26 de fevereiro de 2007

Sabias que .......

O 29/07/03 Rias Grove Promociones SL solicita licencia urbanistica para dous edificios de vivendas de planta sotano, planta baixa, duas plantas piso e planta baixo cuberta e un edificio de vivendas de planta semisotano, planta baixa, tres plantas piso e planta baixo cuberta.
O 26/08/03 a promotora presenta escrito no concello comprometendose a realizar as obras de edificacion e urbanismo da zona de forma simultanea.
O 28/08/03 o Tecnico Municipal, (ou sexa, o Aparellador Munuicipal) emite informe favorable para construccion do solicitado pola empresa.
O 24/02/04 a Delegacion en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia emite escrito o concello relativo a citada edificacion na que entre outras cousas dice “como se da la circunstancia de que el proyecto en cuestion incumple la normativa urbanistica..... participo a VS al objeto de que si llega a interesarse la concesion de tal licencia, se deniegue la misma por cuanto no se halla de acuerdo con las previsiones de la legislacion”. E sigue decindo “para el supuesto de que, de haberse solicitada, ya se hubiese concedido dicha licencia, entonces nos permitimos señalar la procedencia de que por VS se suspendan sua efectos de acuerdo con el art. 212 d la misma Ley”
O 10 de maio de 2004 a Xunta de Goberno Local do Concello de Ogrobe, presidida polo alcalde, acorda por unanimidade da la conformidade o proxecto de execucion das citadas obras en Borreiros
O 27 de maio de 2005 o Secretario do Concello emite informe donde ven a dicer que a vista do requerimento do Colexio de Arquitectos de Galicia e dado que un dos edificios esta ubicado en zona de ordenanza nº 2 e os terreos por donde discurre o vial o leste da obras non son publicos nin de Rias Gorve, este feito IMPLICARIA A NECESIDADE DE UN PROXECTO DE URBANIZACION PARA O VIAL LESTE E A CONSECUCION DOS TERREOS.
O 2/07/04 os portavoces do BNG, PSOE e EdG-EU dirixen escrito o Alcalde no que lle fan constar as irregularidades na concesion da liencia e advertindolle xa que logo que a licencia e nula de pleno dereito e dado que ainda as obras estan so en fase de execucion e polo tanto o mal que se pode causar e menor, proceda a dictar a suspension e paralizacion immediata das obras e adecuar mediante novo procedemento as obras a legalidade urbanistica. Escrito similar e remitido na mesma data o Conseleiro da COTOP (Sr. Feijoo) que por aqueles dias enchiase a boca dicindo “ ESTA CONSELLERIA NO VA A AMPARAR LIOS URBANISTICOS”
O 1/07/04 e a peticion do Secretario Municipal, o Tecnico Municipal emite informe xustificativo da procedencia da licencia das obras nos que en sintese, aparte de decir unha vez mais que a licencia esta ben concedida, faille unha demostracion, diccionarios en man das diferentes acepcions do termo ATICO.
O 8/11/04 os Servizos de Inspeccion e Disciplina Urbanistica da COTOP xiran visita de inspeccion as obras cuio informe e remitido con data 21/12/04 xunto co resto do expediente a Subdireccion Xeral de Disciplina e Informes
O 15/03/05 estos Servizos de Inspeccion xiran nova visita as obras e o dia 1/04/05 visitan o concello de Ogrobe recadando unha serie de documentacion chegando a algunha das seguintes conclusions :
Que as obras ainda non se atopan rematadas
Que as obras contan con licencia municipal
Que a licencia NON ESTA EN CONSONANCIA COA NORMATIVA URBANISTICA
Que os aticos dos tres bloques son ILEGALES
Que o Bloque 3 non cumpre a condicion de dispor dunha fachada minima de 8 metros
Que a altura excede CATRO METROS
Que os retranqueos laterales NON ACADAN a distancia minima esixida
O 22/06/05 o Director Xeral de Urbanismo mediante escrito dirixido o Concello require o alcalde para que dispoña a suspension da licencia otorgada para o edificio de Borreiros e consecuentemente a paralizacion das obras, o ser constitutivas ditas obras dunha INFRACCION URBANISTICA GRAVE
Xa o 26/11/04 os tecnicos do Servizo Provincial de Urbanismo en Pontevedra advertian da ilegalidade da licencia e facian mencion as advertencias do Colexio de Arquitectos, as inspeccion realizadas na obra, o informe xuridico do secretario municipal facendo constar asimesmo, que o INFORME DO TECNICO MUNICIPAL (ou sexa, o Aparellador Munuicipal) E FAVORABLE.
Asiesmo fan constar o grave erro que se produce na concesion da licencia porque autoriza a construccion de 3 bloques baixo a mesma ordenanza cando en realidade o bloque 2 esta afectado por outro tipo de ordenanza.
Un punto que non debe deixar pasarse por alto, e a cesion que neste tipo de obras lle pertence o concello e que neste caso, este 15% desapareceu por ensalmo.
O citado informe remata dicindo “Podese concluir que as obras que estanse a realizar e mesmo a concesion da licencia municipal que as ampara, poden constituir unha infraccion grave ou moi grave da normativa urbanistica.”
Logo de todo este relatorio, vedes que o esdificio esta a piques de ser rematado. Despois de todo o que aqui se expon e que está convenientemente documentado, vemos que hai falsificación de informes, faise caso omiso das advertencias do Colexio de Arquitectos, dos informes do Secretario Municipal, dos técnicos da COTOP e inclusive dun requeremento do Director Xeral de Urbanismo. E todo eso baseado nun informe do Técnico Municipal (ou sexa, o Aparellador Munuicipal) que se demostra , sendo moi bos, como erróneo. ¿Porque se fan estas cousa? ¿Que beneficio sacan os que otorgan estas licencias contra toda lei?. Porque se permite embarcar os veciños de Ogrobe que se empeñan ate as cellas na compra desos pisos que, co que esta caendo en toda España e aqui o lado, podenlle vir abaixo nun plis-plas. Porque se quere facer outro gueto no medio de Ogrobe ?
Cando os atopedes pola rua, preguntadello a Nell Flander ou o Tecnico Municipal.

