veñen estos barros.
Pero non é so "El Jueves" ou "Egin", ou "Egunkaria". Son as actitudes que se escoitan e se leen estos dias o que chama a reflexión, porque nesta historia tamen hai quen esta a favor da medida. Son os mesmos que non se cansan de chamarlle dictador a Hugo Chavez porque non lle renova (que non pecha) a concesion para emitir a unha emisora que non tiña ningun empacho en declarse golpista e chamar un dia si e outro tamen a un levantamento civil en Venezuela. Ou son os mesmos que puxeron afeder os árabes a raiz das caricaturas contra Mahoma.
Esto é o que ofende. A doble moral que se usa segun sexa o penitente. E no transfondo de todo, a real familia sobre a que só se poden decir alabanzas (que guapiños, que listos, que elegantes, etc. etc. ) por unha profesión periodística cada día mais sumisa e menos critica contra o poder divino e imperial. Eso aquí claro, mentras o orellas grandes de Inglaterra podemos poñelo de chupame domini.
Cansan de decirnos que somos unha democracia moderna e consolidada. Eso só será certo cando aquí todos os cidadans sexan iguais ante a lei ( o rei non pode ser xulgado), cando non teñamos que aturar un xefe de estado por inspiracion divina ou por sangre, en definitiva, cando se lle podan chamar as cousas polo seu nome, o pan pan e o viño viño.
Neste enlace podedes ver unha interesante montaxe sobre "El Jueves" e o seu secuestro.

20 de julho de 2007

Colaboracion

Un lector deste blog remiteme un artigo que polo seu interese e actualidade paso a publicalo:

Eleccions ?

Debo decir para empezar que dende fai moitos anos son un estudioso dos procesos electorais. Nunca fun seguidor dese "sambenito" que temos os veciños de Ogrobe de que estamos moi divididos e que se presentan moitisimos partidos politicos. Deberian,os que sosteñen esta teoría botar un vistazo o BOE de cando saen publicados os resultados electorais e quedarian abraiados diante do numero de partidos, agrupacions e chiringuitos que se monten polo Estado adiante. O record que recorde agora mesmo tiñao un pobo de Burgos de menos de 200 habitantes con 5 candidaturas. E non era o único.
Pero volvendo o resultado destas pasadas eleccions, chamoume poderosamente a atención o analisar os resultados en Euzkadi (por aquelo da impugnación das listas, entre outros motivos), a cantidade de pobos donde se presentaba o PP sen acadar votos. Asi, en Guipuzkoa, con 88 concellos, o PP presentabase en 76. Deles, en 5 non sacaba nin un só voto, en outros 5 sacaba 1, en 4 só 2 e asi poderiamos seguir ate donde quixerades. Valga o dato, que temos que chegar o concello 56 desta lista de 76 para que o PP pasara da barreira dos 200 votos. Claro, tamen temos o chamativo caso (moi celebrado polos golpistas que predican dende a COPE) do concello de Lizartza donde o PP con 27 votos vai ter todos os concelleiros (7). Neste concello, os votos blancos foron 142 e os nulos 186 (ó 52,39%) . Por suposto, Lizartza para o TC era un dos pobos con listas contaminadas.
Ven esto a conto cando nos enteramos que unha veciña de Ogrobe é felicitada pola presidenta do PP nas vascongadas - Maria San Gil - por dar o seu apoio coa sua aceptacion para ir nas lista do PP e defender desta maneira os valores democráticos. Xa vemos como entende o PP os valores democráticos cando esta cidadan, e teño dereito a pensar que pode non ser a única, en ningún momento autorizou nin asinou que se usaran os seus datos para ir nas listas do PP. O curioso do caso é que esta cidadana estaba naquel entonces contratada polo Concello de Ogrobe, de ahi que sexa moi loxico e lexitimo pensar que pudera ser dende o Concello de donde saira nha copia do seu carne de identidade e a sua sinatura falsificada para aparecer na sede do PP en Euzkadi. Claro, agora Cachuli non sabe nada. Louzan, mira para outro lado e se llo preguntan a Nuñez Feijoo igual contesta que é unha maniobra do bipartirto para desestabilizar o PP.
Independentemente das consecuencias de indole penal que esto poida conlevar, esta sitaucion debera levarnos a reflexionar na man de quen tiñamos o concello. Non lle chegaba usalo como se fora súa finca, senon que, presuntamente, manexaban de maneira ilegal os datos dos traballadores. Penso que non todos estaban no allo, pero para clarificar estas cousas, debera investigarse a fondo quen falsificou a sinatura e enviouna xunta cunha copia do carnet desta muller, nunha ruin maniobra partidista.
Este afan de medrar en politica dos nosos Simpsons locais, empuxados por unha contaminación da vida politica a nivel do estado (non temos mais que escoitar o trio calaberas - Rajoy, Acebes, Zaplana-) leva a situacions de este tipo, involucrando a persoas que nada teñen que ver na historia, e aparecendo como paracaidistas por interese espureos o lado de partidos en concellos que, probablemente, nin sepan donde quedan no mapa.