20 de fevereiro de 2007

Concelleiros

Xa empezou o entroido. O entroido electoral refirome. Esta fin de semana foi farturenta en novas relacionadas cas listas, e abofé que a miña capacidade de asombro non deixa de medrar. Cando xa pensara que o vira todo, chega esta nova andaina de candidatos (eso que é a primeira oleada) e xa empezamos a ver nomes que, si a cousa non fora o que é, era para botarse a chorar.
Asi, contannos que un militante do PP, con moito que ver na desfeita de Protecion Civil, vai con Cheski. Parece ser que este partido tamén tentou a Pantoja e outros Kleenex do PP (que non nos enganen, o final van resultar o mesmo equipo, e para exemplo xa vemos o maridaxe que tiveron nesta corporacion que esta a rematar).
Pero o entroido non vai solo polo PP ou polo PG. Resulta que no PSOE recunca o "especialista en temas urbanismo" do PSOE na actual corporacion, (supoñemos que será como premio polas guerras que lle fixo a Aida co tema do PXOM), ainda que o maís chamativo de todos os fichaxes, é sin dubida o do numero 2 do PSOE membro do sector hosteleiro local. Resulta que nas anteriores eleccions, era o grande mirlo blanco buscado por case todos. O mesmo PSOE lle ofreceu por activa e por pasiva o nº 1 da sua lista, pero o rapaz supo permanecer virxe. Agora, con todolos cristos que ten o PSOE a nivel local, precisamente polo tema da lista, acepta ir de nº 2. Claro que fai catro anos, o presidente da Xunta era do PP e agora é o PSOE. I é que eu, como muller arpía, sou unha mal pensada.