17 de julho de 2007

Fagamos caixa

Xa rematou o ¿campionato? de tiro o pombiño e a estas alturas os nosos hosteleiros locais deben estar moi enfrascados contando as moitas ganancias deixadas polos matarifes nestos nove días. Se temos en conta o que se decia para xustificar este evento, xa temos safo este veran. Agora pode chover ou cair neve que a campaña xa está virada. Os moitos cartos que nos deixaron nestes días os "deportistas" do tiro van a posibilitarlle facer fronte as obras de millora que teñan que facer nos seus establecementos hosteleiros para que, o vindeiro ano, poidan acoller a mais matarifes, xa que este ano non deron a basto en dar comidas, copas ou aloxamentos.

O mais tremendo desta historia, e que a gran maioria da xente de Ogrobe acreditou desta historia. Falar con moita xente e chorar. Naide e capaz de xustificarche de donde saen eses cartos que din que se manexan nestos dias (polo menos os que veñen a mirar os fogos o dia do Carme vense polas ruas e polos bares), naide é quen de dicirche si a medio ou longo prazo este tipo de turismo vai ser bo ou malo para un destino turistico que pretende ser de calidade. Moito miramos para a limpeza das rúas, para os servizos os turisticos, pola oferta cultural, etc. etc. pero nadie parece cuestionarse o efecto que artigos sobre o tiro de pichon aparecidos estes dias en prensa do Estado e inclusa en algunha Europea, pode ser beneficioso para os intereses turisticos de Ogrobe.

Millor farian os noso hosteleiros locais en mirar cun pouco mais de prespectiva esas cousas. A politica do pan para hoxe e fame para mañan, nunca foi boa cousa e dende logo a de matar pombiños os que previamente se lle corta a cola para deixalos todavia mais indefensos tampouco. Ainda que se maten "ecoloxicamente".

9 de julho de 2007

De médicos e pacientes

Quedei o ultimo dia en falar do tema da asistencia sanitaria que padecemos as veci@s de Ogrobe. Na vispera de irme de vacacions, o meu sogro pideume que lle collera a vez para a consulta do seu medico na Casa do Mar. Tal e como fixen en outras ocasións, entrei na paxina http://www.sergas.es/ e soliciteille a cita. A primeira sorpresa foi cando a mesma se me da para dentro de 10 dias (era a primeira data que se me ofrecia). Resignado - que remedio - o meu sogro esperou ate a data sinalada. Chegado o dia, subeu o Monte da Vila e a sua sorpresa é que o seu médico ainda sigue de baixa (leva mais de 1 mes) e que polo tanto non lle vale de nada a vez que ten e ten que pedir outra para cando teña livre algun dos que estan no Monte da Vila. Imaxinaredes as pestes que botou o bo do meu sogro con toda razon.
Eu preguntome, ¿non había maneira de avisar a xente que tiña concertada a cita?. Como poden estar sen atender os pacentes dun medico que leva mais de un mes de baixa. ¿ E que acaso non se estan a cubrir as baixas laborais que se producen por enfermidade ou accidente?. Mandase un medico de reforzo para os turistas que nos visitan pero en cambio non se manda para suplir unha baixa. Que se pretende con eso?. ¿E que queremos encrespar a xente e que perxuremos todos os días contra a Seguridade Social?.
E evidente que ainda que cambie o goberno, se non cambian os postos intermedios/altos que son os que levan estas cousas, a politica vai seguir sendo a mesma. Asi pasa co Sergas, con Pesca, etc. Asi pode pasar tamen no noso concello si siguen estando nos mesmos postos, aquelas persoas postas a dedo por Cachuli e funcionarizadas polo seu dedo protector, aqueles elementos que se apuntan o partido que ganan e en vez de ser fuincionarios o servizo dos veciños son lacaios o servizo do gobernate de turno, aqueles técnicos que valen para un roto e para un descosido, etc. etc. . Imos a darlle un tempo prudencial o novo goberno para que nos amose a sua autentica vontade de cambio, As visperas dende logo non son moi alentadoras. Pedimoslle sen demora a/o responsable dos temas de Sanidade que se mova a arranxe esta situación. Os veciños, seguramente llo agradecerán.