16 de fevereiro de 2007

SOLIDARIDADE con solcostas e SeñorX

Vimos de enterarnos que un xuiz de Cambados admiteu a tramite a denuncia presentada por concelleir@s do PP de Cambados e Ogrobe contra os blogs dest@s compañeir@s . Sen entrar nas circunstancias da denuncia nin na súa tramitacion polo xulgado (que mais pronto que cedo falaremos delo e vos vades a poñer dos ovarios), si queremos denunciar as diferentes varas de medir que se empregan neste noso Estado, asegundo sople o vento.
Parece increible, e asi podemos leelo e ouvilo por comentarios da xente, que todavia alguen, invocando o sagrado dereito a presuncion da inocencia e a defensa da honorabilidade das persoas, critique a que, baixo o anonimato, o unico que fai e dicer aquelo que é do dominio público e esta máis que suficientemente contrastado. Non deixa de ser curioso que todas estas cousas coincidan no tempo : Denuncia contra Dionisio Pereira polo seu traballo sobre a Memoria Historica (hai o dia que empezemos a falar dos matarifes de Ogrobe, con sotana e sin sotana!!!) , denuncia contra os Blogs de Sol Costas e SeñorX. Queren amedrentarnos, e iso quere decir, nin mais nin menos que estan acojonados. Estan vendo que estamos a vivir outros tempos e que a xente (sobre todo a xente xoven), perdeulle o medo, e por eso se poñen nerviosos.
E increible, e eu pedirialle a xente que escribe contra os autores dos blogs. que se sacrificaran un dia e escoitaran durante 10 minutos a Jimenez Losantos, Cesar Vidal, e compañia. Sen ir mais lonxa, hoxe pola mañán, o mais suave que lle chamaron o xuiz instructor do 11-M foi inutil, corrupto e sirvengonza. E non pasa nada. Dedicanse a pedir alzamentos civis, e non pasa nada. E a uns blogs por manifestar por escrito feitos contrastables e documentados, sen insultar a ninguen admitese a tramite unha denucia. O dito, este é o mundo o reves. Comprendedes agora porque alguns temos que escribir con anonimo ?
Temos que seguir denunciando estas cousas, dado que é a millor maneira de axudar a Dionisio, a Sol Costas e a Señor X., porque e xusto e o merecen porque coa sua valentia abriron o camiño para que no noso caso, Cambados e Ogrobe alvisque mais pronto que tarde un futuro prometedor e de esperanza que os veciños nos merecemos. ANIMO COMPAÑEIR@S A VITORIA E DIFICIL PERO E NOSA !!!!!

15 de fevereiro de 2007

Xa estan chegando

Enteramonos hoxe polos medios de comunicacion, que onte mercores foron detidos 2 concelleiros do PP de Gondomar, asi como a moza dun deles e o Arquitecto Municipal, acusados do presunto cobro de comisions en casos de corrupcion urbanística. Non se debe esquecer tamen , que no mes de marzo do pasado ano, foranlle queimados os coches a dous concelleiros do BNG por denunciar presuntas tramas urbanísticas. (Polo que se ve, a estos elementos cando lle das un pouco de cama, dalles por queimarche o coche, como fixeran no seu dia co doconcelleiro do BNG , Manolo Mascato durante a epoca de Bea Gondar). Estas detencions veñen a demostrar unha vez mais o que dende este Blog e dende diferentes medios se está a denunciar, dun desembarco das mafias da corrupcion que unha vez rematado o seu traballo (porque xa non queda un metro donde edificar) polo Sur do estado, veñen agora para Galiza donde, co concurso de politicos corruptos, pretenden repetir aqui a desfeita que fixeron na Costa do Sol.
As veciñas e os veciños desta zona, temos a obriga de estar alertas e denunciar en todos os medios, incluidos a fiscalia, aquelas actuacions que vexamos van contra dos intereses d@s veciñ@s e para enriquecemento de catro sinvergonzas.
De todos xeitos, cando alguns que todos coñecemos se enteraran desta noticia, estou seguro que lles debeu entrar unha descomposición da que van tardar en recuperarse. Que vaian preparando o petate pois igual un dia destes o fiscal, como na pelicula, chamaos duas veces.
Pero @s veciñ@s e veciños non debemos de parar aqui. Neste intre, esta presentada unha denuncia por parte do deputado Bieto Lobeira no Parlamento Galego pola urbanización dos Rueiros e outras barbaridades que estan a facer. Temos que pararlle os pes deste Plan Xeral feito para negocio especulativo de catro. En fin, HAY QUE BOTALOS

13 de fevereiro de 2007

Os Kleenex

Como todos vos saberedes, os kleenex son esos panos de papel que se din vulgarmente de "usar e tirar". Usase unha vez e tirase. Non vale para mais nada. O sumo, as aproveitosas usano un par de veces por aquelo de aforrar. Normalmente tamen se usa a palabra "Kleenex" para referirse a aquelas persoas de un so uso, e dicir, aquelas que os comenencias e aproveitados se aproveitan dela para un fin particular e unha vez que cumple o obxectivo proposto, tirase a un lado.
Esta "finde" falabase moito polos bares e lugares de ocio de Ogrobe (supoño que tamen polas casas), dos candidatos "kleenex" do PP, esas mulleres e homes que poñen a sua cara e o seu palmito para facerlle a lista a Nell Flanders, e logo o fin de lexislatura, expulsanse o lixo, o igual cos Kleenex porque xa non valen para ser usados outra vez.
Ilustrabanos os periodicos desta fin de semana que Nell Flanders andaba a procura de Kleenex para esta nova andaina do mes de maio. De seguro que non lle van faltar candidatos para esta función (ten un bo axudante para este cometido na persoa do seu sobriño). Eu, na miña inocencia, so lles pediria os novos candidatos Kleenex que antes de dar o SI, falaran con Paula Janza, Jose Cores, A Pantoja, ............. . O millor desta maneira, deixan o kleenex e decidense polo pano de tea que é mais ecolóxico e saludable.