Mea Culpa: Na anterior entrada faciamos referencia a actuacion de Xacarandaina como un logro da xestion do concelleiro de cultura Anton Mascato, cando en realidade era unha actuacion xa concertada polo anterior concelleiro Jose M. Cores. Estamos ben seguros da capacidade organizadora deste e doutro tipo de eventos por parte de Anton Mascato, pero neste caso, e de xustiza darlle o Cesar (Cores) o que foi produto da súa xestión.

7 de julho de 2007

Vacacions

Acabamos de chegar dunhas - creo - que merecidas vacacions e atopamanos a Ogrobe medio revolto (que seria de Ogrobe sen estas pequenas cousas). Resulta que o responsable de cultura do Concello (Anton Mascato) só lle da para a Comision de Festas do Carmen a cantidade de 12000 € cando eles pedian 21000 e cando, parece ser, que "Cachuli y sus muchachos" tiñan pensado darlle 18000 €.
Debo dicer que independente da siñificacion relixioso desta festa, coa que non comulgo, a mesma debera ser un atractivo neste mes de verán para os veciños de Ogrobe e as moitas xentes que nos visitan. Penso que o Concello debera apostar por convertir estas festas nas festas do verán, fora do simboloxismo relixioso, (ala cada quen cas suas crencias) e facer unha programación, xunto ca actual Comision ou con outra xente, que posibilitaran que Ogrobe se convertira en 8 ou 10 días nun siito de festa e participación. Creo que Ogrobe non é só a Festa do Marisco, na que por certo se invisten abondantes cartos, senon que, como pobo turistico que somos, tiñamos que ter unhas festas do veran en consonancia co que queremos ser. De todolos xeitos, neste caso temonos que recoñecer que cando so che deixan 30000 € para todo o ano, bastante se fai dandolle 12000 a unha soa festa. Máxime neste caso, cando nos atopamos con actos tan fora de lugar como pode ser a coronacion da raiña das festas (algo que nunca se veu en Ogrobe ate que chegou fujas a comisión) como a entrega do escapulario e a medalla do Carme os insignes benefactores (que curiosamente ate o de agora, gobernara quen gobernara na Xunta, sempre eran da mesma banda de estribor). Por certo, o contrario do que se di en algunhas novas que se len en algunha paxina de internet e algun periódico o aperitivo os xubilados que este ano parece que se vai eliminar, non é ningun invento novo de fujas, senon que é algo que se ven facendo fai mais de 30 anos. Primeiro nos baixos da Confraria (Moreno, o sogro do actual alcalde pode atestigualo xa que era el en algun momento o encargado de servilo) e logo na lonxa, e celebrabase unha vez rematada a misa do Carme.
O que é realmente chamativo en toda esta controversia e o papel da Confraría. Cando deberan ser o principal ente organizador deste festexo xunto co Concello, dende fai uns anos permanecen o marxe de todo tipo de colaboración mesmamente da económica, baixo o pretexto de que tamen teñen que axudar os outros concellos donde hai socios da Confraria (E o Real Madrid como todos sabedes xoga cada domingo nun campo diferente para contentar a todos os socios !!!!). Do sector da hostelaria, moi beneficiado con este evento pola cantidade de xente que visita Ogrobe, millor non falar, Eles coma sempre, salvo raras excepcions, Venga a nos tu reino.
Dende aqui pedimoslle a Antono Mascato que bote man desta Festa (Por certo que pasou con aquela festa de San Miguel que organizaba fujas ????). Haber se vai pasar o mesmo coa do Carme, porque polo camiño que leva, millor faria deixandoa na man de quen poida revitalizala) e que a convirta nunha potente Festa de Veran. Actuacion como a que vimos onte (Xacarandaina) e os grupos de pasarúas que desfilaron polo noso concello son un bo comenzo que amosan a capacidade organizadora e realizadora de Anton Mascato. No seu tellado quedalle a pelota. Somos conscientes de queé quen de poder facer esas Festas que Ogrobe nunca tuvo e que as suas xentes demanda.
Da situacion dos médicos -millor dito da falta de medicos - na Casa do Mar, falaremos outro día. Dende logo, o/a concelleir@ responsable desta area, debera irse pondo as pilas para evitar que siga pasando un dia mais o que esta a pasar no Monte da Vila e que vos prometo que tan pronto desfaga as maletas, vos contarei.