Pola verdade e a Memoria Historica - Solidaridade con Dionisio Pereira

A todos e a todas:
A transición á democracia, que escomenzou coa morte de quen encabezara o golpe fascista que puxera fin a IIª República, non rematou coa entrada en vigor da vixente Constitución nin coa sucesión de eleccións e relevos en gobernos (central e autonómicos) e outras institucións. A ferida provocada polo levantamento franquista segue aberta, porque aquel proceso que nos quixeron vender como exemplar non foi máis que un intercambio forzado nunha situación de clara desigualdade. Os resortes do poder seguían nas mans dos franquistas: eles pretendían obter unha cláusula de impunidade mediante o noso silencio, a cambio de poder exercer as liberdades públicas máis ou menos recurtadas.
Pero aquel medo que durante os anos da ditadura pechaba as bocas, non podía por sempre seguir sendo o parapeto protector dos verdugos e dos seus fillos biolóxicos e ideolóxicos. Co paso do tempo, agromou na conciencia colectiva a necesidade de botar luz sobre os arrepiantes acontecementos que comezaran coa Guerra Civil e aínda hoxe rebrotan. Neste punto, a Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes “Verbo Xido”, que forma parte do colectivo “Sinhor Afranio”, implícase na tarefa de colaborar con quen investiga para sacar á luz todo aquilo que nos quixeron agochar.
Para honrar a cantos cerdedenses foron asasinados ou sofriron a represión de calquera xeito por defender os dereitos individuais e colectivos e á República, levamos a cabo a instalación dun monumento na Ponte do Barco (Pedre) na lembranza de dous canteiros asasinados naquel lugar; apoiamos unha iniciativa do BNG, aprobada unanimemente pola Corporación municipal de Cerdedo, de honrar a todas as vítimas da contenda sen distinción con outro monumento –algo que, pasados varios anos, o Concello aínda non puxo en práctica- ; homenaxeamos a un ilustre exilado fillo da nosa terra, Xosé Otero Espasandín; dedicámoslle a edición das Xornadas “Terra de Tod@s” de 2006 á recuperación da memoria da represión franquista e nela percorremos un roteiro dos lugares da memoria e participamos na edición dun libro, titulado A IIª República e a represión franquista en Cerdedo, escrito por Dionisio Pereira.
Tamén aplaudimos a decisión unànime da Corporación, tomada en abril de 2006, de retirar a rúa dedicada a un ex alcalde franquista, Manuel Gutiérrez, e advertimos do perigo que supuña outro acordo tomado en nadal do mesmo ano polo que, tan só cos votos do PP, revogaba o anterior, provocando o sanguento paradoxo de que un sistema que se quere democrático honre a quen participou no seu esfarelamento.
En pleno retroceso ás cavernas da historia, o atentado contra o monumento de Pedre serviu para advertir dalgo que nós xa sabiamos: os herdeiros do “Caudillo” non se resignan e acontecementos como o protagonizado polo Concello de Cerdedo sérvenlles de combustible.
No entanto, quédanos a forza da palabra e a fortaleza que nos dá saber que defendemos unha causa xusta. Todos escoitamos en voz baixa os nomes dos represores, sabemos de propiedades que cambiaron de donos a punta de pistola e a golpe de multas, de violacións, de testemuñas de asasinatos e de torturas. Co paso dos anos foron morrendo case todos, pero a verdade dos feitos é a mesma. Aos historiadores e historiadoras correspóndelles plasmala en libros e outras publicacións, e así contribuír á tarefa de cicatrizar unha ferida que aínda está aberta, para que a Guerra e a represión se convertan nun capítulo da historia do que apender para que non se repita.
Pero mentres que por escribir nun papel uns nomes, que foron mil veces pronunciados en voz baixa polas vítimas da barbarie e que se sinalan como presuntamente vencellados á represión, alguén poida ser procesado, como acontece con Dionísio Pereira pola frase contida no devandito libro, “Verbo Xido” dará un paso para expresar publicamente o seu respaldo, ó tempo que solicita o de todos aqueles colectivos e persoas que traballan polos mesmos obxectivos liberadores e defendan que a palabra nin mata nin fere.

¡Pola liberdade de expresión!

En Cerdedo, a 11 de febreiro de 2007


Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido”





Para apoiar a Dionisio Pereira, rogamos remitir os apoios a:
dpereirag@terra.es
antenor53@yahoo.es
E aos xornais La Voz de Galicia, El faro de Vigo, El Progreso, La Opinión, El ideal gallego, A Nosa Terra, El Correo Gallego, El País, La Vanguardia, …



Carta de Dionisio Pereira:


DIONISIO PEREIRA GONZALEZ

A/a dos amigos /as historiadores
e responsables das asociacións de recuperación da memoria:


A familia (residente en Pontevedra) do antigo alcalde de Cerdedo (dende 1950) e xefe local de Falange nos días que seguiron ao golpe militar, Manuel Gutiérrez Torres, familia que tamén está emparentada con outro falanxista de primeira hora, Francisco Nieto, tenme presentado unha demanda de conciliación que se verá o día 15 de febreiro ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro "A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo" editado en 2006 por "Verbo Xido" a seguinte frase:

"Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...."

Tamén o fan por unha frase semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria celebrado en Narón en decembro de 2003.

Esixen que me retracte, que publique esa retractación nos mesmos medios nos que foron escritas as frases devanditas e que acepte unha indemnización polos danos e perxuízos sufridos, "en la cuantía que se determinará en el momento procesal oportuno".

Como é evidente, eu nin podo nin quero retractarme, posto que esas persoas foron sinaladas por numerosas fontes orais como participantes nunha represión na que se pasearon a 7 veciños, houbo malleiras, multas, roubos, detencións e humillacións se taxa, etc. etc. Non podo, pois, por que non podo faltar á verdade, e porque tamén está en xogo a dignidade das vítimas. O problema é que só teño fontes orais, posto que como sabes, os paseos, as malleiras, os roubos, etc. non teñen a penas referencias documentais (só en casos moi excepcionais) e ficaron impunes. Ademáis, eu non utilizarei nunca as miñas fontes orais como testemuñas nun xuízo, porque non podo implicar nesa situación tan desagradable a persoas de máis de 80 anos, que confiaron en min e que xa saben o que foi a represión fascista porque aturaron con ela na súa mocidade. Algúns, ademáis, son familiares directos dos asasinados.

En conclusión, está en xogo a liberdade de expresión e o mantemento "per secula seculorum" da impunidade dos agresores, asumida hoxendía polos seus descendentes. A maiores, aqueles que se beneficiaron do franquismo, pretenden seguir facéndoo en retrospectiva.

Entendo, pois, que isto sobarda a cuestión persoal, e debera ser tomado en conta xunto con outros "incidentes" similares que están a acontecer (no Grove e en Cambados, por exemplo), por todas aquelas persoas e entidades que vimos traballando na recuperación da memoria da represión franquista, e, se é posíbel, darlles unha resposta colectiva.

Por algunhas informacións, me consta que a familia en cuestión tivo presións externas, non sei de quén, pero posibelmente de círculos da dereita, para presentar a demanda.
Polo tanto, se temos en conta as ameazas que comezan a proliferar, podemos estar no comezo dunha estratexia para cortar as actividades de historiadores e colectivos debruzados nesta temática, aproveitando os innegables trazos conservadores (por utilizar unha expresión suave) do aparato xudicial: daqueles polvos da Transición, veñen estes lodos.

Este comnicado que vos remito adxunto pode ser enviado axiña á prensa, co maior apoio posíbel de colectivos e persoas.
En calquera caso, nós estamos polo labor de facer algo conxuntamente.


Saúde
Dionísio Pereira

12 de fevereiro de 2007

Redes Wi-Fi e xestion municipal

Parece ser que o goberno municipal de Ribadumia vai por en marcha nas vindeiras semanas unha rede wi-fi municipal, para que, nun primeiro momento os habitantes de Ribadumia poidan acceder a rede de redes especialmente pola tecnoloxía sen fios, e a un precio menor co que esta a ofrecer o mercado. Cando me enterei desta nova, lembreime fai aló aproximadamente dous anos cando os concelleiros do Bloque no noso concello presentaron tamen esa proposta (é dicer, foron pioneiros) que se aprobou por unanimidade, pero da que nunca mais voltamos a saber nada.
É evidente, que con este desgoberno que padecemos, todo que non sexan ladrillos non ten ningun interes para eles. Deberan mirar un pouco para fora e ver donde está quedando Ogrobe. De ser unha referencia na ria e na provincia, cada vez estamos quedandonos mais a cola de todo. Agardemos que dempois de maio, alguen cun pouco mais de cabeza e de interes polas veciñas e veciños de Ogrobe, lle de un impulso a este proxecto e poña a Ogrobe no camiño do progreso.

11 de fevereiro de 2007

De fontanero a alcalde millonario










Con este expresivo titulo, publicaba o ultimo numero da revista Interviú ( http://www.interviu.es/default.asp?idpublicacio_PK=39&idioma=CAS&idnoticia_PK

=39709&idseccio_PK=547&h=061225 ) unha reportaxe sobre o ex-alcalde de Sanxenxo (e grande amigo do noso grande benefactor) donde entre outras cousas facía unha pormenorizada relación das empresas do ex-alcalde de Sanxenxo e candidato por Pontevedra nas eleccions do 27 de Maio. Dempois de ler estas cousas unha ten que chegar a conclusion de que é unha tontería, perda de tempo e de cartos, educar os fillos para que sexan médicos, pintores, avogados, cociñeiros ou fagan cursos de protocolo . Se queremos que os nosos fillos triunfen e gañen cartos, o máis importante e que se apunten o PP que cun pouco de sorte, chegarán a ser alcaldes ou concellais (si é que paquela ainda queda algo sen urbanizar).


O Artigo de Olegue Presas

Xa tiñamos mais ou menos unha idea de como se has gastaba o imperio con calquera discrepancia. Sabiamos tamen como afectaba esto no mundo do deporte do que o ex-xogador da SD Compostela pode dar boa fe, pero esa rancia vena patrioteria ven de manifestarse na súa mais crua expresion nun artigo escrito polo xogador internacional do FC Barcelona, Olegue Presas. Veda vos si o escrito por este home é ou non certo e, o mais importante, si é como para rañarse as vestiduras :


DE BUENA FE

De Juana Chaos lleva 20 años en la cárcel. Debido a las ventajas legales vigentes se le impuso una pena de 18 años por los crímenes cometidos. Aun así, hoy en día sigue en la cárcel en prisión preventiva a la espera de la resolución por dos artículos de opinión escritos en el periódico Gara. En opinión de la Audiencia Nacional Española De Juana Chaos ha cometido un delito de amenaza terrorista y le ha impuesto una condena de 12 años y medio. Como protesta a esta decisión De Juana Chaos ha decidido iniciar una huelga de hambre hasta el final. En un estado de derecho- nos lo dicen una y otra vez, como si fuera una campaña de publicidad- no hay pena de muerte ni cadena perpetua. Y la eutanasia también esta prohibida. Voy actuar de buena fe y voy a pensar que el estado de derecho cree en sus leyes; es decir que no aplica la pena perpetua ni la pena de muerte. De buena fe, otra vez, voy a pensar que el contenido de los artículos de De Juana Chaos son totalmente explícitos, tanto como para tener a una persona en la cárcel.

Querría creer que en el estado de derecho hay libertad de expresión, y en este juicio, en el de Egunkaria o en el juicio del actor Pepe Rubianes- por comentar algunos- hay suficientes indicios para procesar a los responsables. Si no es así, todos clamarían al cielo, porque es eso lo que hacen cuando se incumple la libertad de expresión fuera de aquí, en Marruecos, Cuba y Turquía, entre otros. La buena fe me hace pensar que el estado de derecho es el mismo para todos; que las presiones políticas no tienen ninguna repercusión, y que el poder judicial es realmente independiente; que las declaraciones del ministro de Justicia López Aguilar no han repercutido en la decisión judicial-quien dijo que el Gobierno haría otras tantas imputaciones para que De Juana no quedase en libertad-.

“Las palabras no, las acciones”, dijo alguien. David Fernández nos habla de estos hechos en el libro “Croniques del 6 i altres del claveguera policial”: A Enrique Rodríguez Galindo, General de la Guardia Civil y responsable de las barbaridades cometidas en el cuartel de Intxaurrondo, se le condeno a 75 años de cárcel por el asesinato de Lasa y Zabala, de los cuales ha cumplido la cuarta parte argumentando problemas de salud. También fue excarcelado Julen Elgorriaga por razones de salud; fue condenado a 80 años por aquellos hechos y solo ha cumplido el 3%. Después de engañar a toda España, De la Rosa está en casa ya que le han impuesto el tercer grado con el argumento de que sufre depresión. Rafael Vera, en cambio, sólo ha cumplido 8 meses en la cárcel por el secuestro de Segundo Marey- asumido por el GAL- aunque le impusieron una pena de 10 años. David habla sobre todo de la tortura y de los torturadores; también habla de la forma de cómo se utiliza la información para criminalizar muchas disidencias; junto con esto dice que la misma Policía pone las pruebas que necesita para criminalizar a los que le interesa políticamente, y que al Gobierno no quiere oír ni una palabra del observador especial de la NBE contra la tortura o de los informes de las organizaciones- entre otros el realizado por Al Amnesty-. Y esto lo hacen porque todos estos dicen que se tortura en el estado de derecho.

Encima ahora el mismo Fiscal de Audiencia Nacional ha pedido archivar el caso Egunkaria; según dicen, no hay pruebas. En el 2004 en cambio el Tribunal de Estrasburgo castigó a España “por no investigar” las torturas denunciadas por 17 independentistas catalanes 12 años antes: en las Olimpiadas se tenían que acallar las voces que no estaban de acuerdo. En cambio en noviembre del 2005 Zapatero absolvió a los 4 policías locales de Vigo deshabilitados y castigados por darle una paliza, insultar y ultrajar al senegalés Mamado Kane- les condenaron a 2 y 4 años de cárcel. Aznar hizo lo mismo en año 2000: absolvió a 14 policías castigados por torturar; uno de los cuales ya había sido castigado anteriormente. Y...

Vamos, que tengo un lío enorme en la cabeza. Este estado de derecho tiene muchas zonas oscuras, y me hacen dudar. Todo esto huele a hipocresía. Y con toda esta hipocresía se termina la buena fe.


Oleguer Presas
Futbolista del FC Barcelona

10 de fevereiro de 2007

A PIZARRA DE DONA GLORIA


Este espazo pretende ser un lugar de denuncia e espallamento de todo aquelo que teñas que decir e/ou denunciar. Cabreate e larga por esa pluma todo o que non che guste do que estas a ver a teu aredor (Por favor, pregaria unhas minimas normas de cortesia e correcion, que nada custan, asi como que, na medida do posible, deixarades tranquilas as cagadas dos cans).

Si tes algo que dicir ou algunha foto que enviar podes facelo a xarabal@gmail.com

Crudo Humor ! !





A cant@s element@ asociariades con estas notas de humor ??

Que parte de responsabilidade teñen os que cos seus votos direta ou indiretamente permiten que pasen esas cousas ?? - Dende logo, é para reflexionar

Democracia e corrupcion















O problema da corrupcion, non é da democracia. O problema da corrupción e de uns aproveitados que pasando por riba de calquera norma civica non teñen ningun problema de expoliar, roubar e venderse con tal de conquerir un lucro persoal. A ventaxa da democracia precisamente é que se pode denunciar (ainda que por decir estas cousas, corras o perigro de que che pechen o Blog)



Se va el caiman, Se va el caiman !!!

Enterome lendo a prensa o día de hoxe, que por fin Nell Flanders se desfai da ate hoxe seu soporte, a nosa inefable Pantoja. Haberá quen bote bombas e diga que por fin imos ver fora a ese peligro publico para a convivencia e a democracia con nome de muller. Pero non nos chamemos a engano. As Pantojas, os Bandidos, os Meisias e o resto da tropa, eran o soporte perfecto para que Nell Flander pudera facer das súas. Co inestimable apoio do Aparellador Municipal e ben asesorado polo Interventor Municipal, o Sr. Flander era (é) o auténtico muñidor de toda a politica municipal do PP. Que llo pregunten sinon a Paula Janza, que se falara podianos contar moitas interioridades dese sinistro persoaxe. Nell Flander, convintemente arroupado polo seu padriño O Rabiso, é o principal e maior responsable da situación actual do pobo de Ogrobe. O resto do membros do seu equipo non deixaban de ser os musicos necesarios en calquera orquestra, na que a Pantoja actuaba moitas veces como vocalista e o traidor a memoria de Castelao como o buzon necesario en toda actuacion que se precie. Vai banda !!!!